Imatran Ketterä
| Ketterä | |
|---|---|
| Fundación | 1957 |
| Cidade | |
| Estadio | OmaSp Areena (1 200 persoas) |
| Liga | Mestis |
| Campionatos | 2 (2019, 2021) |
| Adestrador | |
| Afiliado(s) | SaiPa (Liiga) |
| Cores | Azul, vermello, azul escuro e branco |
| Na rede | |
| https://kettera.net/ | |
Imatran Ketterä, ou simplemente Ketterä, é un equipo de hóckey sobre xeo da cidade de Imatra (Finlandia). Na tempada 2021-22 competía na segunda categoría do hóckey sobre xeo finlandés, a Mestis, da que se proclamou campión en dúas ocasións (2019 e 2021). Foi fundado en 1957 e xoga os seus partidos como local no OmaSp Areena, un pavillón con capacidade para 1 200 persoas.
Historia
[editar | editar a fonte]O primeiro partido de hóckey sobre xeo de Carelia do Sur disputouse en Imatra o 7 de marzo de 1937 nun evento no que tamén se practicou patinaxe artística. Once anos despois, en 1948, chegou á cidade dende Hämeenlinna Pentti Saksanen, quen se converteu no profesor de educación física no Imatran lyseo. Ao mesmo tempo Saksanen levou á cidade un novo deporte de xeo, o bandy. En 1952 construíuse a primeira pista para hóckey sobre xeo.[1]
O 11 de abril de 1957 Pentti Hytönen, Reino Ikävalko, Einari Hatakka e Toivo Nostolahti asinaron a acta d fundación do Ketterä, que ese mesmo ano comezou a competir na liga rexional baixo a dirección de Erkki Pörsti. O primeiro gol do equipo foi anotado por Olavi Sintonen.[2][1]
Pavillón
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Imatran jäähalli.

O Ketterä xoga os seus partidos como local no Imatran jäähalli, coñecido dende 2021 por motivos de patrocinio como OmaSp Areena logo de que o equipo asinara un contrato de catro anos con Oma Säästöpankki.[3] O pavillón foi inaugurado en 2011 con capacidade para 1 200 persoas.[4][5]
Os mellores rexistros de asistencia aos partidos do Ketterä foron na tempada 2017-18, cando o equipo debutou na Mestis e tivo unha entrada media de 943 persoas. Nas seguintes tempadas a afluencia de público estabilizouse nas 700 persoas, mentres que na tempada 2021-22 o número de asistentes reduciuse ata as 412 persoas.[6][7]
Personalidades
[editar | editar a fonte]Xogadores
[editar | editar a fonte]Líderes históricos
[editar | editar a fonte]Jari Lippojoki é o líder histórico indiscutible do equipo ao ser o xogador que máis partidos disputou coa camisola de Ketterä, o que máis goles anotou, o que máis asistencias repartiu e o xogador co mellor rexistro de puntos nas 15 tempadas que xogou no equipo de Imatra, que o convirten ademais no xogador que máis tempadas permaneceu no equipo, con tres máis que Matti Tiainen, segundo xogador que máis partidos e tempadas disputou con Ketterä.[8]
| Xogador | Pos | PX | G | A | Pts |
|---|---|---|---|---|---|
| Jari Lippojoki | D | 580 | 271 | 315 | 586 |
| Matti Tiainen | F | 355 | 158 | 179 | 337 |
| Esa Takala | D | 305 | 62 | 98 | 160 |
| Veli-Matti Heino | F | 302 | 159 | 207 | 366 |
| Jose Pekkala | F | 299 | 176 | 296 | 472 |
Números retirados
[editar | editar a fonte]Ao longo da súa historia, o Ketterä de Imatra retirou tres números en honor a outros tantos xogadores pola súa traxectoria destacada no equipo:[9]
| Nº | Nome | Posición | Carreira | Ref. |
|---|---|---|---|---|
| 9 | Jose Pekkala | C | 1981-1985 1988-1993 |
[10][9] |
| 10 | Ole Renlund | D | 1966-1967 | [11] |
| 24 | Jari Lippojoki | D | 1982-1997 | [12][9] |
Adestradores
[editar | editar a fonte]Dende a súa fundación en 1957 pasaron polo Ketterä máis de trinta adestradores. O primeiro encargado de dirixir o equipo foi Erkki Pörsti, que ademais é o que máis tempo estivo no cargo xunto co que foi o segundo adestrador do equipo de Imatra, Ole Renlund, ambos cun total de oito tempadas cada un.[13] Con todo, foi con Maso Lehtonen con quen o equipo acadou os seus maiores éxitos, os dous primeiros campionatos da Mestis (2019 e 2021), e dúas Suomen Cups (2018 ee 2019). A continuación todos os adestradores do Ketterä:[13]
| Nome | Período |
