Museo Lauri Viita
| Museo Lauri Viita | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Tampere | |||||||||
|
Instancia de
| |||||||||
|
Tema principal
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata |
O Museo Lauri Viita (en finés Lauri Viita -museo) é un museo adicado ao escritor Lauri Viita, está situado no barrio de Ylä-Pispala, na cidade de Tampere (Finlandia). O museo encóntrase na casa na que o autor pasou a súa infancia e nela pode apreciarse a súa vida e a vida en xeral das persoas de clase traballadora de Pispala nos anos 1920 e 1930.[1]
A casa foi construída en 1900 polo pai de Lauri Viita, Emil Viita, e o seu sogro Juho Nikander. A familia trasladouse á vivenda en 1920, catro anos despois do nacemento de Lauri.[1]
A casa renovouse e transformouse en museo en 1977, e ata 2003 este só contaba cun cuarto e a cociña. Foi nese ano cando grazas á axuda financiamentos locais o museo se ampliou cunha nova estancia que contén unha exposición permanente adicada á vida e obra do autor.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "In English" (en inglés). lauriviitamuseo.fi. Consultado o 29 de marzo de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web do museo (en finés) (en inglés)
