Víctor Fábregas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaVíctor Fábregas
Biografía
Nacemento1971 Editar o valor em Wikidata (52/53 anos)
Muros, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm1616623 Editar o valor em Wikidata

Víctor Fábregas Martínez, nado en Esteiro (Muros) en 1971, é un actor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Empezou no teatro afeccionado na infancia, da man de Xosé Agrelo Hermo[1]. Na universidade realizou un posgrao de teatro e marchou a Alcalá de Henares a estudar teatro clásico. Dous anos despois volveu a Galiza e, logo de traballar nunha conserveira, comeza a rodar para a TVG no programa Con perdón[2], baseado en bromas feitas a cidadáns anónimos mediante unha cámara oculta, pero acadou fama polo seu papel nos Tonechos, un dúo cómico que mantiña co actor Roberto Vilar. Este dúo empezou actuando no Luar da TVG a comezos do século XXI e que despois se consolidou cun programa de seu, O show dos Tonechos. A comezos de xaneiro de 2009 anunciaron a separación dos Tonechos[3].

En 2009 Fábregas participou na serie de temática xornalística O Nordés (TVG) e tamén na película-documental Flores tristes, de Manolo Abad.

En 2011 participou en 18 Comidas, de Jorge Coira.

Dende 2011 da vida ao personaxe de Lino na serie Era visto! durante as once tempadas que se fixeron desta. Tamén formou parte de Pazo de familia (Tomaso) (TVG), durante oito tempadas.

En 2019 interpretou o tenente Poncela na serie Lobos&Cordeiros (TVG).

Ten colaborado en episodios de Pratos combinados, Rías Baixas, O país dos prodixios, Meus queridos veciños, Luci, Augasquentes...

Fixo dobraxe na curta Km 53 e a longametraxe A crise carnívora.

En 2020 protagonizou a serie cómica Do dereito e do revés (TVG) e copresentou con Ledicia Sola as dúas tempadas do programa de viaxes Vou que teño que ir (TVG).

Desde o 2021 participa habitualmente en Land Rober Tunai Show (TVG), Luar (TVG) e conduce a terceira tempada do programa de viaxes Sen Código Postal (TVG). Traballou en O corpo aberto (Ángeles Huerta, 2022) e O home e o can (Ángel de la Cruz. 2022).

Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]

Premios Mestre Mateo[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Título Resultado
2011 Mellor actor secundario Era visto! Nomeado

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]