Durante moito tempo o edificio acolleu o Hotelli Central, fundado en 1907. O nome do hotel cambiou posteriormente a Centrum.[1] Ata 1983 operou na Casa do Comercio a Ensimmäinen apteekki (Primeira Farmacia) e posteriormente, o 14 de decembro de 1984, abriu o primeiro McDonald’s de Finlandia.[2] Durante un curto espazo de tempo, entre 1983 e 1984, acolleu un Burger King.[3] En maio de 2010 houbo un incendio provocado por unha freidora de McDonald's.[4] Os traballos de reparación logo do incendo prolongáronse durante dous anos e McDonald’s reabriu de novo en 2012.[5] A finas de 2015 McDonald’s pechou o seu restaurante e a principios de 2016 a cadea de hamburgueserías finlandesa Friends & Brgrs abriu un novo restaurante.[6][7]