Itäinenkatu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Itäinenkatu
Finlayson area in Tampere Aug2012 001.jpg
TipoloxíaRúa
Localización
InicioFinlaysoninkadun
FinSatakunnankatu
LocalidadeTampere

Itäinenkatu (en galego rúa Oriental) é unha rúa peonil da cidade de Tampere, en Finlandia. Está localizada no centro da cidade, na área da antiga fábrica de Finlayson. A rúa discorre de norte a sur dende Finlaysoninkadun ao norte ata Satakunnankatu ao sur. Cruzando Sataknnankatu a ruta prolóngase pola rúa Aleksis Kivi.[1][2]

Itäinenkatu forma arte da paisaxe industrial do Tammerkoski, clasificado por Museovirastoo dende o 2009 como Sitio Cultural Construído de Interese Nacional.[3] Actualmente no edificio Plevna opera un cine e ao longo da rúa hai restaurantes e outros negocios.[4]

Historia e nome[editar | editar a fonte]

Katuvapriikki.

Itäinenkatu foi parte anterirmente da rúa Aleksis Kivi. Itäinenkatu era o antigo nome da rúa Aleksis Kivi, que foi eliminado do plano urbanístico da cidade ná década de 1930, cando a rúa mudou o seu nome en honor ao escritor Aleksis Kivi. Na década de 1990 mudou o plano da cidade para a área de Finlayson e reintroduciuse o antigo nome da rúa. O nome Itäinenkatu é unha abreviatura do aínda máis antigo nome da rúa Itäinen pitkäkatu.[5][6]

Construcións[editar | editar a fonte]

Näkymä Finlaysonin portilta kohti Aleksis Kiven katua.

Itäiselläkadulla posúe unha serie de lugares de valor arquitectónico, cultural e de paisaxe urbana que están protexidos polo plano urbanístico.[1]

  • Finlaysonin portti (1922), situda no extremo sur da rúa, ao carón de Satakunnankatu. É a entrada principal para as persoas que camiñan pola área de Finlayson.[1][4][7]
  • Plevna (1877), encóntrase no lado occidental da rúa. É unha antiga sala de tecidos, onde se introduciu a primeira iluminación eléctrica dos países nórdicos e logo do imperio ruso.[4][7][8]
  • Siperia (1899), situada no lado leste, na esquina con Satakunnankatu. É unha antiga fiandeira.[7][9]
  • Katuvapriikki ou Porttitehdas (1860), tamén no lado leste, ao carón de Siperia. É unha gran porta con reloxo, través da cal se accede á praza de Väinö Linna.[1][4][9]
  • Kehräämö tamén Puutarhatehdas (1891), situada ao longo de Finlaysoninkatu. O edificio marca o límite norte de Itäinenkatu.[1][4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Teräsmaa, Markku; Jääskeläinen, Kristiina (1995). "Finlaysonin alueen asemakaavan muutos" (PDF) (en finés). Tampere: Cidade de Tampere. Consultado o 17 de abril de 2021. 
  2. "Keskustan pyörätiet ja -parkit" (PDF) (en finés). Tampere: Cidade de Tampere. 2018. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de agosto de 2018. Consultado o 17 de abril de 2021. 
  3. "Tammerkosken teollisuusmaisema". Valtakunnallisesti merkittävät rakennetut kulttuuriympäristöt RKY (en finés). Helsinqui: Museovirasto. 2009. Consultado o 18 de abril de 2021. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 "Finlaysonin alueen opaskartta" (PDF) (en finés). finlaysoninalue.fi. Consultado o 18 de abril de 2021. 
  5. Louhivaara, Maija (1999). Tampereen kadunnimet (en finés). Tampere: Tampereen museot. pp. 57–58. ISBN 951-609-105-9. 
  6. Hakula, Anna; Kuisma, Tiia; Ylä-Anttila, Kimmo (2007). "Tampereen Keskustori. Rakennetun ympäristön historia ja nykytila" (PDF) (en finés). Tampere: Cidade de Tampere: 46. Consultado o 6 de febreiro de 2021. 
  7. 7,0 7,1 7,2 Tampereen Keskustori: Rakennetun ympäristön historia ja nykytila, s. 43.
  8. "Suomen ensimmäisen sähkövalaistuksen muistolaatta 1962". Tampereen muistolaatat ja muut muistomerkit (en finés). Tampere: Cidade de Tampere. 2006. Consultado o 18 de abril de 2021. 
  9. 9,0 9,1 Tampereen kantakaupungin rakennuskulttuuri 1998 (en finés). Tampere: Tampereen kaupungin kaavoitusyksikkö. 1998. pp. 28–29. ISBN 951-609-076-1.