Kajaanin Hokki
Kajaanin Hokki | |
---|---|
Fundación | 1968 |
Cidade | ![]() ![]() ![]() |
Estadio | Kajaanin jäähalli (2 372 espectadores) |
Liga | Mestis |
Campionatos | 1 (2007) |
Adestrador | ![]() |
Cores | Vermello, azul e branco |
Na rede | |
http://hokki.fi/ | |
![]() ![]() ![]() |
O Kajaanin Hokki ou simplemente Hokki é un equipo de hóckey sobre xeo da localidade de Kajaani (Finlandia). Dende a tempada 2002-03 compite na segunda categoría do hóckey sobre xeo finés, a liga Mestis, competición que gañou nunha ocasión (2007) e conseguiu unha medalla de prata (2008), e a de bronce noutra ocasión (2009). Foi fundado en 1968 e xoga os seus partidos como local no Kajaanin jäähalli, un pavillón con capacidade para 2.372 espectadores.
Historia
[editar | editar a fonte]O club foi fundado en 1968 e na tempada 2001-02 conseguiu o ascenso da Suomi-sarja á Mestis tras derrotar na cualificación ao Diskos de Jyväskylä, conseguindo ese mesmo ano o seu primeiro título, o do campión da Suomi-sarja. Na tempada 2006-07 conseguiu o seu segundo título da Mestis, conseguindo a medalla de prata da competición ao ano seguinte, e o bronce no 2009.

Na tempada 2024-25 o Hokki superou o seu mellor rexistro de asistencia a un partido. O fito produciuse o 15 de febreiro de 2025, cando se enfrontou no Talviklassikko (en galego "Clásico de Inverno") ao IPK no Terrafame Stadion de Sotkamo. O partido finalizou coa vitoria do equipo local por 4-3 ante 2&nbp;036&nbp;persoas.[1]
Esa mesma tempada finalizou a liga regular da Mestis na última posición e posteriormente perdeu na primeira rolda das eliminatorias de cualificación da Mestis fronte o KeuPa. O 24 de marzo de 2025 o Hokki declarouse en creba debido á complicada situación económica da empresa, polo que o equipo non participou na serie de cualificación contra o campión da Suomi-sarja, Nokian Pyry. A xunta da Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo decidirá sobre a posibilidade de que o Nokian Pyry, que se clasificara para as eliminatorias de cualificación, solicite un posto na Mestis para a tempada 2025-26.[2][3][4]
Pavillón
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Kajaanin jäähalli.

O Hokki xoga os seus partidos como local no Kajaanin jäähalli, un recinto situado en Vimpelinlaakso e con capacidade para 2 372 persoas nas bancadas, das cales 781 son asentos e 1 591 son de pé. A construción do Kajaanin jäähalli finalizou en 1989, cando o Hokki xogaba na II-divisioona. En 2008 o pavillón foi remodelado, e en 2011 renovouse a pista. O récord de asistencia ao Kajaanin jäähalli data do ano 2007, cando o 1 de marzo 1 577 persoas asistiron ao partido que o equipo local disputou fronte o Sport nas semifinais da Mestis.[5]
Xogadores
[editar | editar a fonte]Xogadores destacados
[editar | editar a fonte]Números retirados
[editar | editar a fonte]Hokki ten retirado os seguintes números ao longo da súa historia:[6]
Número | Nome |
---|---|
20 | Marko Kilpeläinen |
95 | Jarkko Heikkinen |
Palmarés
[editar | editar a fonte]Trofeos colectivos
[editar | editar a fonte]- A Mestis-pokaali (Copa Mestis) é entregada anualmente ao equipo vencedor dos play-offs e, polo tanto, campión da Mestis.[7] É o trofeo principal da competición. O equipo gañou o trofeo unha vez: 2006-07[8]
- Campión: 2001-02, 2018-19[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Talviklassikko lumosi Sotkamon – Hokki juhli voittoa ja uutta yleisöennätystä" (en finés). 18 de febreiro de 2025. Consultado o 27 de marzo de 2025.
- ↑ "Hokki Kainuu Oy hakeutuu konkurssiin" (en finés). Hokki | Mestis. 25 de marzo de 2025. Consultado o 27 de marzo de 2025.
- ↑ Niemistö, Juho; Pajala, Mikko (25 de marzo de 2025). "Mestis-seura hakeutuu konkurssiin". Ilta-Sanomat (en finés). Consultado o 27 de marzo de 2025.
- ↑ "Hokki Kainuu Oy jättänyt konkurssihakemuksen" (en finés). mestis.fi. 25 de marzo de 2025. Consultado o 27 de marzo de 2025.
- ↑ "HALLI - HOKKI" (en finés). Jatkoaika.com. Consultado o 27 de marzo de 2025.
- ↑ "Jäädytetyt pelinumerot" (en finés). hokki.fi. Consultado o 27 de marzo de 2025.
- ↑ Väänänen, Ville (18 de abril de 2018). "Tästä ”lautakasasta” lähdettiin rakentamaan Mestiksen voittopokaalia ehjäksi – ”Pakko arvostaa”". Ilta Sanomat (en finés). Consultado o 27 de marzo de 2025.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 8,3 "Historia" (en finés). Hokki. Consultado o 17 de marzo de 2025.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial (en finés)