Rauman Lukko
Rauman Lukko | |
---|---|
![]() | |
Fundación | 1936 |
Cidade | ![]() ![]() ![]() |
Estadio | Äijänsuo Arena (5.400 espectadores) |
Liga | Liiga Champions Hockey League |
Campionatos | 2 |
Propietario(s) | Contineo Oy [1] |
Director | ![]() |
Adestrador | ![]() |
Afiliado(s) | Kajaanin Hokki (Mestis) HC Satakunta (Suomi-sarja) |
Cores | Azul e amarelo |
Na rede | |
http://www.raumanlukko.fi |
O Rauman Lukko é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Rauma (Finlandia). Actualmente compite na SM-liiga (a máxima competición do hóckey sobre xeo finlandés), competición que gañou nunha ocasión en 1963, antes de que adoptara a denominación actual. O equipo foi fundado en 1936 e xoga os seus encontros como local no Äijänsuo Arena, un pavillón con capacidade para 5.400 espectadores.
Historia[editar | editar a fonte]
Na tempada 1962-63 chegou o maior logro da historia do club cando o equipo de Rauma se proclamou campión do campionato finlandés, a SM-sarja, con tan só un punto máis que Tappara, que finalizou segundo. Este triunfo supuxo ademais o punto e final de seis anos consecutivos de dominio do campionato por parte dos dous grandes equipos de Tampere: Ilves (4 títulos nese período) e o propio Tappara (2 títulos neses seis anos).[2] Lukko alzouse co trofeo logo de derrotar a Tappara no derradeiro partido, disputado o 23 de febreiro, ante 7 820 espectadores. Rauma fora un equipo tradicionalmente feble na portería, problema que solucionaron coa chegada do ex xogador de SaiPa Risto Kaitala, sendo esa tempada ademais o equipo menos goleado do campionato.[3]
Xogadores[editar | editar a fonte]
Xogadores destacados[editar | editar a fonte]
|
|
Números retirados[editar | editar a fonte]
Lukko ten retirado os seguintes sete números ao longo da súa historia. O número catro foi retirado en honor a dous xogadores do equipo, Teppo Rastio e Jouni Peltonen:[4]
Nº | Xogador |
---|---|
4 | Teppo Rastio |
4 | Jouni Peltonen |
7 | Matti Keinonen |
8 | Jorma Vehmanen |
13 | Jari Torkki |
26 | Matti Forss |
33 | Petri Vehanen |
77 | Erik Hämäläinen |
Palmarés[editar | editar a fonte]
Trofeos colectivos[editar | editar a fonte]

- A Kanada-malja (Copa Canadá) é entregada anualmente ao equipo vencedor dos play-offs e campión da SM-liiga. É o trofeo principal da SM-liiga. O trofeo foi doado pola comunidade finlandesa do Canadá en 1950. Lukko gañou proclamouse un total de 16 veces campión de Finlandia: 1963 e 2021.[5]
- O Harry Lindbladin muistopalkinto é entregado cada ano ao equipo campión da fase regular dende a fundación da SM-liiga na tempada 1975-76. Lukko gañou este galardón nunha única ocasión: 2021.[5]
- Campión: 1964 e 1969.
