Casa Palander

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 61°29′49.4″N 23°45′38.1″L / 61.497056, -23.760583

Casa Palander
Palanderin talo.JPG
A casa Palander vista dende Keskustori
Edificio
LocalizaciónKeskustori, 7
Tampere (Finlandia)
Coordenadas61°29′49.4″N 23°45′38.1″L / 61.497056, -23.760583
Uso(s)Residencial e comercial
Remate1901 (á leste do edificio), 1905 (á oeste do edificio)
Dimensións
Plantas6
Equipo
Arquitecto(s)Birger Federley
Vihtori Heikkilä
editar datos en Wikidata ]

A Casa Palander (en finés Palanderin talo) é un inmoble de estilo Art Nouveau na cidade de Tampere, Finlandia. O edificio está situado no centro da cidade, no extremo sur de Keskustori no barrio de Nalkala. O edificio de seis pisos conta con numerosas tendas e oficinas. Os tres andares superiores son na súa maior parte vivendas privadas. Na parte central do piso superior da fachada de Keskustori estivo situado un estudio, que é unha das partes máis famosas do edificio. Neste estudo traballaron moitos artistas locais e estranxeiros, salientando Hugo Simberg e Kimmo Kaivanto.[1][2] O estudio pertenceu durante moito tempo á cidade de Tampere.[3]

Historia[editar | editar a fonte]

En 1897 o vice-xuíz Karl Verner Palander mercou a propiedade do número 7 de Keskustori. A idea era construír unha casa de estilo Art Nouveau. Contratou a Birger Federley como arquitecto do proxecto e a Jonas Andersson como mestre construtor.[1][4] A parte oriental da casa foi finalizada de acordo cos seus planos en 1901. Inspirado pola Exposición Universal de París de 1900, Palander quixo cambiar os planos, e para a parte occidental inacabada solicitou novos deseños a Vihtori Heikkilä. Logo Federley presentou unha denuncia por unha alteración non autorizada do seu deseño.[5] A parte oeste que dá á rúa de Alexis Kivi foi finalizada catro anos despois.[1]

O propio Palander viviu na casa ata a súa morte en 1922, momento no que a casa pasou a ser propiedade do Banco de Finlandia. En relación coa compra, a casa foi modificada para ser máis apropiada para o uso como oficina. Ademais a porta principal foi reconstruída segundo o estilo da década de 1920.[6] A oficina do banco estivo situada na planta baixa e a casa era tamén coñecida como o edificio do Banco de Finlandia. Hoxe en día, o Banco de Finlandia non é o propietario do inmoble, e a Casa Palander foi restaurada a principios dos anos 2000.[1]

A Casa Palander ía ser demolida en base ao plan urbanístico de 1938. Con todo, os planos non chegaron materializarse co estalido da segunda guerra mundial.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Palanderin talo" (en finés). matkailu-opas.com. Consultado o 5 de febreiro de 2021. 
  2. Nikula, Joel (xuño de 2012). "KULTTUURIHISTORIAALISESTI ARVOKKAAN KORJAUSKOHTEEN DOKUMENTOINTI" (PDF) (en finés). Universidade de Ciencias Aplicadas de Tampere. Consultado o 5 de febreiro de 2021. 
  3. Niemelä, Jari (2008). Tamperelaisen Tiedon Portaat. Tampereen asiat aasta yyhyn (en finés). Tampere: Tampere-Seura. p. 142. ISBN 978-952-5558-05-0. 
  4. Tampereen historia - Jonas Anderssonin lentävä lavitsa 1908 [Ligazón morta]
  5. Miettunen, Katja-Maria. "Birger Federley (1874-1935)" (en finés). Koskesta Voimaa. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 5 de febreiro de 2021. 
  6. Kuusinen, Janne. "Tampereen Keskustorin rakennuskannan muutokset 1918-1940" (en finés). Koskesta Voimaa. Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2017. Consultado o 5 de febreiro de 2021. 
  7. Tampereen historia - Keskustori Tampereen sydämessä on monta näytöstä kokenut [Ligazón morta]