Saltar ao contido

Särkänniemi

Särkänniemi
Tampere Editar o valor en Wikidata
Imaxe
(2015)
 Instancia de
 Lista do elemento
Implicados
 Propietario/a
Datas
 Fundación / creación
1 de maio de 1975 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Localización
 Enderezo
Laiturikatu 1 Editar o valor en Wikidata
 Bañado por
 Situado na entidade xeográfica
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Códigos e identificadores
Freebase/m/0262tv Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: Sarkanniemi Instagram: sarkanniemi Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Särkänniemi é un parque de atraccións da cidade de Tampere, Finlandia. Särkänniemi ten cinco espazos diferenciados: o parque de atraccións, un acuario, a Näsinneula, un planetario e Koiramäki. Dentro do espazo do parque de atraccións inaugurouse no verán de 2012 o espazo Angry Birds Land e un ano despois Koiramäki. No complexo existen numerosos restaurantes como o restaurante panorámico de Näsinneula. En 2019 tivo un total de 623 000 visitantes durante a tempada de verán, e 681 000 en todo o ano.[1] Särkänniemi ten ao redor de 500 traballadores ocasionais e 100 traballadores máis fixos.[2]

O acuario e planetario de Särkänniemi en 1969.

Särkänniemi está localizado nun cabo no lago Näsijärvi no que anteriormente se encontraba unha pequena zona industrial que contaba, entre outras, cun serradoiro e uns talleres navais.[3]

A idea de construír un parque de atraccións en Tampere remóntase ao mes de agosto de 1959 cando a Lasten Päivän Säätiö, a fundación que dirixe Linnanmäki, dirixiuse á cidade de Tampere, xa que adquirira varias atraccións e quería expandirse á cidade. A idea foi ben recibida polos dirixentes de Tampere e creouse un comité que, entre outras cousas, viaxou por diferentes parques de atraccións de todo o mundo procurando ideas e vendo as posibles necesidades que tería o futuro parque.[4] Axiña concretouse a localización do parque en Ratinanniemi, e en 1962 creouse a sociedade Ratinanpuisto Oy para prepararlo. A localización en Ratinanniemi seguiu presente durante moito tempo dada a localización remota de Särkänniemi, mais finalmente considerouse que a area de Ratinanniemi era demasiado pequena.[5][4]

Os primeiros edificios de Särkänniemi foron o acuario e o planetario, que abriron as súas portas o 25 de abril de 1969. A idea do planetario naceu dun grupo de tomadores de decisións de Tampere durante a súa viaxe a América na década de 1960. Presentóuselle a idea ao daquela alcalde Erkki Lindfors, quen como afeccionado á astronomía aceptou a idea, mentres que o impulsor do acuario tería sido o administrador adxunto da cidade Sampo Toni, que era era afeccionado á pesca.[5][6][4] Durante a primeira semana da visitaron o acuario-planetario unhas 16 000 persoas a pesar do elevado prezo da entrada na época, fixado en 2,50 marcos finlandeses.[4]

En 1965, logo da visita de Lindfors a Kuopio, onde se construíra a Torre Puijo, unha torre de observación con restaurante, tomou a idea e axiña se creou un comité en Tampere para planificar a súa propia torre de observación que fora canto menos 10 metros máis alta que a torre de Kuopio. En 1966 naceu Tampereen Särkänniemi.[5][6]

Na zona a cidade de Tampere construíu Näsinneula, que se converteu en símbolo da cidade e que foi inaugurada o 1 de maio de 1971. Ao mesmo tempo planeouse un parque de atraccións para a cidade.[5]

O 1 de maio de 1975 inaugurouse o parque de atraccións, pasaran de seis anos da inauguración do acuario e do planetario, e 16 dende a creación do comité de partes que atraccións.[4]

Parque de atraccións

[editar | editar a fonte]

O parque de atraccións foi inaugurado en 1975.[7]

Kärsänniemi

[editar | editar a fonte]

Koiramäki

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Koiramäki.

Acuario e planetario

[editar | editar a fonte]

O edificio do acuario e o planetario foi a primeira estrutura que se construíu en Särkänniemi, sendo ambos inaugurados o 25 de abril de 1969. Xunto con Näsinneula son os únicos espazos do complexo abertos durante todo o ano.[3] O acuario consta de dous niveis e o andar inferior só é accesible por unhas escaleiras.[8]

Inicialmente o acuario contaba con focas e leóns mariños nunha piscina ao aire libre de acceso gratuíto. Os animais foron morrendo progresivamente ata que en 1999 decidiuse sacrificar a última foca, de 31 anos, que se encontraba enferma.[9]

Näsinneula

[editar | editar a fonte]
Näsinneula.
Artigo principal: Näsinneula.

A torre de observación á beira do lago Näsijärvi que foi inaugurada o 28 de abril de 1971. Näsinneula é o edificio máis alto de Finlandia cunha altura total de 168 metros contando a súa antenas, mentres que a altura do teito da construción e de 134,5 metros. Dende que en 2018 a Torre Kaknäs de Estocolmo pechou as súas portas ao público é tamén a maior torre de observación dos países nórdicos. No alto da torre existe un restaurante xiratorio con vistas á cidade. A torre é considerada un dos símbolos da cidade de Tampere.

  1. "Särkänniemi yrityksenä" (en finés). sarkanniemi.fi. Consultado o 17 de agosto de 2020.
  2. "Finland's amusement parks face massive losses due to coronavirus" (en inglés). Yle.fi. 14 de abril de 2020. Consultado o 17 de agosto de 2020.
  3. 1 2 Zitting, Marianne; Pesonen, Heidi (6 de abril de 2019). "Kuvat näyttävät Särkänniemen muutoksen: Näin entisestä teollisuusalueesta tuli 50 vuodessa suosittu huvipuisto". Aamulehti (en finés). Consultado o 30 de xuño de 2023.
  4. 1 2 3 4 5 Mäkinen, Petteri (9 de xuño de 2019). "Ufo Näsijärven rannassa? Vai sittenkin moskeija? – 50 vuotta täyttävän Särkänniemen syntyhistoriassa riittää hurjia suunnitelmia ja vikkeliä käänteitä". Tamperelainen (en finés). Consultado o 22 de setembro de 2023.
  5. 1 2 3 4 Satola, Jenni (15 de abril de 2009). "Särkän moskeija veti uteliasta kansaa". Tamperelainen (en finés). p. 6.
  6. 1 2 Louhivaara, Maija (1999). Tampereen kadunnimet (en finés). Tampere: Tampereen museoiden julkaisuja. p. 74.
  7. Zitting, Marianne (5 de abril de 2019). "Särkänniemi 50 vuotta - katso kuvakooste suosikkikohteen vuosikymmenten varrelta!". Iltalehti  (en finés). Consultado o 30 de xuño de 2023.
  8. "AKVAARIO" (en finés). Särkänniemi.fi. Consultado o 30 de xuño de 2023.
  9. "Särkänniemen hylkeillä oli tuhansia ystäviä". Yle Uutiset (en finés). 19 de outubro de 2009. Consultado o 30 de xuño de 2023.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]