Kiekko-Espoo Naiset

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Kiekko-Espoo Naiset
Kiekko-Espoo Naiset.jpg
Fundación1988
CidadeEspoo.vaakuna.svg Espoo,
Uusimaa.vaakuna.svg Uusimaa
Finlandia Finlandia
EstadioTapiolan urheilupuisto
(750 persoas)
LigaNaisten Liiga
Campionatos15
AdestradorFinlandia Sami Haapanen
CoresAzul mariño, dourado, azul
                 
Sitio web oficial

Kiekko-Espoo Naiset, ou símplemente Kiekko-Espoo ou K-Espoo, é un equipo feminino de hóckey sobre xeo da cidade de Espoo (Finlandia). Actualmente compite na Naisten Liiga, a máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés. Xoga os seus partidos como local no Tapiolan urheilupuisto.

Fundado en 1988, é o equipo máis laureado do hóckey sobre xeo feminino finlandés, tendo dominado o campionato nacional durante a década de 2000. En total, o equipo conquistou o campionato quince veces, sendo a última vez que alzou a Aurora Borealis Malja en 2021.

Historia[editar | editar a fonte]

Antecedentes[editar | editar a fonte]

Os inicios do hóckey sobre xeo feminino en Espoo remóntanse á tempada 1974-75, cando Sabina Ainetdin fundou a organización de Honka. Coa marcha de Sabina a Canadá, Riita Kärävä fíxose cargo da asociación. Kärävä familiarizárase co hóckey sobre xeo no HJK de Helsinqui.[1]

Nesta década o campionato de Finlandia feminino non se disputaba de xeito oficial. O mesmo pasaba co torneo Lipstick, no que participaron os cinco equipos finlandeses rexistrados, así como equipos norteamericanos.[1]

En 1977 Kari Nyman, que xogaba no equipo masculino de Jäähonka, fíxose cargo da dirección do equipo feminino, que en 1979 se alzaría como campión do torneo.[1]

Espoo United, 2016–17[editar | editar a fonte]

En marzo de 2016 Jääkiekko Espoo Oy, o club matriz de Espoo Blues Naiset da SM-sarja e Espoo Blues da Liiga, declarouse en bancarrota cunha débeda estimada de 3 millóns de de euros.[2] Como resposta, Jussi Salonoja, un millonario e director de cine finlandés que fora anteriormente propietario dos Espoo Blues entre 2002 e 2012, creou un novo club e organización chamado Espoo United Oy,[3] afirmando que estaba "comprometido a apoiar o hóckey en Espoo."[4] Os equipos de Espoo Blues masculinos e femininos de baloncesto e hóckey sobre xeocomezaron a xogar para Espoo United.

O 15 de agosto de 2017 Salonoja anunciou que Espoo United abandonaba os seus equipos femininos de hóckey sobre xeo e baloncesto por motivos económicos.[5] En palabras de Salonoja: “A razón é dobre: os orzamentos dos equipos masculinos son moito maiores que os dos equipos femininos, polo que a súa dirección é máis demandante, mais por outra parte, [os equipos masculinos] son máis interesantes para os patrocinadores e auciencias”.[6][7]

O futuro do equipo feminino de hóckey sobre xeo mantívose incerto e propuxéronse moias solucións posibles, incluída a adquisición do equipo por parte de HIFK[8] ou a fusión con Espoo Blues Juniorit (un club júnior con fortes vínculos coa franquía).[6]

Pavillón[editar | editar a fonte]

Véxase tamén: Tapiolan urheilupuisto.

O Kiekko-Espoo Naiset xoga os seus partidos como local no Tapiola 2, unha pista de xeo situada no distrito de Tapiola da cidade de Espoo. Construída en 2015, ten capacidade para 750 persoas.[9]

Personalidades[editar | editar a fonte]

Xogadoras[editar | editar a fonte]

Capitanas[editar | editar a fonte]

Emma Terho (de solteira Laaksonen) exerceu como capitana do equipo de Espoo en dúas etapas distintas.

