Koovee (hóckey sobre xeo)
Koovee | |
---|---|
Fundación | 1929 (club polideportivo) 1944 (hóckey sobre xeo) |
Cidade | Tampere, Pirkanmaa Finlandia |
Estadio | Hakametsä 2 (1 000 espectadores) Tampereen jäähalli (7 300 espectadores) |
Liga | Mestis |
Adestrador | Pauli Järvinen |
Cores | Amarelo, negro e vermello |
Na rede | |
https://www.tampereenkoovee.fi/ |
O Koovee é un equipo de hóckey sobre xeo da localidade de Tampere (Finlandia). Actualmente compite na Mestis, a segunda categoría do hóckey sobre xeo finés, aínda que chegou a xogar na máxima categoría. Xoga os seus partidos como local no Hakametsä 2, un pavillón con capacidade para 1 050 espectadores.
Durante moitas tempadas xogou na máxima categoría do hóckey sobre xeo finés, primeiro na SM-sarja e posteriormente na SM-liiga, na que permaneceu ata o seu descenso na tempada 1979-80. Os seus mellores resultados tiveron lugar na década de 1960, cando conseguiu o título da SM-sarja (máxima categoría do hóckey sobre xeo finlandés na época) en 1968, tres medallas de prata (1959, 1962 e 1964) e dúas de bronce (1960 e 1961), conseguindo unha medalla de bronce máis na SM-liiga (máxima categoría) en 1977.
Historia
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]O club foi fundado en 1929 como club multidisciplinar, e non foi ata 1944 cando as actividades do equipo mudaron do bandy ao hóckey sobre xeo. No primeiro ano do equipo na nova modalidade a súa actividade centrouse no adestramento, e non foi ata o 8 de marzo de 1945 cando o equipo disputou o seu primeiro partido oficial de hóckey sobre xeo, un encontro da liga local fronte o TBK, que rematou con vitoria do TBK por tres goles a un. O primeiro gol, e único no encontro, do equipo foi obra de Pekka Tuominen.[1][2]
O TK-V era membro do Sindicato Deportivo dos Traballadores (en finés Työväen Urheiluliitto, abreviado como TUL) e participaba nas súas competicións.[3] A finais da década de 1940, con Harald Roos na presidencia da Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo, a federación e o TUL comezaron a cooperar e os clubs do sindicato pasaron a competir en ligas organizadas pola federación,[4] o que levou ao TK-V a disputar a Suomi-sarja xunto con outros equipos do sindicato. Con todo, o equipo de Tampere e outros equipos de traballadores tiveron que conformarse novamente con disputar os torneos organizados polo TUL logo da ruptura entre as dúas asociacións.[2]
O club comezou a medrar ata converterse nun equipo popular na cidade xunto co Ilves e o TBK. Ademais a finais da década de 1940 o traballo cos mozos dera xa os seus primeiros froitos logo de que en 1948 o equipo xuvenil conseguira o seu primeiro campionato rexional.[2]
Debut e afianzamento na SM-sarja
[editar | editar a fonte]Cinco anos despois do seu primeiro partido, o equipo de hóckey sobre xeo conseguiu o ascenso á máxima categoría do hóckey sobre xeo finés, a SM-sarja, na que debutou na tempada 1950–51. Este feito fixo que a modalidade se popularizara no club [5] O campionato finlandés estaba daquela organizado en dous grupos, quedando o TK-V encadrado no grupo B xunto co Tarmo de Hämeenlinna, o TBK de Tampere, o Karhu-Kissat e o KIF, estes dous de Helsinqui. O equipo tan só puido sumar un empate e unha vitoria nos oito partidos que disputou e finalizou como pechacancelas do seu grupo, o que motivou o seu descenso de categoría.[6] O xogador máis destacado do equipo no seu debut na SM-sarja foi Reino Rautanen, que sumou un total de 11 puntos nos oito partidos que disputou, con oito goles e tres asistencias, sendo ademais o único xogador do TK-V en superar a decena de puntos.[7]
