O Museo Finlandés do Boxeo (en finésSuomen nyrkkeilymuseo) é un museo situado na rúa Aleksanterinkadulla, no centro da cidade de Tampere, Finlanida. O museo recompila, preserva e presenta materiais relacionados co boxeo.[1][2][3] O museo abriu as súas portas en 1991, e está administrado pola Tampereen Voimailuseura (en galegoClub de Ximnasia de Tampere).[2][4] O museo funciona coa axuda de forzas de apoio, polo que normalmente só é visitable se se organiza unha visita. Dende 2014 o museo está aberto a todo o mundo cada primavera en relación coa Noite dos Museos de Tampere.[1][3][5][6]
A colección do Museo do Boxeo inclúe máis de 10000 obxectos, dos cales 2000 están exhibidos no museo. A exhibición amosa fotografías, pósters, revistas e libros relacionados co boxeo, así como medallas, premios e recordos de todo o mundo. A sección de uniformidade informa sobre o desenvolvemento do equipamento e os accesorios. Os obxectos máis antigos do museo son os selos con temática do boxeo dos Xogos Olímpicos de 1896 celebrados en Atenas.[2][3][7]
12Oksanen, Taru (14 de maio de 2014). "Museot karnevaalitunnelmissa"(en finés). Suur-Tampere. Arquivado dende o orixinal o 25 de agosto de 2017. Consultado o 3 de marzo de 2021.