Ao longo da súa historia o equipo tivo seis capitanas, todas elas de nacionalidade finlandesa. Katri-Helena Luomajoki foi a primeira capitana do equipo, desempeñando esta función na tempada 1997-98. Emma Terho e Minttu Tuominen, con catro tempadas cada unha, son as xogadoras que máis tempo desempeñaron este papel. Na seguinte táboa poden verse as distintas capitanas do equipo e os períodos nos que desempeñaron a capitanía:[10]

Capitanas de Kiekko-Espoo Naiset
Nome(s) Período
Katri-Helena Luomajoki 1997–98
Essi Sievers 2007–2009
Emma Terho (de solteira Laaksonen) 2009–2011
Essi Sievers 2011–12
Emma Terho 2012–2014
Minttu Tuominen 2014–2016
Linda Leppänen (de solteira Välimäki) 2016–17
Minttu Tuominen 2017–2020
Annina Rajahuhta 2020–21
Minttu Tuominen 2021–present

Líderes históricas[editar | editar a fonte]

Karoliina Rantamäki é a xogadora que máis veces vestiu a camisola do equipo de Espoo, así como a súa líder histórica en goles e puntos.

Ao longo da súa historia dúas xogadoras de Kiekko-Espoo Naiset superaron a barreira dos 600 puntos, e tres máis a barreira dos 300 puntos. Nas estatísticas de xogo salientan as figuras de Karoliina Rantamäki e Petra Vaarakallio. Rantamäki é a máxima goleadora da historia do equipo con 355 goles en 338 encontros disputados, ademais é a líder histórica en puntos, cun total de 639. Pola súa banda Vaarakallio é a xogadora que máis asistencias sumou no equipo de Espoo cun total de 351. A continuación os rexistros das cinco máximas puntuadoras históricas do equipo:[11]

Para os significados das abreviaturas véxase estatísticas do hóckey sobre xeo.

Líderes históricas de Kiekko-Espoo Naiset
Xogadora Pos  PX  G   A  Pts
Karoliina Rantamäki F 338 355 284 639
Petra Vaarakallio F 286 280 351 631
Annina Rajahuhta RW 232 192 234 426
Linda Leppänen C 151 174 186 360
Minnamari Tuominen D/C 223 111 218 329

Números retirados[editar | editar a fonte]

En 2008, durante a primeira etapa do equipo baixo a denominación de Espoo Blues, a entidade retirou o número 33 en honor a Päivi Virta. A xogadora nada en Tampere competiu durante 20 anos na máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés, nove dos cales foron nas filas do equipo de Espoo. O número de Virta foi o segundo número feminino retirado na historia do hóckey sobre xeo finlandés.[12] Con todo, na actualidade Kiekko-Espoo volveu empregar o seu número, que na tempada 2021-22 era empregado por Heta Paasilinna.[13]

Números retirados de Kiekko-Espoo
Xogador Posición Carreira Referencias
33 Päivi Virta D 1997-2006 [14]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Trofeos colectivos[editar | editar a fonte]

SM-sarja/Naisten liiga
  • A Aurora Borealis Malja (Copa Aurora Boreal) é entregada anualmente ao equipo vencedor dos play-offs e campión da Naisten Liiga. É o trofeo principal da competición. Kiekko-Espoo Naiset, e os equipos que o precederon, gañou un total de 15 veces o trofeo: 1999, 2000, 2001, 2002, 2003, 2004, 2005, 2007, 2008, 2009, 2013, 2014, 2015, 2019, 2021
    • 2 medallas de prata como segundo clasificado dos play-offs: 2010, 2017
    • 8 medallas de bronce como terceiro clasificado dos play-offs: 1991, 1992, 1993, 1994, 1997, 1998, 2006, 2016
IIHF European Women's Champions Cup

Trofeos individuais[editar | editar a fonte]

