O Museo de Minerais de Tampere (en finésTampereen Kivimuseo) é un museo de historia natural situado na cidade de Tampere, Finlandia. A colección do museo está conformada por máis de 8000 pezas procedentes de máis de 80 países, das cales 7000 están expostas, entre as que se encontran xemas, pedras ornamentais, minerais, metais, meteoritos e fósiles, así como pedras sintéticas.[1][2]
Inaugurado en 1997 nun espazo situado no edificio da Biblioteca "Metso", a principal biblioteca da cidade, en 2014 trasladouse á súa localización actual no complexo museístico do Museokeskus Vapriikki.[3] A colección foi doada por Paavo Korhonen (1920–2018), un enxeñeiro e afeccionado aos minerais procedente de Tampere.[4] Trátase dunha colección de pedras extraordinariamente grande e única de pedras e minerais compilados por unha única persoa en Finlandia.[2][5] Korhonen esperaba que o museo inspirara ás nenas e nenos, así como a persoas novas e estudar e recolectar pedras.[6]
O 25 de abril de 2024 abriu unha nova exposición en Vapriikki baixo o nome Kiven voima (en galegoO poder da pedra) para conmemorar o 10ºaniversario do Museo de Minerais en Vapriikki. A exposición, situada nun dos espazos adicados ás exposicións itinerantes, presentou algunhas pedra que nunca foran expostas, así como as pezas máis especiais da colección, entre as que salientaron os fósiles de madeira máis grandes de Finlandia ou unha rosa das areastunisiana de 400quilogramos. A exposición contou tamén cunha figura dun Allosaurus de 4metros.[7]Kiven voima estivo aberta ao público ata o 4 de agosto de 2024.[8]
↑"Kivimuseo 20 vuotta"(en finés). Museokeskus Vapriikki. 1 de setembro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 06 de febreiro de 2021. Consultado o 1 de febreiro de 2021.
↑"Kivimuseon perustaja on poissa"(en finés). Tampere: Vapriikki. 10 de xaneiro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2020. Consultado o 1 de febreiro de 2021.