Saltar ao contido

Kärpät Naiset

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Oulun Kärpät Naiset
Fundación1990
Cidade Oulu,
Ostrobotnia do Norte
Finlandia Finlandia
EstadioOulun Energia Areena
(6.614 espectadores)
LigaNaisten Liiga
Campionatos3 (2012, 2017, 2018)
Propietario(s)Oulun Kärpät 46 RY
DirectorFinlandia Saija Tarkki
AdestradorFinlandia Sanna Lankosaari
Afiliado(s)Kärpät Akatemia (Naisten Mestis)
CoresAmarelo, negro e branco
                 
Na rede
https://www.oulunkarpat46.fi/joukkueet/5010 e https://www.karpatnaiset.fi/
Facebook: oulunkarpatnaiset Twitter: KarpatNaiset Instagram: karpatnaiset Editar o valor en Wikidata

O Kärpät Naiset, ou simplemente Kärpät, é un equipo feminino de hóckey sobre xeo da cidade de Oulu (Finlandia). Actualmente compite na Naisten Liiga, a máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés.

Foi fundado a principios da década de 1990, e na tempada 1994-95 debutou na máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino de Finlandia.[1] Con tres campionatos, conquistados nas tempadas 2011-12, 2016-17 e 2017-18, sete medallas de prata e outras sete de bronce, Kärpät é un dos equipos femininos máis exitosos do país.

A práctica do hóckey sobre xeo en categoría feminina en Kärpät comezou na tempada 1990-91, cando anunciou que crearía un equipo de nenas e comezou a procura de xogadoras. Inicialmente o equipo xogou na liga distrital de nenos.[2]

Na tempada 1992-93 participou por primeira vez na liga, xogando no grupo tres da I-divisioona xunto co SoPan, Te-Kin, KaTen, PaKan, EtPon e KeKin. As achegas de Anne Haapalainen (14+5=19), Annakaisa Pahkala (10+8=18) e Sari Räisänen (5+2=7) axudaron ao equipo a finalizar a liga na terceira posición.[3]

Non foi ata a tempada 1994-95 cando o equipo debutou na máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino de Finlandia, daquela denominada Naisten SM-sarja. Na súa primeira tempada entre os mellores equipos do país nórdico salientaron Katja Riipi, Sanna Lankosaari e Niina Siren.[3]

Artigo principal: Oulun jäähalli.
O Oulun Energia Areena.

As Kärpät, como o equipo masculino do club, xogan os seus partidos como locais no Oulun Energia Areena, situado no Centro Deportivo de Raksila, no distrito homónimo da cidade de Oulu. O estadio foi construído en 1975, aínda que experimentou varias reformas nos anos 1988, 1994 e 2004.[4][5] O Oulun Energia Areena ten capacidade para 6 050 persoas, das cales 4 301 localidades son sentadas, 1 749 localidades son de pé e outras como zonas para persoas discapacitadas, e conta con 12 palcos.[6][4] En 2006, o principal arrendatario da sala, o equipo masculino dos Kärpät, nomeou o estadio "Oulun Energia Areena". O cambio de nome foi posible grazas a unha resolución da cidade en 2003, pola cal os principais arrendatarios da sala podían vender o nome do local.[7]

Personalidades

[editar | editar a fonte]

Xogadoras

[editar | editar a fonte]

Cadro actual

[editar | editar a fonte]

Actualizado a 14 de febreiro de 2024.[8]

# Nac Xogador/a Posición[nota 1] S/G[nota 2] Idade Adquirido/a Lugar de nacemento
1 Finlandia Piekkari, EmiliaEmilia Piekkari G E (17 anos) Keminmaa, Finlandia
39 Finlandia Asikainen, KatiKati Asikainen G (27 anos) Oulu, Finlandia
4 Finlandia Antinmäki, LilliLilli Antinmäki D E (26 anos) Kauhava, Finlandia
8 Finlandia Hämälainen, OonaOona Hämälainen D (16 anos)
16 Finlandia Kaijankoski, AinoAino Kaijankoski (C) D E (24 anos) Siikajoki, Finlandia
17 Finlandia Kylmäaho, AlisaAlisa Kylmäaho D E (26 anos)
19 Finlandia Siermala, EeviEevi Siermala D (20 anos)
45 Finlandia Heikonen, IidaIida Heikonen D E (23 anos) Oulu, Finlandia
81 Finlandia Pitkänen, VeeraVeera Pitkänen D E (20 anos)
7 Finlandia Wäänänen, SariSari Wäänänen (A) F E (31 anos) Ylikiiminki, Finlandia
13 Finlandia Hautala, EerikaEerika Hautala F E (20 anos)
18 Finlandia Puusaari, EssiEssi Puusaari F E (20 anos) Liminka, Finlandia
21 Finlandia Pinola, OliviaOlivia Pinola F D (18 anos)
22 Finlandia Havana, OonaOona Havana F D (20 anos) Turku, Finlandia
23 Finlandia Korkiakoski, MatleenaMatleena Korkiakoski F E (20 anos) Oulu, Finlandia
25 Finlandia Tukiainen, NooraNoora Tukiainen F E (25 anos) Lapinlahti, Finlandia
26 Finlandia Korpi-Halkola, InnaInna Korpi-Halkola F E (18 anos)
27 Finlandia Ylitalo, JasmineJasmine Ylitalo (A) F E (23 anos)
28 Finlandia Tukiainen, MinttuMinttu Tukiainen F E (18 anos)
34 Finlandia Hulanmäki, JasminJasmin Hulanmäki F E (29 anos) Pyhäjoki, Finlandia
36 Finlandia Ekoluoma, EmmaEmma Ekoluoma F E (18 anos) Raahe, Francia
42 Finlandia Puusaari, EmmiEmmi Puusaari F E (18 anos) Liminka, Finlandia
43 Finlandia Niemi, MelinaMelina Niemi F E (24 anos)
58 República Checa Skorepova, KarolinaKarolina Skorepova F E (18 anos) Praga, República Checa
64 Finlandia Rauhala, HeliHeli Rauhala F E (21 anos) Kittilä, Finlandia
64 Finlandia Antti-Roiko, Anna-KaisaAnna-Kaisa Antti-Roiko F E (20 anos) Oulu, Finlandia


