Rovaniemen Kiekko

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rovaniemen Kiekko
Fundación1979
Cidade Rovaniemi,
Laponia
Finlandia Finlandia
EstadioLappi Areena
(3.500 espectadores)
LigaMestis
AdestradorFinlandia Eero Vierola
CoresAzul, amarelo e branco
                 
Na rede
http://www.rokihockey.fi/

O Rovaniemen Kiekko ou RoKi é un equipo de hóckey sobre xeo da cidade de Rovaniemi (Finlandia). Actualmente compite na Mestis, a segunda categoría do hóckey sobre xeo finés. Xoga os seus partidos como local no Lappi Areena, un pavillón con capacidade para 3 500 espectadores.

Historia[editar | editar a fonte]

Antecedentes[editar | editar a fonte]

Os inicios do hóckey sobre xeo remóntanse ao inicio da década de 1960, cando na pista de Lapinaukea os equipos RTP, RoPS, Lappi Seura e Lapin Lukko loitaban pola supremacía do hóckey na capital de Laponia, e xa en 1970 xogábanse xa competicións de mozos e homes na cidade.[1]

A pesar de que na década de 1970 o RoPS, o Lapin Lukko e o Rovaniemen Lappi cesaron as súas operacións, o equipo máis forte da década anterior, o RTP, continuou a súa actividade durante algún tempo.[1]

Fundación do RoKi[editar | editar a fonte]

O RoKi fundouse en 1979.

En 2003 construíuse o Lappi-areena, o que mellorou as condicións do club, que elaborou un plano para ascender á Mestis nuns anos.[2]

Na tempada 2008-09 ascendeu á segunda categoría do hóckey sobre xeo finés, a Mestis, logo de clasificarse para a cualificación como segundo da Suomi-sarja. Na liguiña o RoKi conseguiu a segunda posición, arrebatándolle a praza na segunda categoría aos Titaanit de Kotka no seu primeiro intento.[2]

Na tempada 2009-10 o equipo de Rovaniemi xogou na Mestis, mais descendeu ao finalizar a tempada novamente á terceira categoría, a Suomi-sarja, competición que gañou ao ano seguinte, porén non foi quen de ascender á Mestis nos play-offs.

Personalidades[editar | editar a fonte]

Xogadores[editar | editar a fonte]

Capitáns[editar | editar a fonte]

Dende o primeiro ascenso do RoKi á Mestis na tempada 2009-10 o equipo tivo cinco capitáns distintos, aínda que tanto Henri Joki-Erkkilä como Hannu Erkkilä exerceron en máis dunha tempada e en varios períodos, mentres que Antti Järvelä foi capitán en tres tempadas consecutivas. Na tempada 2023-24 o capitán do equipo é Antti Erkinjuntti. A continuación todos os capitáns do RoKi dende o seu ascenso á II-divisioona (cuarta categoría):[3]

Capitáns do RoKi
Nome(s) Período
Pasi Tammela 1995-1996
Okko Reku 1996-1998
Marko Gröhn 1999-2000
Mika Hand 2000-2001
Samu-Matti Karppinen 2001-2002
Ilari Sainio 2002-2004
Jani Rautio 2004-2005
Ilari Sainio 2005-2010
Henri Joki-Erkkilä 2010-2011
Hannu Erkkilä 2011-2012
Henri Joki-Erkkilä 2012-2014
Hannu Erkkilä 2014-2015
Henri Joki-Erkkilä 2015-2019
Antti Järvelä 2019-2023
Antti Erkinjuntti 2023-

Líderes históricos[editar | editar a fonte]

Ao longo da súa historia dous xogadores do RoKi superaron a barreira dos 300 puntos. Nas estatísticas de xogo salienta a figura de Ilari Sainio, que con 18 tempadas no equipo de Rovaniemi é o líder en partidos xogados, puntos, asistencias e goles, ademais de ser o xogador que máis tempadas vestiu a camisola do equipo e o xogador máis penalizado. A continuación os rexistros das seis máximas puntuadoras históricas do equipo:[4]

Para os significados das abreviaturas véxase estatísticas do hóckey sobre xeo.