Logo de dúas tempadas afastado da máxima categoría, o TK-V regresou á elite do hóckey sobre xeo finlandés na tempada 1953–54, desta volta encadrado no grupo A. Desta vez o equipo de Tampere conseguiu catro vitorias e outras tantas derrotas para un total de oito puntos que o situaron na terceira posición do seu grupo, manténdose deste xeito unha tempada máis na máxima categoría.[8] A tempada seguinte o equipo mellorou os seus resultados, o que lle permitiu escalar ata a segunda posición do seu grupo cun rexistro de cinco vitorias, un empate e dúas derrotas. TK-V xogou a eliminatoria pola medalla de bronce fronte ao HIFK de Helsinqui, mais caeu en ambos encontros (5-4 e 3-9).[9]
Campión finlandés
[editar | editar a fonte]O maior logro do equipo foi o campionato da SM-sarja conseguido en 1968. Ao final da tempada 1976-77 da máxima categoría do hóckey sobre xeo finlandés, o KooVee conseguiu a súa derradeira medalla do campionato finlandés.[10]
Ese mesmo ano o Koovee proclamouse campión da Suomen Cup logo de vencer na final ao SaPKo de Savonlinna por 10-2.[11]
Breve paso pola Mestis
[editar | editar a fonte]Na tempada 2006-07 xogou na segunda categoría, a Mestis, descendendo esa mesma tempada á Suomi-sarja.
De novo na terceira categoría
[editar | editar a fonte]En 2015 o club converteuse en osakeyhtiö (abreviado Oy, sociedade por accións), pasando a denominarse Koovee Hockey Oy.[12]
Na tempada 2017-18 o Koovee finalizou a liga regular da Suomi-sarja na sexta posición, clasificándose deste xeito de forma directa para os play-offs.[13] Na primeira rolda o equipo de Tampere enfrontouse ao terceiro clasificado da liga regular, o FPS de Forssa, ao que derrotou 1-3. Na segunda rolda conseguiu eliminar ao segundo clasificado da liga regular, o Pyry de Nokia en tres partidos (3-0),[14] pasando deste xeito a disputar a promoción á Mestis fronte ao Hermes de Kokkola, penúltimo clasificado de dita competición,[15] caendo en cinco partidos a pesar da vitoria inicial na súa visita ao Kokkolan jäähalli.[16] A pesar da derrota, debido á quebra financeira do Espoo United e á negativa do JHT de Kalajoki a ocupar o lugar do equipo de Espoo, este foi ocupado por Koovee.[17]
De novo na Mestis (2019-2024)
[editar | editar a fonte]O Koovee finalizou a tempada 2023-24 na décima posición na liga regular, o que lle permitiu disputar a primeira rolda dos play-offs, onde caeu contra os Kiekko-Pojat de Joensuu por 2-0.[18]
Declaración de creba
[editar | editar a fonte]Ao finalizar a tempada 2023-24 o comité de licenzas da Mestis non concedeu unha licenza para a tempada 2024-25 ao equipo de Tampere, que viña de finalizar na décima posición a liga regular e caer na primeira rolda dos play-offs. Segundo Mikko Kuparinen, presidente do comité de licenzas, as deficiencias na solicitude do Koovee eran de carácter financeiro, e o club non achegou a información precisa nos prazos estipulados.[19] A situación económica do club encontrábase nunha situación preocupante que o levou a estar baixo a vixilancia da liga, e na primavera un pago importante relacionado coa licenza da Mestis do equipo quedara sen pagar.[20] As perdas do equipo ao final da tempada ascenderan a máis de 250 000 euros.[21] O Koovee estaba endebedado ao longo dos anos, se ben esta débeda fora principalmente co seu propio presidente, que compensara as perdas da empresa cos seus propios cartos, e noutras ocasións o comité de licenzas aceptara solicitudes con pagos pendentes polo alugueiro das pistas de xeo.[22]
Logo dunha semana de silencio dende o club de Tampere despois de non concedérselle a licenza para competir na Mestis, KOOVEE Hockey Oy declarouse en creba.[22] O equipo de Tampere comezou a solicitude de creba o 6 de maio de 2024,[21] Nun comunicado no seu sitio web anunciaba:[23]
“ | A xunta directiva de KOOVEE Hockey Oy decidiu hoxe solicitar a creba da compañía. Logo de que a Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo rexeitara a solicitude de licenza de KOOVEE Hockey Oy non hai condicións para que a empresa continúe as súas operacións. KOOVEE meteu presión con firmeza para que se eliminen os lugares obrigatorios nas ligas júnior, así como para reformar o modelo de ligas para facelo máis xusto.
