Igrexa de Messukylä
Igrexa de Messukylä | ||||
---|---|---|---|---|
Tampere e Tampere ![]() | ||||
![]() | ||||
Tipo | igrexa e edificio ![]() | |||
Estilo | arquitectura neogótica ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Diocese | Diocese of Tampere (en) ![]() ![]() | |||
Propietario/a | Unión Parroquial de Tampere ![]() | |||
Arquitecto/a | Theodor Höijer ![]() | |||
Datas | ||||
Fundación | 1879 ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Situado en | Tampere e Tampere ![]() | |||
Localización | Messukylä ![]() | |||
Rúa | Messukylänkatu (en) ![]() ![]() | |||
Enderezo | Messukylänkatu 54, 33700 Tampere e Messukylänkatu 54 ![]() | |||
Altitude | 107 m ![]() | |||
Patrimonio cultural | ||||
Igrexa protexida | ||||
| ||||
Edificio protexido por un plan urbanístico | ||||
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
A igrexa de Messukylä (en finés Messukylän kirkko) é un templo evanxélico luterano da cidade de Tampere, Finlandia. Está situada no distrito de Messukylä, ao leste do centro da cidade. Foi construída en 1879, substituíndo á igrexa vella de pedra que se encontraba moi deteriorada.[1]
A igrexa, obra de Theodor Höijer, está construída en estilo Neogótico e na súa construción empregouse ladrillo vermello. O edificio é unha igrexa longa en forma de cruz finalizada cunha torre Nove anos despois da súa finalización a igrexa adquiriu o retablo pintado por Alexandra Frosterus-Såltin, e en 1889 o órgano.[1][2]
O templo foi obxecto de numerosas reparacións, tan só dez anos despois da súa finalización a torre derrubouse e na súa reparación rebaixouse a súa altura. Do mesmo xeito que aconteceu coa igrexa vella, o edificio foi danado durante a batalla de Tampere, no curso da guerra civil finlandesa. A última renovación realizouse con motivo do centenario da igrexa, foi entón cando o teito adquiriu a súa cor azul[1]
O cemiterio da igrexa foi inaugurado en 1891 e nel está enterrado o escritor finlandés Kalle Päätalo.[2][3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Messukylän kirkko" (en finés). tampereenseurakunnat.fi. Consultado o 16 de febreiro de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 "Messukylän kirkko" (en finés). kyppi.fi. Consultado o 16 de febreiro de 2021.
- ↑ "Kalle Päätalon muistomerkki" (en finés). kirjastovirma.fi. Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2021. Consultado o 16 de febreiro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Igrexa de Messukylä |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web da Tampere Seurakunta (en finés) (en inglés) (en ruso)
- Imaxes panorámicas da igrexa