Kiekko-Espoo
| Kiekko-Espoo | |
|---|---|
| Fundación | 1984 |
| Cidade | |
| Estadio | Espoo Metro Areena (6 982 persoas) |
| Liga | Liiga |
| Director | |
| Adestrador | |
| Cores | Azul mariño, dourado, azul |
| Na rede | |
| https://kiekko-espoo.fi | |
O Kiekko-Espoo é un equipo de hóckey sobre xeo da cidade de Espoo, Finlandia. O equipo foi fundado en 1984 e xoga os seus partidos como local no Espoo Metro Areena, un estadio con capacidade para 6 982 persoas. Dende a tempada 2024-25 xoga na Liiga, a liga máis importante do hóckey sobre xeo masculino en Finlandia.
Equipo feminino
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Kiekko-Espoo Naiset.
No club destaca o seu equipo feminino, denominado Kiekko-Espoo Naiset, ou simplemente Kiekko-Espoo ou K-Espoo, que compite na Naisten Liiga, a máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés. Xoga os seus partidos como local no Tapiolan urheilupuisto.
Fundado en 1988, é o equipo máis laureado do hóckey sobre xeo feminino finlandés, tendo dominado o campionato nacional durante a década de 2000. En total, o equipo conquistou o campionato quince veces, sendo a última vez que alzou a Aurora Borealis Malja en 2022.
Trofeos colectivos
[editar | editar a fonte]- A Mestis-pokaali (Copa Mestis) é entregada anualmente ao equipo vencedor dos play-offs e, polo tanto, campión da Mestis. É o trofeo principal da competición. O equipo gañou o trofeo tres veces: 2023
- 1 medalla de prata como segundo clasificado dos play-offs: 2022
- 1 medalla de bronce como terceiro clasificado dos play-offs: 2024
- Campión: 2022
- Subcampión: 2021
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial (en finés)