A escrava Isaura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A escrava Isaura
Lucélia Santos, a protagonista da Escrava Isaura

A escrava Isaura é unha telenovela brasileira. Foi emitida por vez primeira en 1976 pola cadea Rede Globo de Televisión, e no 2005 fíxose un remake, emitido por Rede Record.

A Escrava Isaura (1976)[editar | editar a fonte]

Escrita por Gilberto Braga e dirixida por Herval Rossano e Milton Gonçalves, esta novela estaba baseada nun libro do movemento romántico brasileiro, escrito por Bernardo Guimarães. Entre os seus intérpretes atopábanse Lucélia Santos (como Isaura), Rubens de Falco (coma Leoncio Almeida) e Norma Blum (Malvina).

Prolongouse durante 100 capítulos emitidos desde o 11 de outubro de 1976 deica o 5 de febreiro de 1977.

Historia[editar | editar a fonte]

A historia comeza cando o Comendador Almeida merca un grupo de escravos entre os que se atopa Xuliana, nai branca de Isaura.

Influencia cultural en Galicia[editar | editar a fonte]

A Escrava Isaura foi a primeira telenovela emitida pola Televisión de Galicia dobrada ao galego no seu comezo o 25 de xullo de 1985. Naquel momento, mesmo tendo en conta que só existían dous canais máis, o impacto deste serial foi grande, amosando por vez primeira personaxes de ficción falando en galego, honra que comparte coas series americanas Dallas e Magnum, tamén emitidas pola TVG nos seus primeiros meses de andaina.

Elenco de 1976[editar | editar a fonte]