Torre de observación de Pyynikki

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Torre de observación de Pyynikki
torre de observación de Pyynikki en xuño de 2017.
Edificio
LocalizaciónPyynikki, Tampere (Finlandia)
Coordenadas61°29′47″N 23°43′55″L / 61.496333333333, 23.732Coordenadas: 61°29′47″N 23°43′55″L / 61.496333333333, 23.732
Remate1929
Dimensións
Altura26
Equipo
Arquitecto(s)Vilho Kolho
editar datos en Wikidata ]

A torre de observación de Pyynikki (en finés Pyynikin näkötorni) é unha torre de observación de 26 metros de altura situada en Pyynikinharju, na cidade de Tampere (Finlandia). Foi deseñada por Vilho Kolhon e está situada a 152 metros de altura. A torre foi construída en granito vermello procedente de Åland. Ao seu pé encóntrase a Pyynikin Munkkikahvila, unha cafetería famosa polas súas rosquillas.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Keskinen, Jouni. "Kaupunginosa VII - Pyynikki ja Pyynikin harju" (en finés). Koskesta voimaa. Consultado o 23 de abril de 2021. 
  2. "Pyynikin Näkötorni" (en finés). Tampereopas. Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2009. Consultado o 23 de abril de 2021.