Hämeenkatu, Tampere

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hämeenkatu
TipoloxíaRúa
Dimensións
Lonxitudeaproximadamente 1 km
Localización
InicioRautatienkatu
FinHämeenpuisto
LocalidadeTampere

Hämeenkatu (en galego rúa de Häme ou rúa de Tavastia) é a principal rúa da cidade de Tampere, en Finlandia. Localizada no centro da cidade, ten case un quilómetro de longo e 28,5 metros no seu punto máis ancho. A rúa cruza o Tammerkoski pola ponte Hämeensilta.

Hämeenkatu comeza no leste na intersección con Rautatienkatu, nas proximidades da estación de tren, corre de leste a oeste ata Hämeenpuisto e o seu pavimento é empedrado. Anteriormente a case todas as interseccións contaban con semáforos, mais na actualidade Hämeenkatu é unha rúa destinada a transporte público.

Coa construción da liña de tranvía que comezou en 2017, e en relación co proxecto, renováronse as beirarrúas, as árobores da rúa e a ilminación. Do mesmo xeito levouse a cabo a renovación da ponte Hämeensilta. O proxecto finalizará en 2021.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]