Todos os galardóns individuais inclúen ás xogadoras de Kiekko-Espoo, Espoo Blues e Espoo United.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Historia" (en finés). Kiekko-Espoo Naiset. Consultado o 2 de decembro de 2021. 
  2. Hiitelä, Juha (12 de abril de 2016). "Konkurssipesä myöntää: Bluesin tilanteeseen ei ratkaisua". Ilta-Sanomat (en finés). Consultado o 3 de decembro de 2021. 
  3. Lempinen, Marko (28 de abril de 2016). "Nyt se on varmaa: Jussi Salonoja perusti uuden seuran – "Lähetän hakupaperit tänään"". Ilta-Sanomat (en finés). 
  4. "Espoo Unitedin konkurssista tuli virallista". Ilta-Sanomat (en finés). 4 de maio de 2018. Consultado o 3 de decembro de 2021. 
  5. "Espoo United Cuts Women's Basketball & Ice Hockey Teams". News Now Finland (en inglés). 15 de agosto de 2017. Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2019. Consultado o 3 de decembro de 2021. 
  6. 6,0 6,1 Oivio, Janne; Lempinen, Marko (15 de agosto de 2017). "Jussi Salonojalta raju ratkaisu: Espoo United hylkää naisjoukkueet". Ilta-Sanomat (en finés). Consultado o 4 de decembro de 2021. 
  7. Foster, Meredith (17 de agosto de 2017). "Espoo United women's team folds one month before puck drop". The Ice Garden (en inglés). Consultado o 4 de decembro de 2021. 
  8. Tammilehto, Teemu; Leinonen, Simu (15 de agosto de 2017). "HIFK on kiinnostunut Salonojan hylkäämästä Espoo Unitedin naisjoukkueesta". Yle.fi (en finés). Consultado o 4 de decembro de 2021. 
  9. "Kiekko-Espoo" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 4 de decembro de 2021. 
  10. "Kiekko-Espoo - Team Captaincy History" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 4 de decembro de 2021. 
  11. "Kiekko-Espoo - All Time Overall Totals Player Stats" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 16 de xaneiro de 2022. 
  12. "Jääkiekkoleijona numero 235: Päivi Virta (Halonen)" (en finés). leijonat.fi. 15 de decembro de 2016. Consultado o 17 de xaneiro de 2022. 
  13. "JOUKKUE. LIIGA 2021-2022" (en finés). kiekko-espoonaiset.fi. Consultado o 17 de xaneiro de 2022. 
  14. "Päivi Halonen" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 17 de xaneiro de 2022. 
  15. "Coupe d'Europe féminine des clubs champions 2005/06" (en francés). hockeyarchives.info. Consultado o 16 de xaneiro de 2022. 
  16. "Coupe d'Europe féminine des clubs champions 2007/08" (en francés). hockeyarchives.info. Consultado o 16 de xaneiro de 2022. 
  17. "Coupe d'Europe féminine des clubs champions 2009/10" (en francés). hockeyarchives.info. Consultado o 16 de xaneiro de 2022. 
  18. "European Women's Champions Cup. 2008-2009 STANDINGS" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 16 de xaneiro de 2022. 
  19. "Coupe d'Europe féminine des clubs champions 2013/14" (en francés). hockeyarchives.info. Consultado o 16 de xaneiro de 2022. 
  20. "Coupe d'Europe féminine des clubs champions 2014/15" (en francés). hockeyarchives.info. Consultado o 16 de xaneiro de 2022. 
  21. "Awards - Naisten Liiga (W) Best Player (Riikka Nieminen Award)" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 15 de xaneiro de 2022. 
  22. "Awards - Naisten Liiga (W) Best Goaltender (Tuula Puputti Award)" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 15 de xaneiro de 2022. 
  23. "Awards - Naisten Liiga (W) Best Defenseman (Päivi Halonen Award)" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 15 de xaneiro de 2022. 
  24. "Awards - Naisten Liiga (W) Best Forward (Katja Riipi Award)" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 15 de xaneiro de 2022. 
  25. "Awards - Naisten Liiga (W) Most Points (Marianne Ihalainen Award)" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 16 de xaneiro de 2022. 
  26. "Awards - Naisten Liiga (W) Most Goals (Tiia Reima Award)" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 16 de xaneiro de 2022. 
  27. "Kauden 2011-12 palkitut pelaajat, valmentajat ja erotuomarit" (en inglés). Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo. 3 de abril de 2012. Consultado o 16 de xaneiro de 2022. 
  28. "Awards - Naisten Liiga (W) Most Valuable Player in Playoffs (Karoliina Rantamäki Award)" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 16 de xaneiro de 2022. 
  29. "Awards - Naisten Liiga (W) Rookie of the Year (Noora Räty Award)" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 16 de xaneiro de 2022. 
  30. "Awards - Naisten Liiga (W) Fair Play Player (Emma Laaksonen Award)" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 16 de xaneiro de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]