Museo Rupriikki dos Medios de Comunicación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 61°30′10.85″N 23°45′37.29″L / 61.5030139, -23.7603583

Museo Rupriikki dos Medios de Comunicación
Mediamuseo Rupriikki
Coordenadas61°30′10.85″N 23°45′37.29″L / 61.5030139, -23.7603583
PaísFinlandia Finlandia
CidadeTampere
TipoMuseo de historia cultural
AdministradorCidade de Tampere
DirectorOuti Penninkangas[1]
Inauguración2001,[2] as actividades de exposición comezaron en 2003.[3]
Na rede
http://vapriikki.fi/rupriikki/
editar datos en Wikidata ]

O Museo Rupriikki dos Medios de Comunicación (en finés Mediamuseo Rupriikki) é un museo de historia cultural situado na cidade de Tampere (Finlandia), e integrado dentro do Museokeskus Vapriikki (en galego Centro Museístico Vapriikki). O museo está centrado na historia dos medios de comunicación de masas e medios de comunicación. Foi fundado en 2001 e conta con actividades de exposición dende 2003.[2][3] O museo está xestionado pola cidade de Tampere.

Rupriikki forma parte do consultorio Trafiikki de museos especializados no campo do transporte e as comunicacións.[4]

Historia[editar | editar a fonte]

Entrada do antigo Museo Rupriikki na área industrial de Finlayson.

O museo foi creado en 2001 cando se asociaron a cidade de Tampere, a Universidade de Tampere, a compañía telefónica Elisa e o xornal Aamulehti. Rupriikki abriu as súas portas en 2003.[2]

Inicialmente o museo estaba situado nun dos edificios máis famosos da área industrial de Finlayson. Nese momento Rupriikki colaboraba con TR1, un centro de exposición de artes visuais localizado no mesmo edificio. En outono de 2014 o museo Rupriikki comezou os preparativos para deixar a súa antiga sede, e o último día que abriu en Finlayson foi o 5 de outubro de 2014. En outubro de 2015 reabriu as súas portas no Museokeskus Vapriikki.[5]

Exhibición e coleccións[editar | editar a fonte]

O museo conta cunha exposición permanente sobre a historia dos medios de comunicación de masas dende a prensa escrita, a radio, a televisión ata os medios dixitais.[6] No momento da inauguración do museo, a maior parte dos obxectos TI foron doados polo club local de informática.[2]

No pasado, Rupriikki tamén acolleu exhibicións temporais. En 2006 acolleu unha exposición sobre Commodore computer na que había dez Comodores en funcionamento que puideron empregar as persoas asistentes. O museo tamén realizou unha exposición para celebrar o décimo aniversario da conferencia Mindtrek.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Yhteystiedot" (en finés). Tampere: Vapriikki. Consultado o 4 de febreiro de 2021. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 John Impagliazzo; Timo Järvi; Petri Paju (23 de outubro de 2009). History of Nordic Computing 2: Second IFIP WG 9.7 Conference, HiNC 2, Turku, Finland, August 21–23, 2007, Revised Selected Papers, s. 305–306. Springer. ISBN 978-3-642-03756-6.
  3. 3,0 3,1 "Mediamuseo Rupriikki avattiin Tampereella". Journalismi.fi (en finés). 11 de maio de 2003. Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2003. Consultado o 4 de febreiro de 2021. 
  4. "Trafiikki-Museot" (en finés). trafiikki.fi. Consultado o 4 de febreiro de 2021. 
  5. "Rupriikki muuttaa Vapriikkiin syksyllä 2014". Trafiikki-lehti (en finés) (17). 2014. p. 25. 
  6. "Mediamuseo Rupriikki" (en finés). museot.fi. Consultado o 4 de febreiro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]