Saltar ao contido

Historia dun crime

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Historia dun crime
 Instancia de
 Composto por
 Título
Crime Story (en) Editar o valor en Wikidata
 Tema principal
Características
 Xénero artístico
 Lingua orixinal
 Cor
Obras
 Ambientado en
 Época ambientación
Implicados
 Creador/a
 Produtor/a executivo
 Director/a
 Compositor/a
 Deseñador/a vestiario
 Distribuidor/a
 Emisora orixinal
Datas
 Data de comezo
18 de setembro de 1986 Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
10 de maio de 1988 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
Número de episodios44 Editar o valor en Wikidata
Número de tempadas2 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
Freebase/m/05nh61 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
IMDB: tt0090410 Allocine: 691 Rottentomatoes: tv/crime_story_1986 Allmovie: v299001 Metacritic: tv/crime-story TV.com: shows/crime-story Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Historia dun crime (en inglés, Crime Story) é unha serie de televisión emitida pola Televisión de Galicia.

Características

[editar | editar a fonte]

Durou dúas tempadas (entre 1986 e 1988 nos Estados Unidos) e 44 episodios. A serie foi creada por Chuck Adamson e Gustave Reininger. Emitíase na NBC na mesma franxa horaria que Miami Vice, estaba protagonizada por Dennis Farina e Anthony Denison. Pertence ó xénero policial que gozou de grande aceptación na década dos 80, e nela faise un percorrido histórico que inclúe de pano de fondo os comezos do rock and roll, o primeiro transplante de corazón, a guerra do Vietnam, a loita contra o crime organizado e a evolución dos negocios da mafia.

Na primeira tempada a historia transcorre no Chicago dos anos 60 onde o tenente Michael Torello (interpretado por Dennis Farina), xefe da unidade de crime da policía, decláralle a guerra ó novo xefe da mafia da cidade, un mozo ambicioso chamado Ray Luca (interpretado por Anthony Denilson). Luca e a súa mafia convértense nos obxectivos principais do tenente Torello chegando a roza-la obsesión. Na segunda tempada a acción trasládase a Las Vegas.

Outros datos

[editar | editar a fonte]
  • A personaxe de Ray Luca foi inspirada polo gángster real Anthony Spilotro.
  • Antes de ser actor, Dennis Farina foi realmente policía no Departamento de Crime de Chicago, tal coma a súa personaxe na serie.
  • A sintonía principal da serie pertence a Del Shannon nunha nova versión da súa canción Runaway.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]