|---|---|
| Erkki Pörsti | 1957-65 |
| Ole Renlund | 1965-73 |
| Pekka Myllylä | 1973-74 |
| Teuvo Myyryläinen | 1974-76 |
| Pertti Mustonen | 1976-79 |
| Heikki Juselius | 1979-84 |
| Jaakko Palsola | 1984-85 |
| Timo Mansikkamäki | 1985-86 |
| Gary Prior | 1986-88 |
| Kari Weckström | 1988-90 |
| Gary Prior | 1990-91 |
| Esko Purolahti | 1991 |
| Matti Kettunen | 1991-93 |
| Heikki Mälkiä | 1993-95 |
| Jorma Räisänen | 1995-96 |
| Jari Lifländer | 1996 |
| Kari Mäkitalo | 1996-97 |
| Esko Purolahti | 1997-99 |
| Jari Lifländer | 1999-2002 |
| Timo Ovaska | 2002-03 |
| Esa Puuska | 2003-06 |
| Jouko Viljakainen | 2006-07 |
| Kari Weckström | 2007-10 |
| Jussi Salo | 2010-12 |
| Juha Tynkkynen | 2012 |
| Sami Rossi | 2012-13 |
| Jarno Mensonen | 2013-14 |
| Jari Lifländer | 2014-2015 |
| Jarno Mensonen | 2015-2017 |
| Maso Lehtonen | 2017-2021 |
| Tuomo Ropo | 2021- |
Presidentes
[editar | editar a fonte]Logo da fundación do equipo Reino Ikävalko foi nomeado como primeiro presidente do mesmo, posto no que permaneceu catro anos. A persoa que máis tempo presidiu o Ketterä foi Tuomo Männistö, entre o ano 2000 e o 2011. A continuación a lista completa cos máis de vinte presidentes da entidade de Imatra e o período no que a presidiron:[14]
| Nome | Período |
|---|---|
| Reino Ikävalko | 1957-61 |
| Seppo Nenonen | 1961-62 |
| Ilmari Raunio | 1962-63 |
| Eino Repo | 1963-65 |
| Pekka Heino | 1965-68 |
| Yrjö Hämäläinen | 1968-69 |
| Seppo Soila | 1969-71 |
| Ossi Pihlman | 1971-72 |
| Martti Pitkänen | 1972 |
| Olli Jankola | 1972-74 |
| Niilo Katainen | 1974-76 |
| Heikki Ritvasalo | 1976-78 |
| Juhani Neimala | 1978-81 |
| Eero Laine | 1981-83 |
| Harri Kouvonkorpi | 1983-84 |
| Heikki Tanninen | 1984-86 |
| Markku Kälviäinen | 1986-89 |
| Jarmo Miettinen | 1989-92 |
| Tuomo Männistö | 2000-11 |
| Jarmo Johansson | 2011-13 |
| Mikko Partanen | 2013- |
Palmarés
[editar | editar a fonte]Trofeos colectivos
[editar | editar a fonte]- A Mestis-pokaali (Copa Mestis) é entregada anualmente ao equipo vencedor dos play-offs e, polo tanto, campión da Mestis. É o trofeo principal da competición. O equipo gañou o trofeo tres veces: 2019, 2021, 2022
- Campión: 2018, 2019, 2021
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "HISTORIA" (en finés). Ketterä.net. Consultado o 28 de novembro de 2022.
- ↑ "VUOSILUKUJA" (en finés). Ketterä.net. Consultado o 28 de novembro de 2022.
- ↑ Tynkkynen, Santeri (21 de decembro de 2021). "Imatran jäähallin nimi muuttuu OmaSp Areenaksi – Vuonna 2011 valmistunut jäähalli tunnettiin aikaisemmin nimellä Imatra Spa Areena" (en finés). Consultado o 28 de novembro de 2022.
- ↑ "Imatra Spa Areena (Imatran jäähalli)" (en finés). gosaimaa.com. Arquivado dende o orixinal o 6 de xaneiro de 2014. Consultado o 28 de novembro de 2022.
- ↑ Winberg, Vesa (7 de novembro de 2013). "Uutisikoni, Liiga-pelureita, jääkiekkoleijonia, rokkareita - tässä ovat Nenäpäivä-ottelun kokoonpanot". Yle Urheilu (en finés). Consultado o 28 de novembro de 2022.
- ↑ "STATS" (en inglés). hockeyarenas.net. Consultado o 29 de novembro de 2022.
- ↑ "Kettera Imatra Statistics and History" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 29 de novembro de 2022.
- ↑ "Ketterä - All Time Overall Totals Player Stats" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 28 de novembro de 2022.
- ↑ 9,0 9,1 9,2 "JÄÄDYTETYT PELINUMEROT" (en finés). Ketterä.net. Consultado o 27 de novembro de 2022.
- ↑ "Jose Pekkala" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 28 de novembro de 2022.
- ↑ "Ole Renlund" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 28 de novembro de 2022.
- ↑ "Jari Lippojoki" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 28 de novembro de 2022.
- ↑ 13,0 13,1 "PÄÄVALMENTAJAT" (en finés). Ketterä.net. Consultado o 27 de novembro de 2022.
- ↑ "PUHEENJOHTAJAT" (en finés). Ketterä.net. Consultado o 27 de novembro de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial (en finés)