Museo de Historia Natural de Tampere

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 61°30′10.85″N 23°45′37.29″L / 61.5030139, -23.7603583

Museo de Historia Natural de Tampere
Tampereen luonnontieteellinen museo
Alce disecado no Museo de Historia Natural de Tampere.
Coordenadas61°30′10.85″N 23°45′37.29″L / 61.5030139, -23.7603583
PaísFinlandia Finlandia
CidadeTampere
TipoMuseo de historia natural
Inauguración1961 (no Edificio Kaipio)
2010 (no Museokeskus Vapriikki)
editar datos en Wikidata ]

O Museo de Historia Natural de Tampere (en finés Tampereen luonnontieteellinen museo) é un museo de historia natural situado na cidade de Tampere, Finlandia. Trátase dun dos museos integrados dentro do Museokeskus Vapriikki (Centro Museístico Vapriikki) e presenta a natureza e os animais da rexión de Pirkanmaa e Finlandia.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

Antes da súa apertura existían na cidade exposicións temporais de natureza local. En 1961 o museo abriu no Edificio Kaipio, un edificio localizado onde na actualidade se encontra a Biblioteca Principal de Tampere "Metso". Dende aló foi trasladado á planta baixa de Metso, onde operou ata 1995. Despois disto todo o seu contido permaneceu almacenado ata que en 2010 recibiu un novo espazo en Vapriikki.[2][3]

Colección[editar | editar a fonte]

Os fondos da colección do museo conta cunhas 258 000 mostras que se teñen ido acumulando ao longo duns 100 anos, sendo as máis antigas mostras vexetais que acadaron os 150 anos. Con todo, o museo non recolecta activamente, nin garda ou compra coleccións senón que ten nacido e crecido mediante doazóns, e son empregadas principalmente para investigación científica, proxectos de arte e ensino.[1]

A colección conta tamén con mostras de animais exóticos que pertenceron ao zoolóxico de Tampere, pechado en 1972. O museo ten ademais a colección de ás de pasar máis grande de Finlandia, así como algunhas pezas estrañas como un gato de 22 dedos.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Kokoelmat" (en finés). Museokeskus Vapriikki. Consultado o 28 de xaneiro de 2021. 
  2. Pesonen, Heidi (6 de decembro de 2010). "15 vuotta laatikossa asuneet eläimet saavat uuden kodin". Aamulehti (en finés). Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2010. Consultado o 28 de xaneiro de 2021. 
  3. "History" (en inglés). Museokeskus Vapriikki. Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2016. Consultado o 28 de xaneiro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]