Saltar ao contido

Casa do Concello de Tampere

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Casa do Concello de Tampere
Tampere Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Características
 Estilo
Implicados
 Arquitecto/a
Localización
 Situado en
 Rúa
 Enderezo
Hämeenkatu 16 Editar o valor en Wikidata
 Coordenadas
Patrimonio
Edificio protexido por un plan urbanístico
Códigos e identificadores
Freebase/m/0b6n3gk Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A Casa do Concello de Tampere (en finés Tampereen Raatihuone) é o antigo palacio municipal da cidade de Tampere, en Finlandia. Trátase dun edificio de estilo neorrenacentista deseñado por Georg Schreck e situado no número 10 de Keskustori (Praza Central). A construción do edificio finalizou en 1890. O edificio, construído ao xeito dun palacio, ten varias salas e acolle distintos eventos da cidade.[1]

O edificio actual estivo precedido por outro de madeira e unha única altura construído en 1802 e localizado no mesmo lugar e que tivo as funcións de casa do concello. No ano 1885 comezouse a traballar no deseño dun novo edificio, para o cal se realizou un concurso no que foron presentados os deseños de F.L. Calonius, Theodor Decker e Georg Schreck, resultando gañador este último. As obras comezaron en 1887 e foron supervisadas polo arquitecto municipal Calonius, mentres que o edificio foi pintado en 1889. Finalmente foi inaugurado nunha cerimonia solemne o 8 de xaneiro de 1890.[2][3]

Durante a Gran Folga de 1905 o poeta Kössi Lindström leu dende o seu balcón o Punainen julistus (en galego Manifesto vermello) de Yrjö Mäkelin.[4]

En 1918, durante a guerra civil finlandesa, o palacio municipal, xunto con outros edificios, foi empregado como refuxio pola poboación durante batalla de Tampere. O edifio foi defendido por un grupo de mulleres e homes da Garda Vermella, que finalmente se renderían ás 5:30 pm do 5 de abril, sendo así o último reduto vermello en ser tomado polos brancos.[5][6]

O pleno municipal reuniuse no edificio ata mediados da década de 1920, cando as decisións pasaron a tomarse no edificio da biblioteca.[2]

A primeira renovación do edificio tivo lugar a finais da década de 1960. Ameazado de derrubo pola súa antiga estrutura de madeira que fixo que o edificio comezara a afundirse, en 1977 realizouse o fortalecemento da súa estrutura mediante alicerces de formigón.[2][3] Entre 2003 e 2004 foi completamente renovado para devolvelo ao seu aspecto orixinal.[7]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. "Raatihuone" (en finés). virtualtampere.com. Consultado o 3 de febreiro de 2021.
  2. 1 2 3 "Tampereen Raatihuone" (en finés). tampereopas.com. Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2005. Consultado o 3 de febreiro de 2021.
  3. 1 2 Ketonen, Niina. "Raatihuone" (en finés). Keskesta Voimaa. Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2021. Consultado o 3 de febreiro de 2021.
  4. "SUURLAKON MUISTOLAATTA 1955" (en finés). Cidade de Tampere. 2006. Consultado o 3 de febreiro de 2021.
  5. VV.AA. (2010). Tampere 2018. A Town in the Civil War (en inglés). (Tradución: Anu Planting). Tampere: Tampere Museums. pp. 121 e 125. ISBN 978-951-609-473-4.
  6. Roselius, Aapo (2006). Amatöörien sota. Rintamataisteluiden henkilötappiot Suomen sisällissodassa 1918 (en finés). Helsinqui: Oficina do Primeiro Ministro de Finlandia. pp. 31–51. ISBN 978-952-53549-2-8.
  7. "Raatihuone" (en finés). Cidade de Tampere. Consultado o 3 de febreiro de 2021.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]