Teatro dos Traballadores de Tampere

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 61°29′43″N 23°45′06″L / 61.495277777778, 23.751666666667

Teatro dos Traballadores de Tampere
Tampereen Työväen Teatteri
O edificio do dos Traballadores de Tampere.
EnderezoHämeenpuisto 28-32
CidadeTampere
PaísFinlandia Finlandia
Arquitecto/sMarjatta e Martti Jaatinen
Inauguración1901 (institución)
1985 (edificio actual)
Uso actualRepresentacións teatrais
Páxina webttt-teatteri.fi

O Teatro dos Traballadores de Tampere (en finés Tampereen Työväen Teatteri), tamén coñecido polas siglas TTT, é un teatro fundado en 1901 na cidade de Tampere, Finlandia. A súa sede está localizada en Hämeenpuisto nun edificio obra dos arquitectos Marjatta e Martti Jaatinen construído en 1985

Historia[editar | editar a fonte]

Os inicios do Teatro dos Traballadores de Tampere remóntanse a un club de †eatro dirixido por Kosti Eklund (Elo) na Asociación de Traballadores. Se ben a idea de crear unha compañía de teatro foi plantexada xa en marzo de 1901 por un traballador da fábrica de algodón chamado August Lindroos durante unha reunión da Asociación de Traballadores de Tampere, considérase o 27 de setembro de 1901 como a data da fundación coa representación de Anna Liisa da autora nada en Tampere Minna Canth.[1]

Os primeiros anos de inestabilidade finalizaron en 1905, cando a Asociación de Traballadores de Tampere tomouno baixo a súa protección e alugou un novo espazo para as representacións. Un ano despois, en 1906 comezaba o camiño cara á profesionalización cando a actriz do Teatro de Tampere Tilda Vuori foi elixida como directora do teatro.[1]

En 1985 construíuse o edificio que acolle na actalidade o teatro. Localizado en Hämeenpuisto, no centro da cidade, foi obra dos arquitectos Marjatta e Martti Jaatinen[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "MISSIO JA HISTORIA" (en finés). Tampereen Työväen Teatteri. Consultado o 23 de febreiro de 2021. 
  2. "Hämeenpuisto" (en finés). Museovirasto. Consultado o 23 de febreiro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]