Pelicans Lahti
| Pelicans | |
|---|---|
| Fundación | 1945 |
| Cidade | |
| Estadio | Isku Areena (5 371 persoas) |
| Liga | Liiga |
| Campionatos | 0 |
| Propietario(s) | |
| Director | |
| Adestrador | |
| Afiliado(s) | Peliitat (Mestis) |
| Cores | Azul, negro, branco e amarelo |
| Na rede | |
| http://www.pelicans.fi/ | |
O Pelicans Lahti é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Lahti (Finlandia). Actualmente compite na máxima categoría do hóckey sobre xeo finés, a SM-liiga. Un dos seus propietarios é o ex-porteiro da NHL Pasi Nurminen. Xoga os seus partidos como local no Isku Areena de Lahti, un pavillón con capacidade para 5 371 persoas.
Historia
[editar | editar a fonte]Antecedentes
[editar | editar a fonte]En 1891 fundouse o Viipurin Reipas na localidade de Viipuri (actual Vyborg, en Rusia), e en 1928 proclámase campión da primeira edición da máxima competición do hóckey sobre xeo en Finlandia, a SM-sarja.[1] Logo da segunda guerra mundial incluíndo a Guerra de continuación, que enfrontou á URSS e a Finlandia, Vyborg foi cedida á URSS e o club trasladouse a Lahti, convertendose no Lahden Reipas. En 1975, creouse a SM-liiga e o Kiekkoreipas, équipo de hockey sobre xeo do club polideportivo Lahden Reipas debutou na segunda división finesa, a 1.Divisioona. En 1989, o nome do club cambiou a Hockey Reipas.
O Reipas Lahti fundouse en primavera de 1992 polo editor Kari Naskinen trala quiebra do Kiekkoreipas. Na súa primeira tempada na máxima categoría 1992-93, o equipo finalizou na 12ª e última posición, mais gañou a fase de promoción e mantívose na elite do hóckey sobre xeo finés. Na tempada seguinte, o Reipas Lahti finalizou novamente na derradeira posición da clasificación, así como na cuarta e última posición da fase de promoción, polo que descendeu á 1.Divisioona.
Pelicans Lahti
[editar | editar a fonte]En 1996, o club foi renomeado Pelicans.[1] Na tempada 1998-99, logo de finalizar no segundo posto a 1.Divisoona, o equipo disputou a promoción de ascenso á SM-liiga, batendo sucesívamente a Kokkolan Hermes, Vaasan Sport e KalPa para retornar á máxima categoría. Na tempada 1999-00, no seu retorno á SM-liiga, o equipo finalizou novamente na 12ª e última posición con tan só oito partidos gañados dun total de 54 disputados. Novamente, os Pelicans víronse obrigados a disputar a promoción fronte ao mellor equipo da 1.Divisioona, o Kärpät. A pesar de perder a promoción, os Pelicans beneficiáronse do troco na estrutura da liga, que pasou de 12 a 13 equipos, polo que se mantiveron na elite finesa.
Na tempada 2000-01, o equipo clasificouse por primeira vez na súa historia para os playoffs logo de finalizar na sétima posición a liga regular; a tempada seguinte, os Pelicans finalizaron na 5ª posición e clasificáronse novamente para os playoffs. Mais logo destas dúas tempadas, volveron completar varias malas tempadas que os levaron a finalizar na 12ª posición na tempada 2002-03, na 13ª na tempada 2003-04, novamente na 13ª na tempada 2004-05, e novamente na 12º na tempada 2005-06. A SM-liiga converteuse nunha liga pechada na tempada 2000-01, polo que os Pelicans se mantiveron na elite sen disputar a promoción en 2004 ee 2005 a pesar da súa derradeira posición na liga.
Entre o 2007 e o 2009, o equipo clasificouse para os playoffs aproveitándose da extensión de 8 a 10 equipos clasificados para a fase final.
Na tempada 2011-12 proclamouse subcampión e conseguiu a medalla de prata logo de perder na final disputada ao mellor de sete partidos fronte ao JYP por 4-1.