Números retirados

[editar | editar a fonte]

O 23 de novembro de 2024 Saija Tarkki converteuse na primeira muller en ser retirado o seu número das Kärpät Naiset, recoñecendo deste xeito os máis de 20 anos de carreira da xogadora nada en Oulu, cuxo número 20 pasou a pendurar do teito do Oulun Energia Areena. Con motivo da retirada do seu número, o club de Oulu organizou unha xornada de homenaxe á xogadora que comezou xa pola mañá coa cerimonia de retirada, á cal seguiu o partido da Auroraliiga ente as Kärpät e o Ilves, e pechouse co enfrontamento da liga masculina entre o equipo local e o HPK.[9][10]

Números retirados das Kärpät Naiset
Xogador Posición Carreira Referencias
20 Saija Tarkki F 1997-2010
2011-2019
[11]

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Trofeos colectivos

[editar | editar a fonte]
A Aurora Borealis Malja.
SM-sarja/Naisten liiga
  • A Aurora Borealis Malja (Copa Aurora Boreal) é entregada anualmente ao equipo vencedor dos play-offs e campión da Naisten Liiga. É o trofeo principal da competición. Kärpät Naiset gañou un total de tres veces o trofeo: 2012, 2017 e 2018.[12]
    • 7 medallas de prata como segundo clasificado dos play-offs: 1996, 1998, 2000, 2001, 2003, 2006 e 2007.[12]
    • 6 medallas de bronce como terceiro clasificado dos play-offs: 2002, 2004, 2005, 2008, 2011, 2013, 2019 e 2022.[12]
IIHF European Women's Champions Cup
  1. As posicións aparecen coas súas abreviaturas en inglés:
    *G: Goalie (porteiro)
    *C: Center (central)
    *W: Winger (Aleiro -dereito sinalado con "R" e esquerdo sinalado con "L"-)
    *D: Defenceman (defensa).
  2. As abreviaturas "S" e "G" fan referencia á man que o xogador emprega para golpear o puck (en galego, disco) co stick (S) (en galego, pau de hockey) ou a que empregan os porteiros para collelo coa garda (G).
Referencias
  1. "Historia" (en finés). oulunkarpat46.fi. Consultado o 23 de setembro de 2020. 
  2. "HISTORIA" (en finés). Kärpät Naiset. Consultado o 9 de xullo de 2022. 
  3. 3,0 3,1 "Kärpät" (en finés). Leijonat.fi. 6 de febreiro de 2023. Consultado o 9 de xuño de 2023. 
  4. 4,0 4,1 "Oulun jäähalli" (en finés). Cidade de Oulu. Consultado o 5 de marzo de 2024. 
  5. "OULUN KÄRPÄT" (en finés). junnut.com. Arquivado dende o orixinal o 17 de decembro de 2004. Consultado o 5 de marzo de 2024. 
  6. "Oulun Energia Areena" (en finés). karpat.fi. Consultado o 5 de marzo de 2024. 
  7. Kaleva 13 de setembro de 2006, p. 5 (en finés)
  8. "KOKOONPANO Kärpät" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 14 de febreiro de 2024. 
  9. "#20 Saijan päivä!" (en finés). Kärpät Naiset. Consultado o 29 de novembro de 2024.  Texto "25 de outubro de 2024 " ignorado (Axuda)
  10. Seppä, Lassi (23 de novembro de 2024). "OULULAISTA HISTORIAA TEKEVÄ SAIJA TARKKI KASVOI KÄRPPÄURANSA AIKANA TEINITYTÖSTÄ PERHEENÄIDIKSI". Jatkoaika.com (en finés). Consultado o 29 de novembro de 2024. 
  11. "Saija Tarkki" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 29 de novembro de 2024. 
  12. 12,0 12,1 12,2 "Eniten mitaleita Naisten Liigassa" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 5 de marzo de 2024. 
  13. Mujunen, Johanna (25 de febreiro de 2013). "Kärppien Helin: "Haastoimme hyvin Euroopan parhaan naisjoukkueen"" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 5 de marzo de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]