KOOVEE Hockey Oy agradece a todos os seus asociados e seareiros o tempo xuntos e a súa iplicación durante as tempadas na Mestis e deséxalle a todos unha primavera soleada e bos momentos xogando ao hóckey sobre xeo. |
” |
— KOOVEE Hockey Oy, Comunicado de prensa íntegro (6 de maio de 2024)), tampereenkoovee.fi |
Segundo indicou o presidente de KOOVEE Hockey, Janne Virtanen, a decisión de declararse en creba estivo motivada pola negativa por parte da federación de concederlle ao club unha licenza para competir na Mestis. Virtanen consideraba que había xente que quería que o Koovee saíra da liga e das discusións, principalmente relativas ás finanzas dos clubs da Mestis, amosándose crítico respecto da falta de poder da federación na Liiga.[21] De acordo co presidente de KOOVEE Hockey Oy, a federación estaría tomando represalias contra o club polas súas críticas públicas. No mes de novembro de 2023 Virtanen criticara á Liiga nunha entrevista a mtv por ter elevado o prezo das accións da liga ata os 3,8 millóns de euros.[22]
Identidade do equipo
[editar | editar a fonte]Nome
[editar | editar a fonte]O equipo foi fundado co nome Tampereen Kilpa-Veljet, e abreviado como TK-V.[2] En finés o nome da letra "K" dise koo e o da "V" vee, o nome actual do equipo viría da pronunciación do nome do equipo abreviado e sen o nome da cidade.
Pavillón
[editar | editar a fonte]O Koovee xogou no mítico estadio de Hakametsä dende a spa inauguración en 1965 ata pouco despois do seu descenso da máxima categoría. Dende o seu ascenso á segunda categoría do hóckey sobre xeo finlandés xoga os seus partidos como local no Hakametsä 2, un pavillón con capacidade para 1 050 persoas e inaugurado en 1974,[24] localizado nas proximidades do estadio de Hakametsä, con capacidade para 7 300 persoas, que foi a casa do equipo e no que continúa a xogar na tempada 2020-21.[25]
A maior entrada rexistrada nun partido como local do Koovee en Hakametsä tivo lugar o 9 de febreiro de 1969, cando 9 951 persoas presenciaron o encontro que o enfrontou ao HIFK de Helsinqui. Pola súa banda, o seu mellor rexistro de asistencia nun partido disputado no estadio de Hakametsä 2 foi o 3 de marzo de 1988 durante un partido fronte ao IkVi de Tampere ante 949 persoas.[12]
Imaxe | Nome | Primeira tempada | Derradeira tempada | Capacidade[a] | Outros usos |
---|---|---|---|---|---|
Tampereen jäähalli | 1965 1988 1994 2018 |
1983 1990 1997 en uso (ocasional) |
7 595[26] | Ilves (1965-) Tappara (1965-) | |
Hakametsä 2 | 1984 1990 1997 |
1988 1994 en uso |
1 050 |
Personalidades
[editar | editar a fonte]Xogadores
[editar | editar a fonte]Capitáns
[editar | editar a fonte]O primeiro capitán do equipo foi Matti Reunamäki, quen ocupou o posto entre 1967 e 1968. A continuación todos os capitáns do equipo:[27]
|
|
Números retirados
[editar | editar a fonte]O KOOVEE ten retirado un único número ao longo da súa historia:[27]
Nº | Xogador | Posición | Carreira | Data da retirada | Referencias |
---|---|---|---|---|---|
10 | Heino Pulli | D |
Adestradores
