Vaasan Sport

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Vaasan Sport
Laitinen Jarno Sport 2012 1.jpg
Fundación1939
SedeVaasa.vaakuna.svg Vaasa,
Pohjanmaan maakunnan vaakuna.svg Ostrobotnia
Finlandia Finlandia
CanchaVaasa Arena
(4.448 espectadores)
LigaLiiga
Campionatos3 (Mestis)
AdestradorFinlandia Pasi Räsänen
Equipo(s) afiliado(s)Waasa Red Ducks (Suomi-sarja)
CoresVermello, negro e branco
                 
Sitio web
Sitio web oficial

O Vaasan Sport ou símplemente Sport é un equipo de hóckey sobre xeo da cidade de Vaasa (Finlandia). Compite na máxima categoría do hóckey sobre xeo finés, a Liiga, dende a tempada 2014-15. Foi fundado en 1939 e xoga os seus partidos como local no Vaasa Arena, un pavillón con capacidade para 4.448 espectadores.

Historia[editar | editar a fonte]

O Vaasan Sport foi fundado en 1939, e en 1975 participou na tempada inaugural da máxima categoría do hóckey sobre xeo finés, a SM-liiga, mais descendeu esa mesma tempada, non volvendo ascender á categoría.

Logo do descenso, o Sport competiu na primeira división finesa (actual Mestis), ata que descendeu na tempada 1991-92 á segunda división. Non foi ata 1997 cando o equipo retornou á primeira división, cun gol de ouro anotado por Kari Teräväinen que decidiu o partido fronte ao Kiekko-67.

A tempada 2008-09 foi un gran éxito, conseguindo o campionato da Mestis por primeira vez na súa historia. Porén, o equipo perdeu o último partido (nunha serie disputada ao mellor de sete encontros) fronte ao Porin Ässät na liguiña de cualificación e permaneceu na Mestis. As series de promoción pecháronse e o Sport quedou a 1 gol de ascender á SM-liiga.

O Vaasan Sport loita dende o 2000 contra os problemas económicos que case o levan á ruína. Mais a directiva do club realizou melloras para asegurar o futuro do club reducindo o presuposto e contratando un novo adestrador, o ex-campión do mundo Antti Törmänen, que construíu un equipo novo dende cero.

O 28 de febreiro de 2014 anunciouse o regreso do Sport á máxima categoría do hóckey sobre xeo finlandés, a Liiga, logo de que o Jokerit de Helsinqui abandonara o campionato finlandés para competir na Kontinental Hockey League (KHL) a partir da tempada 2014-15.[1]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Xogadores[editar | editar a fonte]

Xogadores destacados[editar | editar a fonte]

Números retirados[editar | editar a fonte]

  • 29 Håkan Hjerpe
  • 27 Tomi Väkelä
  • 14 Sami Laaksoharju (non foi retirado oficialmente, mais non circula dende a morte de Laaksoharju)

Adestradores destacados[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. liiga.fi, ed. (28 de febreiro de 2014). "Vaasan Sport Liigaan" (en finlandés). Arquivado dende o orixinal o 08 de abril de 2014. Consultado o 7 de abril de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]