En 2017 o equipo conquistou o seu primeiro título internacional logo de gañar a primeira edición do Energy Steiermark Trophy, un torneo de pretemporada celebrado na cidade de Graz (Austria), na que tamén participaron o Eisbären Berlin alemán, o HK Nitra eslovaco, e o equipo local, o Graz 99ers. Na final os Pelicans derrotaron a Eisbären por 5-3.[2]
Denominacións
[editar | editar a fonte]Os Pelicans fundáronse na cidade de Viipuri (actualmente en Rusia) baixo o nome de Viipurin Reipas.[1] A historia do equipo na cidade de Lahti começou en 1945, e dende aquela adoptou distintas denominacións ata que en 1996 adoptou a súa denominación actual:[3]
| Nome | Período |
|---|---|
| Viipurin Reipas | 1891–1945 |
| Lahden Reipas | 1945–1975 |
| Kiekkoreipas | 1975–1989 |
| Hockey Reipas | 1989–1992 |
| Reipas Lahti | 1992–1996 |
| Pelicans Lahti | 1996- |
Pavillón
[editar | editar a fonte]- Véxase tamén: Isku Areena.

O equipo xoga os seus partidos como local no Isku Areena dende que adoptou a súa denominación actual en 1996. O pavillón está situado nas proximidades da estación de tren e o centro da cidade de Lahti, e ten capacidade para 5 371 persoas. O estadio conta tamén con salas de reunións e dous restaurantes.[4][5][6]
Personalidades
[editar | editar a fonte]Xogadores
[editar | editar a fonte]Capitáns
[editar | editar a fonte]
O primeiro xogador en ser nomeado capitán do equipo foi o finlandés Erkki Mononen na tempada 1966-67, dende aquela sucedéronse un total de 16 capitáns, a maioría deles liderando o equipo en solitario, coas únicas excepcións das tempadas 2001-2002 e 2009-2010, nas que Mika Niskanen e Toni Koivunen primeiro, e Erik Kakko e Jan Latvala despois, compartirion capitanía. Erik Kakko foi o xogador que máis tempadas exerceu de capitán cun total de catro en solitario e unha xunto con Jan Latvala.[a] De todos os capitáns que tivo o equipo tan só un non naceu en Finlandia, foi o dinamarqués Stefan Lassen. Os diferentes xogadores que teñen sido capitáns do equipo ao longo da súa historia son:[7]
|
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Números retirados
[editar | editar a fonte]Os Pelicans retiraron tres números en honor a outros tantos xogadores.[8] Erkki Laine, finado nun accidente en 2009, foi homenaxeado cunha estatua en fronte do Isku Areena revelada o 28 de novembro de 2017, converténdose na primeira estatua de hóckey sobre xeo de Finlandia.[9] Todos os xogadores homenaxeados naceron en Lahti.
| Nº | Xogador | Posición | Carreira | Ref. |
|---|---|---|---|---|
| 11 | Hannu Koskinen | C | 1972-1986 | [8][10] |
| 13 | Erkki Laine | LW | 1975-1995 | [8][11] |
| 17 | Kari Eloranta | D | 1976-1991 | [8][12] |
Adestradores
[editar | editar a fonte]Dende que o club adoptou a súa denominación actual en 1996, os Pelicans tiveron trece adestradores diferentes, dos cales dous deles (Hannu Aravirta e Petri Matikainen) dirixiron o equipo en dúas etapas distintas. O primeiro adestrador dos Pelicans foi Kari Eloranta, que é ademais o que máis tempo estivo á fronte do equipo de Lahti cun total de seis tempadas consecutivas entre a 1996-97 e a 2001-02. Con todo, foi con Kai Suikkanen cando o equipo logrou o seu mellor resultado histórico logo de proclamarse subcampión da máxima categoría do hóckey sobre xeo finlandés, a SM-liiga. A seguinte táboa mostra todos os adestradores do equipo dende 1996:[1]
| Nome | Período |
|---|---|
| Kari Eloranta | 1996-2002 |
| Petteri Hirvonen | Tempadas 2002-03 ata 2003-04 |