Líderes históricos do RoKi
Xogadora Pos  PX  G   A  Pts
Ilari Sainio F 492 156 253 409
Vesa-Matti Inkeröinen F 276 136 227 363
Hannu Erkkilä F 188 124 114 238
Henri Joki-Erkkilä F 369 73 165 238
Olli-Matti Järvelä F 340 125 101 226

Números retirados[editar | editar a fonte]

O RoKi ten retirado tres números de xogadores ao longo da súa historia. Todos os xogadores homenaxeados son finlandeses. A continuación todos os números retirados polo RoKi:[5]

Números retirados do RoKi
Número Nome Posición Traxectoria
6 Ilari Sainio F 1995-2013 [6]
8 Henri Joki-Erkkilä D 2008-2011
2011-2014
2015-2019
2020-2021
[7]
17 Jani Mikkola D 1995-2008 [8]

Adestradores[editar | editar a fonte]

A continuación todos os adestradores do RoKi dende o seu ascenso á Suomi-sarja:[9]

Adestradores do RoKi
Nome(s) Período
Kyösti Ulkuniemi 1999-2000
Marko Sykkö 2000-2001
Ari Kokkonen 2001-2002
Jari Helle 2002-2004
Kai Suikkanen 2004-2006
Ari Kokkonen 2006-2007
Jouko Lukkarila 2007-2008
Ari Kokkonen 2008-2009
Miikka Rousu 2008-2009 a 2009-2010
Vesa Surenkin 2009-2010
Eero Vierola 2010-2011
Janne Väihkönen 2011-2012
Ari Kokkonen 2012-2013
Petteri Hirvonen 2013-2014 a 2016-2017
Juha Juujärvi 2016-2017
Petri Karjalainen 2017-2018
Santeri Immonen 2018-2020
Matias Lehtonen 2021-2023
Sakari Salmela 2023-

Equipo feminino[editar | editar a fonte]

Artigo principal: RoKi Naiset.
Xogadoras do RoKi durante un partido fronte o Ilves en Tampere durante a tempada 2022-23 da Naisten Liiga.

O RoKi conta cun equipo feminino que compite na Naisten Liiga, a máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino en Finlandia, categoría á cal ascendeu na primavera de 2020.[10] As mulleres do RoKi xogan tamén os seus partidos como locais no Lappi Areena, sendo un dos poucos equipos da Naisten Liiga que comparten estadio coa súa contraparte masculina.[11]

O equipo participou por primeira vez nunha competición oficial na tempada 1999-2000, cando xogou no grupo de Laponia na II-divisioona.[12] Na tempada 2014-15 o RoKi gañou o grupo 1 da Mestis, mais non puido conseguir o ascenso á máxima categoría ao finalizar na cuarta posición na serie final superior, ascenso que chegaría cinco anos despois.[12]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Trofeos colectivos[editar | editar a fonte]

Mestis
    • 2 medallas de bronce como terceiro clasificado dos play-offs: 2022, 2023
Suomi-sarja
  • 2 medallas de ouro como campión da terceira categoría: 2011 e 2013[13]
    • 1 medalla de prata: 2009[14]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "HISTORIA" (en finés). RoKi Hockey. Consultado o 8 de outubro de 2023. 
  2. 2,0 2,1 Mikkola, Miikka (13 de outubro de 2020). "MESTIS 2000-2020: KAIKKI EIVÄT VOI OLLA MESTAREITA". Jatkoaika.com (en finés). Consultado o 9 de outubro de 2023. 
  3. "RoKi - Team Captaincy History" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 14 de decembro de 2023. 
  4. "RoKi - All Time Regular Season Player Stats" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 14 de decembro de 2023. 
  5. "JÄÄDYTETYT PELINUMEROT" (en finés). rokihockey.fi. Consultado o 4 de marzo de 2020. 
  6. "Ilari Sainio" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 14 de decembro de 2023. 
  7. "Henri Joki-Erkkilä" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 14 de decembro de 2023. 
  8. "Jani Mikkola" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 14 de decembro de 2023. 
  9. "RoKi - Team Staff History" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 15 de decembro de 2023. 
  10. "Historiallinen syksy Rovaniemen lätkäfaneille: kausi alkaa liigajääkiekolla ensimmäistä kertaa ikinä". Yle.fi (en finés). 18 de agosto de 2020. Consultado o 9 de outubro de 2023. 
  11. "Pelipaikat... Lipunmyynti... Budjetit... Ulkomaalaiset... Päävalmentajat... Tässä Naisten Liigan faktat ja tunnusluvut 2023–2024!" (en finés). Leijonat.fi. 5 de setembro de 2023. Consultado o 6 de setembro de 2023. 
  12. 12,0 12,1 "RoKi" (en finés). Leijonat.fi. 6 de febreiro de 2023. Consultado o 9 de outubro de 2023. 
  13. Uusitalo, Timo (19 de marzo de 2014). "Jääkiekon satutarina - KeuPa HT juhlii Suomi-sarjan voittoa". Yle Urheilu (en finés). Consultado o 9 de outubro de 2023. 
  14. "Suomi-sarja. 2008-2009 STANDINGS" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 15 de decembro de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]