Tallipiha

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tallipiha dende Kuninkaankatu.
Bloques de xeo de cores en Tallipiha.

Tallipiha é un conxunto de casas de madeira antigas construídas orixinalmente como lugar para ir montar a cabalo e en carro. Estas cortes para cabalos están localizadas no número catro da rúa Kuninkaankatu, na área da antiga factoría de Finlayson no centro da cidade finlandesa de Tampere.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

As edificacións foron construídas entre 1839 e 1890 por iniciativa de Wilhelm von Nottbeck, daquela propietario da fábrica de Finlayson. O complexo está integrado por un cobertizo para carruaxes, unha corte para cabalos, e catro vivendas para o persoal. Ademais destas construcións houbo un gran galiñeiro e ademais de cabalos houbo algunhas vacas. Despois da era Nottbeck as casas foron ocupadas polos traballadores de Finlayson e os cabalos seguiron vivindo na corte.[2][3]

A cidade de Tampere iniciou un plano de restauración en 1995. Tanto as antigas fachadas como os interiores e as estruturas foron restauradas ao aspecto que tiñan orixinalmente, na década de 1880. Na actualidade é unha área aberta todo o ano e os edificios acollen tendas e unha cafetería. No complexo teñen lugar diversos eventos, como un mercado de Nadal.[2][3]

Arquitectura[editar | editar a fonte]

Os edificios están construídos segundo o estilo ruso e contén tallas que lembran os estilos internacionais do século XIX, influenciados pola arquitectura popular. As tallas foron pintadas con cores vivas que as resaltaban.[2][3]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Contact us" (en inglés). Tallipiha. Consultado o 22 de febreiro de 2021. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Tallipiha Stable Yards" (en inglés). VisitTampere.fi. Consultado o 23 de febreiro de 2021. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "History of Stable Yards" (en inglés). Tallipiha. Consultado o 23 de febreiro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]