Saltar ao contido

Laukontori

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Laukontori
Tampere Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Localización
 Situado en
 Localización
Nalkala (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Coordenadas
Wikidata C:Commons

Laukontori, tamén chamada Alaranta de Tampere, é unha praza situada na parte sur do centro de Tampere á beira do lago Pyhäjärvi, a poucos metros da Praza Central da cidade. O extremo sur da praza funciona como porto, dende onde no verán saen barcos a Viikinsaari e Hämeenlinna.

Laukontori recibe o seu nome do primeiro barco de vapor que navegou polo lago Pyhäjärvi, o Laukko, un vapor de rodas construído en 1859, mais despezado en 1864. O barco foi tan significativo, que a xente comezou empregar o nome Laukon tori ou praza, en cuxo extremo atracaba o Laukko. O mesmo lugar foi empregado posteriormente por un segundo vapor chamado igualmente Laukko.