Mustavuori, Tampere
Aparencia
| Tipo | Esker | |||
|---|---|---|---|---|
| Localización | ||||
| División administrativa | Tampere, Finlandia | |||
| Localización | Kalkku | |||
| ||||
Mustavuori (en galego Montaña Negra) é un esker situado no barrio de Villilä do distrito de Raho, na cidade de Tampere (Finlandia).[1]

A principios da década de 1960 as persoas de Tampere afeccionadas ao esquí comezaron a procura dunha pendente nos arredores da cidade, encontrando en Mustavuori o mellor lugar da rexión para o esquí. Xa en 1967 a Cruz Vermella de Finlandia e a Sociedade de Slálom de Tampere comezaron as actividades relacionadas co esquí nunha pendente despexada da montaña.[2]
Na década de 1970 a propiedade dos terreos e o mantemento da estación de esquí pasaron á cidade de Tampere, que pasou a subcontratar a xestión desta última a partir da década de 1990.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "5 Lounainen suuralue" (PDF). TAMPERE ALUEITTAIN 2013 (en finés) (Cidade de Tampere): 216. 2013. ISBN 978-951-609-690-5.
- 1 2 "Mustavuoren historia" (en finés). mustavuori.fi. Consultado o 21 de abril de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mustavuori, Tampere |