[editar | editar a fonte]Dende o seu debut na modalidade en 1945 pasaron polo KOOVEE un bo número de adestradores. O primeiro adestrador do equipo foi Usko Teromaa, que ocupou o posto entre 1945 e 1956. Pola súa parte, o sueco Bengt Lindqvist foi o primeiro adestrador estranxeiro do Koovee. A continuación todos os adestradores do equipo:[27]
|
|
Suomen Jääkiekkoleijonat
[editar | editar a fonte]Dende que se creou o "Salón da Fama" do hóckey sobre xeo finlandés en 1985 (os denominados Suomen Jääkiekkoleijonista ou Leóns do Hóckey sobre Xeo Finlandés en galego), 49 xogadores que defenderon a camisola de Ilves foron introducidos:[27]
# | Nome(s) | Ano de introdución | Período(s) | Referencia(s) |
---|---|---|---|---|
33 | Heino Pulli | 1985 | [28] | |
45 | Seppo Nikkilä | 1986 | [29] | |
47 | Jorma Suokko | 1986 | [30] | |
48 | Matti Reunamäki | 1986 | [28] | |
203 | Matti Rautiainen | 2009 | [28] | |
83 | Usko Teromaa | 1992 | [30] | |
191 | Anssi Koskinen | 2007 | [31] |
Categorías inferiores
[editar | editar a fonte]Un dos obxectivos do Koovee dende os seus inicios foi formar a xogadores novos. Co paso dos anos os equipos de categorías inferiores foron medrando e o primeiro éxito do club non tardou en chegar, cando en 1948 o equipo xuvenil gañou o seu primeiro campionato rexional.[2] Máis tarde chegarían máis campionatos e máis medallas a nivel nacional. En 1959 o equipo de categoría A-nuoret fíxose coa medalla de prata do campionato finlandés, e un ano despois conseguiu o subcampionato. O equipo A-nuoret tería que agardar ata 1971 para conseguir alzarse co campionato da categoría, e esa mesma década conquistou dúas pratas máis en 1975 e 1976. O Koovee proclamouse tammen campión de Finlandia nas categorías B-juniorit (1972) e E-juniorit (1967), nesta última categoría conseguiu tamén un subcampionato en 1969. Na categoría C-juniorit e club conseguiu a medalla de bronce en 1975.[27]
Palmarés
[editar | editar a fonte]Trofeos colectivos
[editar | editar a fonte]- A Kanada-malja (Copa Canadá) é entregada anualmente ao equipo vencedor dos play-offs e campión da SM-liiga. É o trofeo principal da SM-liiga. O trofeo foi doado pola comunidade finlandesa do Canadá en 1950. Koovee proclamouse campión de Finlandia nunha única ocasión cando o campionato aínda era denominado SM-sarja: 1968.[32]
- Campión: 1968.[27]
Trofeos individuais
[editar | editar a fonte]- Liiga/SM-sarja
- Trofeo Raimo Kilpiö: entregado dende 1954, antes da profesionalización da liga, ao xogador con máis deportividade. Tres xogadores gañaron o trofeo xogando no equipo:[32]
- Heino Pulli: 1964
- Matti Reunamäki: 1966
- Seppo Nurmi: 1969
- Mestis
- Trofeo Pasi Nurminen: entregado dende 2004 ao mellor porteiro da liga Mestis. Un único xogador ten gañado o trofeo xogando no equipo:[33]
- Eetu Mäkiniemi: 2020
- Xerais
- Xogador de hóckey sobre xeo do ano: entregado dende 1948 ao mellor xogador de hóckey sobre xeo de Finlandia independentemente da liga e do país no que xogue.[34] Ao longo da historia do club tan só un xogador do equipo conseguiu este recoñecemento:[2]
- Heino Pulli: 1960
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ A capacidade dos pavillóns que se indica corresponde ao número de espectadores en competicións de hóckey sobre xeo.
