Saltar ao contido

Casa dos Traballadores de Tampere

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Casa dos Traballadores de Tampere
A Casa dos Traballadores de Tampere en Hämeenpuisto
Edificio
TipoCasa do pobo
EstiloArt Nouveau
EnderezoHämeenpuisto, 28
LocalizaciónTampere, Finlandia
Coordenadas61°29′45″N 23°45′06″L / 61.4957614039, 23.7515825392
PropietarioAsociación de Traballadores de Tampere
Remate1900
Dimensións
Pisos8
Equipo
Arquitecto(s)Heikki Tiitola
editar datos en Wikidata ]

A Casa dos Traballadores de Tampere (en finés Tampereen työväentalo), tamén coñecida como Puistotorni, é unha casa do pobo situada na intersección das rúas Hämeenpuisto e Hallituskatu, no centro da cidade de Tampere, Finlandia. Trátase da primeira casa do pobo de pedra de Finlandia. Na actualidade é un importante centro cultural, acollendo un auditorio, salas de conferencias, o Museo Lenin, ou como lugar de ensaio de agrupacións musicais.

Interior da Casa dos Traballadores de Tampere.

A actual Casa dos Traballadores foi a primeira casa do pobo de pedra de Finlandia. As súas orixes remóntanse ao 7 de setembro de 1889, cando a Asociación de Traballadores de Tampere alugou o terreo no que se encontra o edificio actual e que daquela estaba ocupado por unha casa de madeira que era empregada como escola. Posteriormente mercou o terreo a un agricultor chamado K. Villilältä e remodelou a casa de acordo co deseño de Georg Schrek para finalmente inaugurar a casa do pobo o 21 de setembro de 1890.[1]

Foi inaugurada o 18 de novembro de 1900 e dende aquela foi ampliada en varias ocasións, a primeira delas en 1905 da man do arquitecto Lambert Pettersson. Aínda así, a falta de espazo volveu ser un problema e en 1907 presentouse un concurso para o deseño do edificio ao que se presentaron 14 propostas de entre as cales seleccionouse a proxecto de Heikki Kaartinen. Con todo, a falta de fondos atrasou a obra ata 1912.[1]

Outras ampliacións chegarían nas décadas seguintes, a primeira delas en 1930, cando se ampliou cara á parte norte do terreo derrubando os últimos edifícios de madeira seguindo os deseños do arquitecto municipal Bertel Strömmer e a torre elevouse ata os oito andares.[1]

En 2012 introduciuse o nome comercial Puistotorni.[2]

A Casa dos Traballadores de Tampere conta con diferentes espazos para concertos, salas de reunións e conferencias:[3]

Sala Capacidade
máxima
Konsu 400
Väinö Voionmaa 100
Yrjö Mäkelin 64
Unto Kanerva 40
Jenny Matinaho 25

Museo Lenin

[editar | editar a fonte]
Cartel do Museo Lenin no exterior do efificio.
Artigo principal: Museo Lenin.

O Museo Lenin é o único museo de occidente adicado á figura do revolucionario ruso. En 1905 Lenin e Stalin reuníronse por primeira na Casa dos Traballadores de Tampere con motivo dunha conferencia do Partido Obreiro Socialdemócrata Ruso. Foi inaugurado o 20 de xaneiro de 1946 para conmemorar a morte de Lenin, e en 2014 foi transferido ao Museo dos Traballadores Werstas, despois do cal foi renovado, reabrindo as súas portas en 2016. O museo está situado na sala onde tivo lugar a reunión entre ambos revolucionarios.[4]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Historia" (en finés). puistotorni.fi. Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2021. Consultado o 8 de marzo de 2021. 
  2. "Toiminta. Puistotorni eli Tampereen Työväentalo" (en finés). Asociación de Traballadores de Tampere. Consultado o 10 de abril de 2021. 
  3. "Kokoustilat Tampere" (en finés). puistotorni.fi. Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2021. Consultado o 8 de marzo de 2021. 
  4. "Miksi Tampereella on Lenin-museo?" (en inglés). Lenin-Museo. Arquivado dende o orixinal o 08 de setembro de 2017. Consultado o 10 de abril de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]