Saltar ao contido

Igrexa vella de Tampere

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Igrexa vella de Tampere
Tampere Editar o valor en Wikidata
Imaxe do interior
(2015)
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Características
 Estilo
 Relixión
Implicados
 Arquitecto/a
 Propietario/a
 Ocupante
Datas
 Fundación / creación
1824 Editar o valor en Wikidata
 Inauguración
1825 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Altitude
   93 m Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Localización
 Rúa
 Enderezo
Keskustori
Keskustori 6, 33100 Tampere
Keskustori 6 Editar o valor en Wikidata
 Diocese
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Patrimonio
Igrexa protexida

Edificio protexido por un plan urbanístico
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

A igrexa vella de Tampere (en finés Tampereen Vanha kirkko) é un templo evanxélico luterano da cidade de Tampere, Finlandia. Está situada no centro da cidade, na praza de Keskustori, á beira do Tammerkoski. Trátase do edificio máis antigo conservado no centro de Tampere, mentres que o campanario situado ao seu carón é o segundo máis antigo.[1]

A igrexa vella é a casa da congregación sueca de Tampere, así como o principal lugar de culto para a comunidade inmigrante da cidade, ofrecendo servizos relixiosos en inglés todos os domingos. A igrexa, de pequenas dimensións, ten capacidade para 310 persoas.[2]

Interior da igrexa co retablo de Ekman e o púlpito de Engel.

A igrexa vella foi deseñada por Charles Bassi en 1821, e a súa construción finalizou en 1824 e consagrada o 11 de abril de 1825.[3] Se ben a actual igrexa é de madeira, o proxecto estivo precedido por un ambicioso plano para a construción dunha igrexa de pedra.[4] Precisamente a construción do templo atrasouse debido ás disputas en relación á súa localización e os materiais que se debían empregar para a súa construción, así como a pobreza xeral da poboación.[5] En 1847 a igrexa foi ampliada baixo a dirección do arquitecto E.J. Wennerqvist.[4]

O retablo de Xetsemaní, obra de Robert Wilhelm Ekman, data de 1831, mentres que o púlpito de estilo imperio de 1831, foi deseñado Aleksander Engel.[4]

A igrexa foi renovada en varias ocasións, a última delas no ano 2000. A principal restauración que se levou a cabo tivo lugar entre 1953 e 1954, cando foi restaurada a case o seu aspecto orixinal segundo o plano de restauración de Nils Erik Wickberg.[4]

Campanario

[editar | editar a fonte]
Campanario da igrexa.

Ao carón da igrexa atópase o campanario obra Carl Ludvig Engel, construído en 1828 ao final da rea principal da cidade, Kauppakatu. O reloxo da torre data de 1835[4][5]

Características

[editar | editar a fonte]

Trátase dunha das primeiras igrexas de madeira neoclásicas con planta de cruz de Finlandia. O edificio é unha cruz de brazos desiguais, onde a sacristía se encontra no brazo oriental da cruz. Pode considerarse que no seu tipo, a igrexa é unha forma intermedia entre a cruz e a igrexa longa.[4]

  1. Niemelä, Jari (2008). Tamperelaisen Tiedon Portaat. Tampereen asiat aasta yyhyn (en finés). Tampere: Tampere-Seura. pp. 228–229. ISBN 978-952-5558-05-0.
  2. "The old church" (en inglés). tampereenseurakunnat.fi. Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2021. Consultado o 27 de xaneiro de 2021.
  3. "The Old Church of Tampere" (en inglés). visittampere.fi. Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2020. Consultado o 27 de xaneiro de 2021.
  4. 1 2 3 4 5 6 "Tampereen vanha kirkko" (en finés). Museovirasto. Consultado o 27 de xaneiro de 2021.
  5. 1 2 "Vanha kirkko" (en finés). tampereenseurakunnat.fi. Consultado o 27 de xaneiro de 2021.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]