- Referencias
- ↑ Hirvonen, Ville (1 de xuño de 2018). "Espoon Unitedille korvaaja Mestikseen Tampereelta – plakkarissa myös SM-kulta 1968". Helsingin Uutiset (en finés). Consultado o 18 de decembro de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Lahti, Janne. "Tampereen Kilpa-Veljet (TK-V)". Koskesta voimaa (en finés). Universidade de Tampere. Consultado o 4 de maio de 2024.
- ↑ Alvalahti, Markus. "Urheiluelämä Tampereella 1918-1940". Koskesta voimaa (en finés). Universidade de Tampere. Arquivado dende o orixinal o 7 de outubro de 2022. Consultado o 4 de maio de 2024.
- ↑ Isotalo, Kimmo (28 de xuño de 2020). "Suomi-kiekon kulissipelihistoria: Kytkeytyminen politiikkaan alkoi 30-luvulla, tekojäiden rakentaminen alkoi ja sitten tulivat mesenaatit". Jatkoaika.com (en finés). Consultado o 5 de maio de 2024.
- ↑ "Historia. Vuonna 2019 pyöreitä täyteen, 90 vuotta!" (en finés). Koovee. Consultado o 19 de decembro de 2020.
- ↑ "Championnat de Finlande 1950/51" (en francés). passionhockey.com. Consultado o 19 de decembro de 2020.
- ↑ "1950-1951 REGULAR SEASON PLAYER STATS" (en inglés). EliteProspects.com. Consultado o 5 de maio de 2024.
- ↑ "Championnat de Finlande 1953/54" (en francés). passionhockey.com. Consultado o 19 de decembro de 2020.
- ↑ "Championnat de Finlande 1954/55" (en francés). passionhockey.com. Consultado o 19 de decembro de 2020.
- ↑ Seppänen, Antti (26 de outubro de 2016). "Perinnesarja, osa 4: Tapparan marssi mestariksi 1977" (en finés). Liiga.fi. Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2021. Consultado o 30 de marzo de 2020.
- ↑ "SAPKO JÄÄKIEKON SUOMEN CUPISSA" (en finés). SaPKo Hockey Oy. Consultado o 30 de marzo de 2020.
- ↑ 12,0 12,1 "Mestisjoukkueet 2020-2021". Jääkiekko kirja 2021 (en finés). Suomen Jääkiekkoliitto e Jääkiekkon SM-liiga Oy. p. 194. ISSN 0784-3321.
- ↑ "Clasificación da Suomi-sarja 2017-18" (en finés). Suomen Jääkiekkoliitto. Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2021. Consultado o 14 de decembro de 2020.
- ↑ "Play-offs da Suomi-sarja 2017-18" (en finés). Suomen Jääkiekkoliitto. Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2021. Consultado o 14 de decembro de 2020.
- ↑ "Clasificación da Mestis 2017-18" (en finés). Suomen Jääkiekkoliitto. Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2021. Consultado o 14 de decembro de 2020.
- ↑ "Promoción á Mestis 2017-18" (en finés). Suomen Jääkiekkoliitto. Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2020. Consultado o 14 de decembro de 2020.
- ↑ "Información da sección de hóckey sobre xeo no sitio web do club polideportivo Koovee" (en finés). koovee.fi. Consultado o 14 de decembro de 2020.
- ↑ Seppä, Lassi (6 de maio de 2024). "KOOVEE Hockey Oy hakeutuu konkurssiin". Jatkoaika.com (en finés). Consultado o 9 de maio de 2024.
- ↑ Teiskonlahti, Riku; Raunio, Antti (29 de abril de 2024). "Iso yllätys: Koovee ei saanut Mestis-paikkaa – ”Aikaa olisi ollut, jos olisi ollut halua ja kykyä”". Aamulehti (en finés). Consultado o 4 de maio de 2024.
