Saltar ao contido

Teatro de Comedia de Tampere

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Teatro de Comedia de Tampere
Tampere Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
    Tampereen Komediateatteri Oy (fi) dende 1993 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Características
 Forma xurídica
 Industria
Implicados
 Fundador/a
Datas
 Fundación / creación
1991 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Coordenadas
Fontes e ligazóns
ISNI0000000474546452 Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

O Teatro de Comedia de Tampere un teatro fundado en 1991 na cidade de Tampere, Finlandia. A súa sede está localizada no Juhlatalo, un edificio construído en 1897 na rúa Lapintie no barrio de Tampella no centro da cidade.

O Teatro de Comedia de Tampere foi fundado en 1991 por Esko Raipia e Tapio Parkkinen. Inicialmente as representacións celebrábanse no patio da antiga fábrica Frenckell, na Praza Central e na sala de celebracións da Universidade de Tampere. En 1994 trasladouse ao Juhlatalo, un edificio que anteriormente era empregado para festas por parte da compañía Tampella, pasando así a dispoñer dun espazo propio.[1]

No ano 2000 o escenario exterior derrubouse polo peso da neve e tivo que ser reconstruído e doutouse ao escenario e á zona de butacas de teito e paredes fixas.[1] En 2006 púxose en funcionamento o novo escenario principal, un auditorio con 256 asentos renovado baixo a dirección do arquitecto Pertti Neva. O teatro situado no xardín tamén foi ampliado en 2012,[2] pasando a ter capacidade para 800 persoas.[3]

Dende outubro de 2011 o edificio do teatro emprega enerxía xeotérmica. Durante anos empregou a enerxía eólica e no verán de 2015 colocáronse 44 paneis solares.[2]

  1. 1 2 "Teatterin historia" (en finés). Teatro de Comedia de Tampere. Consultado o 15 de febreiro de 2021.
  2. 1 2 "Teatteri" (en finés). Teatro de Comedia de Tampere. Consultado o 15 de febreiro de 2021.
  3. ↑ "Näyttämöt" (en finés). Teatro de Comedia de Tampere. Consultado o 15 de febreiro de 2021.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]