Saltar ao contido

Igrexa vella de Messukylä

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Igrexa vella de Messukylä

Tipoigrexa e edificio Editar o valor en Wikidata
EpónimoArcanxo Miguel Editar o valor en Wikidata
Estiloarquitectura gótica Editar o valor en Wikidata
Material usadopedra de campo Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
DioceseDiocese of Tampere (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Propietario/aUnión Parroquial de Tampere Editar o valor en Wikidata
Datas
Fundaciónséculo XVI Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 61°29′05″N 23°50′32″L / 61.48483, 23.84222
EstadoFinlandia
Axencia RexionalAxencia administrativa da rexión finesa central e occidental
RexiónPirkanmaa
ConcelloTampere Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónMessukylä Editar o valor en Wikidata
RúaKivikirkontie (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EnderezoKivikirkontie 2, 33700 Tampere e Kivikirkontie 2 Editar o valor en Wikidata
Altitude95 m Editar o valor en Wikidata
Patrimonio cultural
Igrexa protexida

Edificio protexido por un plan urbanístico
Contacto
Páxina WEBtampereenseurakunnat.fi… Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]

A igrexa vella de Messukylä (en finés Messukylän vanha kirkko) é un templo evanxélico luterano da cidade de Tampere, Finlandia. Está situada no distrito de Messukylä, ao leste do centro da cidade. Construído na súa meirante parte no século XVI, trátase do edificio máis antigo de Tampere.[1]

Se ben os estudos revelan que a igrexa actual foi construída en torno aos anos 1510 e 1530, as imaxes de santos de madeira conservadas no seu interior datan dos anos 1430 e 1440, polo que se pensa que no mesmo lugar puido existir unha igrexa de madeira case cen anos antes da construción da igrexa de pedra.[2]

A igrexa conserva cinco esculturas de madeira, se ben unha delas adicada á Virxe María está exposta no Museo Nacional de Finlandia en Helsinqui. As outras catro esculturas encóntranse no templo e representan ao Arcanxo Miguel, patrón da igrexa, e as outras dúas pénsase que poderían representar a Santo Olavo e ao apóstolo Santiago.[3]

Interior da igrexa vella de Messukylä.

Dende a súa construción a igrexa foi obxecto de numerosas modificacións. A finais do século XVIII, entre outras reformas, construíuse un novo vestíbulo para a igrexa e eleváronse os muros. As paredes do interior estaban decoradas con murais que máis tarde foron tapados con cal, polo que tan só uns poucos restos restaurados na década de 1950 son visibles na actualidade.[2]

Foi abandonada logo da construción da igrexa nova de Messukylä en 1879, e o edificio empregouse como almacén de gran.[2] Posteriormente, durante a batalla de Tampere en 1928 foi empregada como corte.[3] Non foi ata a súa restauración en 1958 cando se viu o valor do templo.[2]

A igrexa só está aberta para eventos no verán ao carecer de calefacción.[2]

No verán de 2020 realizáronse obras de restauración da pedra da fachada da igrexa.[4]

Características

[editar | editar a fonte]

A igrexa presenta as características típicas das igrexas medievais de pedra finlandesas e a súa data aproximada de construción deduciuse polo método de construción empregado, aínda que o ano exacto é descoñecido. Nun costado da igrexa de madeira construíuse no século XV unha sancristía que aínda permanece en pé.[2]

O chan da igrexa foi empregado para enterramentos, como adoitaba facerse nas igrexas medievais. O último enterro no interior da igrexa data do século XVIII, e o cemiterio que a rodea foi empregado ata 1860.[2]

  1. "Old Church of Messukylä" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2020. Consultado o 11 de febreiro de 2021. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 "Messukylän vanha kirkko - Tampereen seurakuntayhtymä". tampereenseurakunnat.fi. Consultado o 2024-02-13. 
  3. 3,0 3,1 "MESSUKYLÄN VANHA KIRKKO" (en finés). ekumenia.fi. Consultado o 11 de febreiro de 2021. 
  4. Rakkola, Venla. "Tampereen vanhin rakennus on nyt remontissa – keskiajalla rakennetun kirkon kunnostus vaatii erityistä varovaisuutta". Aamulehti (en finés). Consultado o 11 de febreiro de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]