Saltar ao contido

Satakunnansilta

Satakunnansilta
Tampere Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Implicados
 Mantido por
 Deseñador/a
Datas
 Inauguración
9 de outubro de 1900 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Anchura12 m Editar o valor en Wikidata
Lonxitude127 m Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Atravesa
 Coordenadas
Wikidata C:Commons

O Satakunnansilta (en galego Ponte de Satakunta) é unha ponte situada no centro da cidade de Tampere (Finlandia), cruzando o Tammerkoski. A ponte forma parte da rúa Satakunnankatu e é empregada tanto como para tráfico rodado como para peóns.

A ponte de pedra conta con seis arcos de 17 metros. A ponte ten 11,75 metros de ancho e unha lonxitude de 112,6 metros.[1]

Pequena ponte

[editar | editar a fonte]

Antes da construción do Satakunnansilta existía no mesmo lugar outra ponte chamada Pikkusilta (en galego Pequena ponte) e construída en 1858. Era unha ponte de madeira estreita feita só para camiñar. A ponte foi construída para facilitar o paso ás persoas que traballaban na fábrica. Tiña dúas partes e pasaba por Konsulinsaari. A parte occidental da ponte comezaba no mesmo lugar que a ponte actual e descendía abruptamente ata Konsulinsaari. A parte oriental estaba próxima á superficie da auga e o seu punto final estaba próximo á factoría de Tampella. Estaba tan próximo á auga que cando o Tammerkoski medraba en primavera non se podía cruzar a ponte cos pés secos. Foi a segunda ponte sobre o Tammerkoski. Daquela a ponte que estaba situada no lugar que actualmente ocupa Hämeensilta era coñecida co nome de Isoksisillaksi.[2]

Construción de Satakunnansilta

[editar | editar a fonte]

Entre 1870 e 1900 a área de Tampere triplicouse e a súa poboación multiplicouse por cinco. Ao mesmo tempo tamén se incrementou o volume de tráfico e a construción dunha nova vía de entrada converteuse nun tema de interese e actualidade. A ponte foi deseñada polo enxeñeiro Karl Snellman.[3] Foi construída entre 1897 e 1900 e inaugurada o 9 de outubro de 1900.[2] Cando se finalizou a súa construción en 1900 a ponte cubriu unha gran parte da Konsulinsaari. Ao mesmo tempo bloqueouse o acceso á illa e as operacións do restaurante finalizaron.[2]

Renovación da ponte

[editar | editar a fonte]

En 2013 as varandas da ponte renováronse ao deseño orixinal, e en 2014 as farolas substituíronse co deseño orixinal.[4][5]

Panorámica de Satakunnankatu.
  1. Huura, Jorma (5 de decembro de 2011). "Suomen siltojen historia" (en finés). Tampereen suomalainen klubi. Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2016. Consultado o 1 de marzo de 2021.
  2. 1 2 3 Rundgren, Essi (29 de setembro de 2016). "Kahvila väistyi Satakunnansillan tieltä, eikä palaa". Aamulehti, Moro (en finés). pp. 10–11.
  3. Kellomäki, Pertti. "Satakunnansilta" (en inglés). A Glimpse to the History of Tampere. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 1 de marzo de 2021.
  4. "TILAUSTYÖT. Satakunnansillan kaiteet ja lamput" (en finés). Tammerkosken takomo. Consultado o 1 de marzo de 2021.
  5. Vasara, Päivi (25 de setembro de 2014). "Satakunnansillasta tuli älyttömän komea". Aamulehti, Moro (en finés). Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2014. Consultado o 1 de marzo de 2021.