Selección feminina de hóckey sobre xeo de Finlandia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Finland national women's ice hockey team.jpg
Federación
Suomen jääkiekkoliitto
Seleccionador
Finlandia Pasi Mustonen, 2015-
Uniforme
Finland national ice hockey team jerseys 2022 (WOG).png
Último título
Máis partidos
Karoliina Rantamäki: 431
Máis puntos
Riikka Sallinen: 351
Clasificación IIHF
3
Estrea internacional
Finlandia Finlandia 6–0 Noruega Flag of Norway.svg
(Copenhague, Dinamarca; 26 de decembro de 1988)
Maior vitoria
Finlandia Finlandia 34–0 Checoslovaquia República Checa
(Düsseldorf, Alemaña Occidental; 4 de abril de 1989)
Maior derrota
Flag of Canada.svg Canadá 15–0 Finlandia Finlandia
(St. John's, Canadá; 12 de outubro de 2010)
Resultados Olímpicos
Bronze medal olympic.svg bronce: 4
Resultados no Campionado do Mundo
Med 2.png prata: 1
Med 3.png bronce: 13

A selección feminina de hóckey sobre xeo de Finlandia é o equipo que representa a Finlandia nas competicións internacionais de hóckey sobre xeo en categoría feminina. En 2022, a IIHF publicou a clasificación mundial de seleccións, na que Finlandia ocupou o terceiro posto por detrás das seleccións de Canadá e os Estados Unidos.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

O equipo nacional femenino de Finlandia debutou en 1988 durante a Copa Nórdica, e ata 1995 gañou a meirande parte dos partidos que disputou, algúns deles con amplas diferenzas.[2] Tan só un ano despois o equipo debutaba na primeira edición do Campionato de Europa,[3] onde o cadro finlandés estivo encadrado no grupo B xunto coa Repúblca Federal Alemá, Dinamarca e Checoslovaquia. Logo da goleada no primeiro partido fronte a Checoslovaquia por 34-0 (12-0,12-0,10-0), as xogadoras finlandesas gañaron con comodidade os outros dous partidos da fase de grupos, clasificándose deste xeito para as semifinais, onde derrotaron a Noruega (9-1), e finalmente a Suecia para facerse co seu primeiro título a nivel continental.[4] Este primeiro equipo finlandés estaba integrado polas porteiras Kati Ahonen e Liisa-Maria Sneck, e polas patinadoras Katri Javanainen, Tiia Reima, Päivi Halonen, Anne Haanpää, Sari Krooks, Marianne Sulen, Jaana Rautavuoma, Johanna Ikonen, Riika Nieminen, Marianne Ihalainen, Sari Fisk, Ulla Saarikko, Katri Luomajoki, Maria Novitsky, Liisa Karikoski e Jaana Peltonen.[5]

Aínda que o primeiro torneo feminino se xogara xa en 1987 en Nova York e Mississauga (Canadá), non foi ata tres anos despois, en 1990, cando se celebrou o primeiro Campionato do Mundo en Otava (Canadá).[6]

Capitanas[editar | editar a fonte]

Xogos Olímpicos[editar | editar a fonte]

O hóckey sobre xeo feminino foi introducido nos Xogos Olímpicos de Inverno en 1998. O equipo feminino de Finlandia ten participado en todas as ocasións e catro xogadoras exerceron como capitanas, a primeira delas foi Marianne Ihalainen en Nagano 1998, mentres que a xogadora que máis veces luciu o "C" na súa camisola foi Jenni Hiirikoski cun total de tres edicións (2014, 2018 e 2022):[7]

Capitanas olímpicas de Finlandia
Nome(s) Edición Sede Resultado
Marianne Ihalainen 1998 Nagano Med 3.png bronce
Sari Fisk 2002 Salt Lake City
Sari Fisk 2006 Turín
Emma Laaksonen 2010 Vancouver Med 3.png bronce
Jenni Hiirikoski 2014 Sochi
Jenni Hiirikoski 2018 Pyeongchang Med 3.png bronce
Jenni Hiirikoski 2022 Pequín Med 3.png bronce

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "WORLD RANKING" (en inglés). IIHF. Consultado o 7 de maio de 2022. 
  2. "Suomen naisten jääkiekkomaajoukkue – Naisleijonat" (en finés). suoimikiekko.com. Consultado o 7 de maio de 2022. 
  3. "Suomi-kiekon historia pähkinänkuoressa" (en finés). Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo. Consultado o 7 de maio de 2022. 
  4. "Championnats d'Europe féminins 1989". passionhockey.com. 
  5. "Finnish Women's Hockey League Results" (en inglés). whockey.com. Consultado o 7 de maio de 2022. 
  6. "NAISKIEKON HISTORIAA..." (en finés). whockey.com. Consultado o 7 de maio de 2022. 
  7. Mennander, Pasi (1 de febreiro de 2022). "Hiirikoski kolmannen kerran olympiakapteeni – Naisleijonien C:t kautta aikojen" (en finés). Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo. Consultado o 5 de maio de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.