| Petteri Sihvonen | Tempada 2003-04 |
| Petri Matikainen | Tempada 2004-05 |
| Jami Kauppi | Tempada 2005-06 |
| Hannu Aravirta | Tempadas 2005-06 a 2008-09 |
| Mika Toivola | Tempadas 2009-10 a 2010-11 |
| Pasi Räsänen | Tempada 2010-11 |
| Kai Suikkanen | 2011-2013 |
| Hannu Aravirta | Tempada 2013-14 |
| Tomi Lämsä | Tempada 2014-15 |
| Petri Matikainen | 2015-2018 |
| Ville Nieminen | Tempada 2018-19 a 2019-20 |
| Jesse Wellin | Tempada 2019-20 |
| Tommi Niemelä | 2020- |
Lahti-Kiekon Hall of Fame
[editar | editar a fonte]O Lahti-kiekon Hall of Fame naceu en 2013 para homenaxear ás personalidades que realizaron unha maior achega ao hóckey sobre xeo na cidade de Lahti e de Finlandia. Inicialmente foron introducidos 15 nomes: Ilpo Koskela, Erkki Mononen, Seppo Liitsola, Teemu Hiltunen, Hannu Koskinen, Erkki Laine, Kari Eloranta, Jarmo Mäkitalo, Markku Hakulinen, Yrjö Hakulinen, Reijo Mäki-Korvela, Harri Nyman, Harri Toivanen, Juhani Jokela e Pentti E Rantanen.[13] As persoas nomeadas para o Lahti-Kiekon Hall of Fame son escollidas por un comité integrado por persoas coñecedoras da historia e o presente do hóckey sobre xeo da cidade e do país. En 2019 estaba integrado polos seguintes nomes:[14]
- Ilpo Koskela
- Erkki Mononen
- Seppo Liitsola
- Teemu Hiltunen
- Hannu Koskinen
- Erkki Laine
- Kari Eloranta
- Jarmo Mäkitalo
- Markku Hakulinen
- Yrjö Hakulinen
- Reijo Mäki-Korvela
- Harri Nyman
- Harri Toivanen
- Juhani Jokela
- Pentti E. Rantanen
- Janne Laukkanen
- Pasi Nurminen
- Eero Jantunen
- Marko Jantunen
- Martti Mikkonen
- Toni Koivunen
- Erik Kakko
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Erkki Laine tamén foi capitán do equipo en solitario durante catro tempadas, mais non compartiu a capitanía con ningún outro xogador.
- Referencias
- 1 2 3 4 "Historiaa" (en finés). Pelicans Lahti. Consultado o 9 de febreiro de 2019.
- ↑ "EBEL - So lief die erste Energy Steiermark Trophy in Graz!" (en alemán). eishockeyonline.at. Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2019. Consultado o 12 de febreiro de 2019.
- ↑ "Pelicans Lahti. Name Changes" (en inglés). eurohockey.com. Consultado o 12 de febreiro de 2019.
- ↑ "Saapuminen hallille" (en finés). Pelicans.fi. Consultado o 18 de agosto de 2021.
- ↑ "ISKU AREENA Lahti" (en finés). luhy.fi. Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2021. Consultado o 18 de agosto de 2021.
- ↑ "Isku Areena" (en finés). Cidade de Lahti. Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2021. Consultado o 18 de agosto de 2021.
- ↑ eliteprospects.com (ed.). "Pelicans - Team Captaincy History" (en inglés). Consultado o 10 de febreiro de 2019.
- 1 2 3 4 "Jäädytetyt numerot" (en finés). Pelicans. Consultado o 12 de febreiro de 2019.
- ↑ "Lahtelaisen jääkiekkolegendan patsas paljastetaan parin viikon kuluttua". Etelä-Suomen Sanomat (en finés). 13 de novembro de 2017. Consultado o 112 de febreiro de 2019.
- ↑ "Hannu Koskinen" (en inglés). eurohockey.com. Consultado o 12 de febreiro de 2019.
- ↑ "Erkki Laine" (en inglés). eurohockey.com. Consultado o 12 de febreiro de 2019.
- ↑ "Kari Eloranta" (en inglés). eurohockey.com. Consultado o 12 de febreiro de 2019.
- ↑ Rauhanlaakso, Esa (20 de novembro de 2013). "15 nimeä Lahti-kiekon Hall of Fameen". Etelä-Suomen Sanomat (en finés). Consultado o 8 de febreiro de 2019.
- ↑ "Lahti-Kiekon Hall of Fame" (en finés). Pelicans Lahti. Consultado o 8 de febreiro de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pelicans Lahti |
