Vaasan Sport Naiset

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vaasan Sport
Fundación1986
Cidade Vaasa,
Ostrobotnia
Finlandia Finlandia
LigaNaisten Mestis
CoresVermello, negro e branco
                 
Na rede
https://www.juniorsport.fi/joukkueet/4940
Twitter: NaisetVaasan Instagram: vaasansportnaiset Editar o valor em Wikidata

O Vaasan Sport Naiset, ou simplemente Sport, é un equipo feminino de hóckey sobre xeo da cidade de Vaasa (Finlandia). Dende que descendeu da Naisten Liiga, a máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés, na tempada 2021-22 o club non compite en categoría absoluta.

Historia[editar | editar a fonte]

O equipo feminino de Vaasan Sport fundouse no ano 1986 e opera baixo JuniorSport. Sport Naisten gañou a medalla de bronce da SM-sarja na tempada 1986-87.[1]

Na tempada 2016-17 o Sport quedou ás portas do ascenso á máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino de Finlandia.[2] Ese ano o equipo conseguiu o campionato da Mestis e o seu adestrador, Ove Kvist, foi nomeado "adestrador do ano", con todo, o equipo .[3]

Na tempada 2017-18 Mika Nummi, que viña de ser adestrador asistente durante as catro tempadas anteriores, fíxose cargo do equipo como adestrador xefe logo da marcha de Kvist. A tempada comezou moi ben para o equipo de Vaasa, con dúas vitorias e 20 goles a favor por tres en contra nos primeiros dous encontros. Ao contrario do que pasara a tempada precedente, cando o equipo o equipo non conseguiu clasificarse para a promoción de ascenso, as xogadoras de Nummi remataron segundas por riba do JYP,[3] polo que o Sport ascendeu directamente xunto co TPS Naisten Liiga, xa que a máxima categoría experimentou un aumento do número de equipos na tempada seguinte, pasando de oito a dez.[4]

O ascenso do equipo motivou interese na cidade e mesmo o equipo masculino da Liiga sinalou que estaba disposto a cooperar.[3] Na súa tempada de debut, Sport finalizou a primeira fase da competición na sétima posición, conseguindo un punto por partido, polo que o equipo tivo que disputar a serie inferior para tentar clasificarse para os play-offs polo título.[2]

Na tempada tempada 2021-22 da Naisten Liiga, o equipo consumou o seu descenso á Naisten Mestis logo dunha moi mala tempada na que non foi quen de sumar ningún punto na primeira fase da liga, e na serie inferior tan só conseguiu unha vitoria. A falta de dous partidos para a finalización da fase de permanencia o equipo de Vaasa non contaba con ningunha posibilidade de manter a categoría logo de ter colleitado tan só unha vitoria fronte a APV (ascendido da mestis para a división inferior).[5]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Trofeos colectivos[editar | editar a fonte]

SM-sarja/Naisten liiga
  • 1 medalla de bronce como terceiro clasificado: 1986

Trofeos individuais[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Antes denominada Naisten SM-sarja.
Referencias
  1. "Sportin naisten kotisivut" (en finés). JuniorSport. Arquivado dende o orixinal o 27 de agosto de 2009. Consultado o 30 de novembro de 2021. 
  2. 2,0 2,1 Varjonen, Terhi (3 de decembro de 2018). "Naisten liigauntuvikko Sport tykkää vauhdista ja haasteista – "Tää on meidän oikea sarjataso"". Yle Uutiset (en finés). Consultado o 16 de decembro de 2021. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Hanhikoski, Herkko (19 de setembro de 2017). "Sportin Naiset voitokkaasta avausviikonlopusta kohti sarjanousua". Jatkoaika.com (en finés). Consultado o 25 de maio de 2023. 
  4. Varjonen, Terhi (13 de marzo de 2018). "Vaasan Sportin naiset pelaavat ensi kaudella liigakiekkoa". Yle Uutiset (en finés). Consultado o 16 de decembro de 2021. 
  5. Ruotsalainen, Annu (3 de abril de 2022). "Vaasan Sportin taival Naisten Liigassa päättyi karsintasarjaan – Lukko ja RoKi varmistivat paikkansa ensi kaudelle". Jatkoaika.com (en finés). Consultado o 4 de abril de 2022. 
  6. "Awards - Naisten Liiga (W) Most Points (Marianne Ihalainen Award)" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 16 de decembro de 2021. 
  7. "Awards - Naisten Liiga (W) Most Goals (Tiia Reima Award)" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 16 de decembro de 2021. 
  8. "Awards - Naisten Liiga (W) Best Forward (Noora Räty Award)" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 16 de decembro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]