Näsilinna

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 61°29′49.4″N 23°45′38.1″L / 61.497056, -23.760583

Näsilinna
Tampere - Näsilinna - panoramio.jpg
Näsilinna en setembro de 2015.
Edificio
EstiloNeobarroco
LocalizaciónNäsinpuisto
Tampere (Finlandia)
Coordenadas61°30′15″N 23°45′12″L / 61.50417, -23.75333
Uso(s)Museo Milavida e Café Milavida
Remate1898
Dimensións
Superficie1 192
Plantas3
Equipo
Arquitecto(s)Karl August Wrede
editar datos en Wikidata ]
Näsilinna en outono de 2013.
O edificio danado na guerra civil.
Interior de Näsilinna.

Näsilinna é un palacio neobarroco situado no parque de Näsinpuisto en Tampere, Finlandia. Foi construído por Wilhelm von Nottbeck, fillo de Peter von Nottbeck. Finalizado en 1898, o seu nome orixinal era Milavida. O edificio foi deseñado polo arquitecto Karl August Wrede.[1] Descoñécese o significado e a historia do nome Milavida.[2]

Traxedia familiar[editar | editar a fonte]

O Milavida, onde vivía a familia Nottbeck, era unha vila de madeira ao lado de Näsikallion. Con todo, non toda a familia chegou vivir no novo Milavida;[1] só os nenos viviron alí un par de anos co servizo.[2] A muller de Peteri, Olga von Nottbeck, morreu cando estaba a dar a luz a xemelos en outubro de 1898 en Baden-Baden, e medio ano despois o propio Peter morreu nunha cirurxía de colon nun hospital de París. Os nenos quedaron baixo a titela de Edvard von Nottbeck, e en 1905 vendeu o palacio á cidade de Tampere.[1].

Näsilinna[editar | editar a fonte]

A cidade mudou o nome do palacio a Näsilinna, e en 1908 abriu o museo de Häme, dirixido por Gabriel Engberg. Engberg tamén viviu en Näsilinna.[3] Durante a guerra civil finlandesa a principios do ano 1918, o hospital da Cruz Vermella e a base vermella operaron no edificio,[4] qe sufriu graves danos durante a guerra.[1] Durante a batalla de Tampere Näsilinna mudou de mans tres veces entre os días 3 e 4 de abril.[5] O edificio recibiu en torno a 4 000 disparon. Na segnda guerra mundial o palacio acolleu pola forza antiaérea xunto con gardas da liña férrea Tampere-Pori.[6]

O museo de Häme operou no palacio entre 1908 e 1997. A partir de 1998 o edificio permaneceu pechado durante 17 anos en espera dunha renovación.[6][2]

Näsilinna foi restaurado entre 2013 e 2015. O custo total do proxecto ascendeu a cinco millóns de Euros.[7] As estancias do primeiro andar foron devoltas ao estilo orixinal dos von Nottbeckin e incluíse un restarante, unha cafetería e unha recepción para o museo. No segundo andar mantívose a división da década de 1950 e agora acolle o Museo Milavida.[8]

Museo Milavida[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Museo Milavida.

O Museo Milavida é un museo fundado en 2015 en Näsilinna que presenta dúas exhibicións que van cambiando a diferentes ritmos. As coleccións adoitan realizarse con coleccións propias dos museos de Tampere, e presentan a historia de Näsilinna, a familia von Nottbeck e o museo de Häme.[9]

O Milavida orixinal[editar | editar a fonte]

A Milavida orixinal foi construído en 1860 por Wilhelm von Nottbeck e era unha villa de madeira e estaba situada en Näsipuisto ao final da actual rúa Näsijarvi (en finés Näsijärvenkatu). Converteuse en propiedade da cidade de Tampere en 1905, cando foi arrendada a un comerciante que abriu alí un restaurante e unha hospedería en 1906. A villa foi gravemente danada por un incendio en 1913 e foi demolida. O único que queda é unha adega subterránea de 35 metros cadeados e dúas habitacións unha entrada de ladrillo vermello ornamentada. A adega é un dos Adoptoi monumentti Tampere e foi restaurado en 2016. Abriu as súas portas en verán de 2017 Alkuperäinen Milavida oli vuonna 1860 valmistunut Wilhelm von Nottbeckin rakennuttama puuhuvila, joka sijaitsi Näsipuistossa nykyisen Huvilasta on jäljellä enää kaksihuoneinen 35 neliömetrin kokoinen maakellari, jonka sisäänkäynti on rakennettu koristeellisesti punatiilestä. Maakellari on yksi Tampereen Adoptoi monumentti -kohteista, ja se kunnostettiin vuonna 2016. Kunnostetun kellarin avajaiset ovat kesällä 2017.[10]

Na cultura popular[editar | editar a fonte]

O filme de Claes Olsson de 2012 Taistelu Näsilinnasta 1918 trata sobre a loita por Näsilinn durante a batalla de Tampere na guerra civil finlandesa de 1918.[11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Sainio, Sari (24 de xuño de 2011). "Onnettomien tarinoiden palatsi". Aamulehti (en finés). p. A13. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Leinonen, Liisa (15 de Janeiro de 2015). "Näsilinnasta kuoriutuu pressujen alta Museo Milavida" (en finés). =Yle. Consultado o 27 de febreiro de 2021. 
  3. Gabriel Engberg – Näköala vuorelta. Niinivaara Seppo, Tampereen taideyhdistys 1988
  4. "Milavida" (en finés). Museo Milavida. Consultado o 27 de febreiro de 2021. 
  5. Suodenjoki, Sami. "Valkoinen valta Tampereelle" (en finés). Koskesta voimaa. Consultado o 27 de febreiro de 2021. 
  6. 6,0 6,1 Heinänen, Liisa (1 de marzo de 2013). "Näsilinnaan palaa Tampereen yläluokan ylellinen ympäristö". Aamulehti (en finés). p. A05. 
  7. Matson-Mäkelä, Kirsi; Vesanummi, Mari (2 de marzo de 2014). "Vanhan arvotalon remontissa historia löytyy seinistä ja lattioista". Ylen uutiset (en finés). Consultado o 27 de febreiro de 2021. 
  8. Airo, Tatu (13 de novembro de 2013). "Tällainen Tampereen Näsilinnasta tulee". Aamulehti (en finés). p. A08. 
  9. "Tampereen kaupunki". Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2016. Consultado o 27 de febreiro de 2021. 
  10. Vasara, Päivi (6 de xuño de 2017). "Milavidan kellariin ei enää valu vesi sisään". Aamulehti, Moro (en finés). pp. 12–13. 
  11. "Taistelu Näsilinnasta 1918 (2012)" (en inglés). IMDb. Consultado o 27 de febreiro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]