Saimaan Pallo
| Saimaan Pallo | |
|---|---|
| Fundación | 1948 |
| Cidade | |
| Estadio | Kisapuisto (4.847 espectadores) |
| Liga | Liiga |
| Campionatos | 0 |
| Propietario(s) | Jouni Okko (Okimar Invest Oy) 22,6 % Timo Tersa (T.T. Rauta Oy) 22,6 % SaiPa ry 15,0 % Kari Koskimies 14,2 % Tuomo Räsänen 14,2 % Jussi Markkanen 8,5 % Timo Tikkinen 2,9 % [1] |
| Director | |
| Adestrador | |
| Afiliado(s) | Jukurit (Mestis) |
| Cores | Amarelo e negro |
![]() | |
| Na rede | |
| https://saipa.fi/ | |
O Saimaan Pallo ou SaiPa é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Lappeenranta (Finlandia). Actualmente compite na SM-liiga, a máxima categoría do hóckey sobre xeo finés. Xoga os seus partidos como local no Kisapuisto, un pavillón con capacidade para 4.847 espectadores.
Historia
[editar | editar a fonte]O SaiPa foi fundado en 1948. O mellor resultado do equipo foi na tempada 1965-66, cando gañou a medalla de bronce ao finalizar terceiro. Na tempada 1995-96 SaiPa, logo de vencer a Forssan FoPS (3-1) na primeira rolda dos play-offs de ascenso ascendeu, conseguiu o ascenso á SM-liiga logo de derrotar na final ao colista da máxima categoría, o TuTo, por 3-0.[2]
SaiPa tamén xogou un partido pola medalla de bronce na tempada 1998-99, mais perdeu fronte ao HPK por 7-2.
Xogadores
[editar | editar a fonte]Capitáns do equipo
[editar | editar a fonte]Ao longo da súa historia un total de 29 xogadores ocuparon o posto de capitán do equipo, o primeiro xogador en ser nomeado para o posto foi Vilho Pekkonen na tempada 1959-60. O xogador que máis tempadas ocupou o posto de capitán foi Ville Koho, que liderou ao equipo dende a tempada 2007-08 e seguía á fronte do mesmo na 2018-19. Os diferentes xogadores que teñen sido capitáns do equipo ao longo da súa historia son:[3]
|
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Números retirados
[editar | editar a fonte]SaiPa ten retirado tres números en honor a tres xogadores que destacaron vestindo as cores do equipo. Os dous primeiros dorsais que foron retirados foron os números 3 e 9 de Lalli Partinen e Petri Skriko respectivamente, o 14 de novembro de 1998, con motivo do 50 aniversario do equipo, menores que o número 20 de Heikki Mälkiä foi retirado o 3 de Janeiro de 2009.[4]
| Nº | Xogador | Carreira | Ref. |
|---|---|---|---|
| 3 | Lalli Partinen | 1959-1969 | [5] |
| 8 | Ville Koho | 2001-2020 | [6] |
| 9 | Petri Skriko | 1979-1984 | [7] |
| 20 | Heikki Mälkiä | 1975-1986 1988-1992 | [8] |
Adestradores
[editar | editar a fonte]
|
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Palmarés
[editar | editar a fonte]Trofeos colectivos
[editar | editar a fonte]- SM-liiga
- * A Kanada-malja (Copa Canadá) é entregada anualmente ao equipo vencedor dos play-offs e campión da SM-liiga. É o trofeo principal da SM-liiga. O trofeo foi doado pola comunidade finlandesa do Canadá en 1950. O SaiPa nunca gañou o trofeo.
- 1 medallas de prata como segundo clasificado dos play-offs: 2025
- 1 medalla de bronce como terceiro clasificado dos play-offs: 1966
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Comezou a metade da tempada.
- Referencias
- ↑ "Liiga-SaiPa Oy". Arquivado dende o orixinal o 03 de xullo de 2022. Consultado o 11 de xuño de 2012.
- ↑ Seppänen, Antti (9 de marzo de 2017). "Perinnesarja, osa 23: Jokerit jyräsi mestaruuteen keväällä 1996" (en finés). Liiga.fi. Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2020. Consultado o 24 de marzo de 2020.
- ↑ "Kapteenit" (en finés). saipa.fi. Consultado o 15 de abril de 2025.
- ↑ "Jäädytetyt numerot" (en finés). saipa.fi. Consultado o 15 de abril de 2025.
- ↑ "Lalli Partinen" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 7 de marzo de 2019.
- ↑ "Ville Koho" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 15 de abril de 2025.
- ↑ "Petri Skriko" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 7 de marzo de 2019.
- ↑ "Heikki Mälkiä" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 7 de marzo de 2019.