- ↑ Teiskonlahti, Kirsi; Kauppinen, Liisa (2 de maio de 2024). "Nämä luvut paljastavat Kooveen karun tilanteen – Mestiksestä pois potkitun seuran johto hiljenee". Aamulehti (en finés). Consultado o 4 de maio de 2024.
- ↑ 21,0 21,1 21,2 Palomaa, Antti (6 de maio de 2024). "Mestiksessä pelanneen Kooveen taustayhtiö hakee konkurssia – pääomistaja: Koovee haluttiin pois sarjasta ja keskusteluista". Yle Urheilu (en finés). Consultado o 9 de maio de 2024.
- ↑ 22,0 22,1 22,2 Rämänen, Antti (6 de maio de 2024). "Konkurssiin hakeutuneen kiekkoseuran pomolta rajuja syytöksiä: "Päätetty isommissa kabineteissa"". MTV uutiset (en finés). Consultado o 7 de maio de 2024.
- ↑ "KOOVEE HOCKEY OY MEDIATIEDOTE" (en finés). Tampereen Koovee Hockey Oy. Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2024. Consultado o 9 de maio de 2024.
KOOVEE Hockey Oy:n hallitus on tänään päättänyt hakea yhtiön konkurssiin. Suomen jääkiekkoliiton hylättyä KOOVEE Hockey Oy:n lisenssihakemuksen yhtiön toiminnan jatkolle ei ole edellytyksiä. KOOVEE on ajanut voimakkaasti juniorisarjojen mandaattipaikkojen poistoa seka sarjajärjestelmän uudistamista oikeudenmukaisemmaksi.
KOOVEE Hockey Oy kiittää kaikkia kumppaneitaan ja kannattajiaan yhteisestä ajasta ja mukanaolosta Mestis-kausien aikana sekä toivottaa kaikille aurinkoista kevättä ja nautinnollisia hetkiä jääkiekon parissa. - ↑ "Jäähallit" (en finés). Cidade de Tampere. Consultado o 13 de decembro de 2020.
- ↑ "Koovee" (en finés). Mestis. Consultado o 13 de decembro de 2020.
- ↑ "TAMPERE ICE STADIUM (HAKAMETSÄ ICE STADIUM)" (en inglés). visittampere.fi. Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2020. Consultado o 17 de febreiro de 2020.
- ↑ 27,0 27,1 27,2 27,3 27,4 27,5 27,6 27,7 "SUOMALAISTA JÄÄKIEKKOHISTORIAA" (en finés). Koovee Hockey Oy. Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2020. Consultado o 13 de decembro de 2020.
- ↑ 28,0 28,1 28,2 "JÄÄKIEKKOLEIJONAT (P-R)" (en finés). Suomen Jääkiekkoleijonat. Consultado o 19 de decembro de 2022.
- ↑ "JÄÄKIEKKOLEIJONAT (M-O)" (en finés). Suomen Jääkiekkoleijonat. Consultado o 19 de decembro de 2022.
- ↑ 30,0 30,1 "JÄÄKIEKKOLEIJONAT (S-U)" (en finés). Suomen Jääkiekkoleijonat. Consultado o 19 de decembro de 2022.
- ↑ "JÄÄKIEKKOLEIJONAT (J-L)" (en finés). Suomen Jääkiekkoleijonat. Consultado o 19 de decembro de 2022.
- ↑ 32,0 32,1 "Palkinnot" (en finés). Liiga.fi. Consultado o 13 de decembro de 2020.
- ↑ "Pasi Nurminen -palkinto: Eetu Mäkiniemi". Mestis (en finés). 24 de marzo de 2020. Consultado o 14 de decembro de 2020.
- ↑ Mennander, Pasi (18 de xaneiro de 2018). "Tälle listalle lisättiin Pekka Rinteen nimi - Vuoden jääkiekkoilijat 1948-2017" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 10 de maio de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Koovee |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial Arquivado 15 de abril de 2020 en Wayback Machine. (en finés)
- Sitio web do equipo júnior (en finés)