Trofeos individuais[editar | editar a fonte]
- Trofeo Aarne Honkavaara: outorgado ao máximo goleador durante a tempada regular. Foi entregado por primeira vez en 1934, antes da profesionalización da liga. Recibe o seu nome en honor ao ex xogador de Ilves e da seleccionador masculino Aarne Honkavaara. Un total de catro xogadores de Lukko recibiron este galardón, todos eles cun galardón na súa carreira no equipo de Rauma:[5]
- Pentti Jokinen: 1963
- Jouni Rinne: 1976
- Juha Riihijärvi: 1996
- Pasi Saarela: 2005
- Memorial Jarmo Wasama: outorgado anualmente dende 1972 ao mellor xogador debutante da tempada. Recibe o seu nome en honor ao xogador de Ilves Jarmo Wasama. Ao longo da súa historia, dous xogadores de Lukko fixéronse co galardón:[5]
- Janne Grönvall: 1991
- Joni Lehto: 1995
- Trofeo Kalevi Numminen: entregado ao mellor adestrador da tempada. Recibe o seu nome en honor ao ex xogador e adestrador Kalevi Numminen. Tan só un adestrador de Lukko conseguiu o galardón ao longo da historia do equipo:[5]
- Pekka Virta: 2021
- Trofeo Lasse Oksanen: entregado ao mellor xogador durante a liga regular dende 1994. Leva o nome de Lasse Oksanen, nomeado mellor xogador do país en 1966. Dende a súa introdución, Tres xogadores de Lukko gañaron o trofeo.[5]
- Juha Riihijärvi: 1996
- Justin Danforth: 2020
- Robin Press: 2021
- Trofeo Jari Kurri: entregado anualmente ao mellor xogador durante os play-offs. O premio foi outorgado por primeira vez na tempada 1993-94 e leva o nome do ex xogador Jari Kurri, considerado o mellor xogador finlandés da historia. Tan só un xogador de Lukko recibiu o gallardón:[5]
- Eetu Koivistoinen: 2021
- Trofeo Pekka Rautakallio: entregado anualmente dende 1978 ao mellor defensa. Recibe o nome do primeiro xogador que recibiu o galardón, Pekka Rautakallio. Tan só un xogador do equipo recibiu o galardón dende a súa introdución:[5]
- Robin Press: 2021
- Trofeo Raimo Kilpiö: entregado dende 1954, antes da profesionalización da liga, ao xogador con máis deportividade. Leva o nome de Raimo Kilpiö, ex xogador de Ilves e da selección nacional. Dous xogadores do equipo teñen conseguido o trofeo:[5]
- Teppo Rastio: 1956
- Jari Laiho: 1980
- Trofeo Urpo Ylönen: entregado anualmente dende 1978 ao mellor porteiro da tempada. O ex-porteiro Urpo Ylönen, nomeado mellor porteiro do Campionato do Mundo de 1970, dálle nome ao trofeo. Catro porteiros do equipo teñen alzado o trofeo:[5]
- Jarmo Myllys: 1988
- Petr Bříza: 1992
- Boris Rousson: 1995
- Lassi Lehtinen: 2021
- Trofeo Veli-Pekka Ketola: outorgado anualmente dende 1934, antes da profesionalización da liga, ao xogador que máis puntos rexistrou ao longo da tempada. O trofeo leva o nome do ex xogador Veli-Pekka Ketola, internacional con Finlandia e nomeado mellor xogador finlandés en dúas ocasións (1974 e 1978). Un total de catro xogadores de Lukko conseguiron o galardón:[5]
- Juha Riihijärvi: 1996
- Perttu Lindgren: 2011
- Ville Vahalahti: 2014
- Justin Danforth: 2020
- Trofeo Matti Keinonen: outorgado cada ano dende 1978 ao xogador máis efectivo (xogador co mellor rexistro plus/minus). . Recibe o nome do ex xogador e membro do Salón da Fama do hóckey sobre xeo finlandés Matti Keinonen. [5]
- Harri Tikkanen: 2010
- Anrei Hakulinen: 2021
- Trofeos da Asociación de Xogadores
- Kultainen kypärä (casco dourado): outorgado anualmente dende 1987 ao mellor xogador da SM-liiga por votación da Asociación de Xogadores. Tres xogadores de Lukko conseguiron este recoñecemento:[6]
- Jarmo Myllys: 1988
- Juha Riihijärvi: 1996
- Justin Danforth: 2020
- Trofeo Juha Rantasila: entregado por primeira vez en 2008, este trofeo é entregado ao defensor que máis goles anotou na tempada. Leva o nome do ex xogador nado en Pori Juha Rantasila. Dous xogadores do equipo conseguiron o galardón:[6]
- Janne Niskala: 2015
- Robin Press: 2021
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Lukko teki voitollisen vuosituloksen". Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 16 de maio de 2012.
- ↑ Matilaisen, Ville (24 de maio de 2018). "Rauman Lukko mestaruuskeväänään" (en finés). Yle. Consultado o 25 de marzo de 2020.
- ↑ "Championnat de Finlande 1962/63" (en francés). hockeyarchives.info. Consultado o 15 de marzo de 2020.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 "Lukko" (en finés). Liiga.fi. Consultado o 8 de agosto de 2021.
- ↑ 5,00 5,01 5,02 5,03 5,04 5,05 5,06 5,07 5,08 5,09 5,10 5,11 "Palkinnot" (en finés). Liiga.fi. Consultado o 8 de agosto de 2021.
- ↑ 6,0 6,1 "Pelaajayhdistyksen Kultainen kypärä Petri Kontiolalle" (en finés). Liiga.fi. 4 de maio de 2021. Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2021. Consultado o 8 de agosto de 2021.