Lastenkulttuurikeskus Rulla
Lastenkulttuurikeskus Rulla | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Tipo | galería de arte ![]() | ||
Parte de | Kulttuuritalo Laikku ![]() | ||
Localización | |||
Estado | Finlandia | ||
Axencia Rexional | Axencia administrativa da rexión finesa central e occidental | ||
Rexión | Pirkanmaa | ||
Concello | Tampere ![]() | ||
[ Wikidata ] |
O Lastenkulttuurikeskus Rulla (en galego Centro Cultural Infantil Rulla) é un espazo cultural infantil da cidade de Tampere, Finlandia. Rulla está situado no centro da cidade, no edificio da antiga biblioteca, onde se encontra tamén o Centro Cultural Laikku. Tratase dun museo de titularidade municipal de entrada gratuíta cuxo obxectivo é producir actividades culturais facilmente accesibles a nenas e nenos, así como a familias. Ademais de presentar exhibicións para nenas e nenos, Rulla organiza obradoiros, actuacións e eventos para este público. O espazo ofrécelle ás nenas e nenos o seu propio escenario de actuación.
Antes da ocupar a súa localización, Rulla estivo situado na zona industrial de Finlayson, e en 2020 trasladouse temporalmente a un espazo na estación de autobuses de Tampere en Hatanpään valtatie debido ás obras que se iniciaron na súa localización actual.
Galería
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web de Rulla (en finés) (en inglés)