Satakunnankatu, Tampere

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Satakunnankatu
Satakunnankatu - panoramio.jpg
TipoloxíaRúa
Localización
LocalidadeTampere

Satakunnankatu (en galego rúa de Satakunta) é unha transitada rúa do centro da cidade de Tampere, en Finlandia. Trátase dunha das principais rúas da cidade. Discorre de leste a oeste, comezando nas proximidades da catedral de Tampere, ao leste do Tammerkoski, cruzándoo por Satakunnansilta, xa na beira oeste dos rápidos atravesa os barrios de Finlayson e Tamerkoski ata Amuri, onde finaliza ao chegar a Pirkankatu.