O sabor das margaridas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O sabor das margaridas
FormatoThriller
Desenvolvido porTVG, CTV e Comarex de CV
Dirixido porMiguel Conde
IntérpretesMaría Mera
Toni Salgado
País de orixeGalicia Galicia
Lingua(s)Galego
Temporadas1
Episodios6
Produción
Duración70 minutos
DistribuidorNetflix
Emisión orixinal
Canle de orixeTVG
Primeira emisión3 de outubro de 2018 (TVG)
29 de marzo de 2019 (Netflix)
Ligazóns externas
Ficha na IMDb

O sabor das margaridas é unha serie de televisión galega do xénero de thriller policiaco que se estreou na TVG o 3 de outubro de 2018.[1] Foi dirixido por Miguel Conde, con guión de Ghaleb Jaber Martínez, Eligio Montero e Raquel Arias. Estreouse internacionalmente a través de Netflix o 29 de marzo de 2019, sendo a primeira serie en lingua galega distribuída pola plataforma.[2]

Nos Premios Mestre Mateo 2018 gañou o galardón á mellor serie de televisión,[3] estando nomeada a un total de oito categorías.[4]

Argumento[editar | editar a fonte]

Ambientada no ano 2010, a historia desenvólvese na véspera da chegada do Papa Bieito XVI a Santiago de Compostela. A acción prodúcese nunha vila illada do interior de Galicia, onde unha moza conflitiva, Marta Labrada, é secuestrada. Rosa Vargas é a axente de policía encargada da investigación do caso, contando coa axuda de dous axentes locais. Porén, o caso non é tan sinxelo como semellaba nun principio e a investigación destapa toda unha serie de crimes que permaneceran ocultos na vila "onde nunca pasa nada".

Elenco[editar | editar a fonte]

Produción[editar | editar a fonte]

Rodaxe[editar | editar a fonte]

A rodaxe produciuse en maio de 2018, e rematou o 22 de xuño,[5] con localizacións exteriores en Abegondo, A Estrada, Vedra e Santiago de Compostela, e nos estudios de CTV en Teo.[5]

Estrea[editar | editar a fonte]

A serie preestreouse o 1 de outubro de 2018 no auditorio Abanca de Santiago de Compostela.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. TVG, ed. (3 de outubro de 2018). "Chega á TVG 'O sabor das margaridas', novo thriller policial onde o secuestro dunha moza dá lugar a unha historia de vinganza". Consultado o 30 de marzo de 2019. 
  2. El Progreso, ed. (29 de marzo de 2019). "Netflix estrea 'O sabor das margaridas', a primeira serie en galego da plataforma". Consultado o 30 de marzo de 2019. 
  3. Praza.gal, ed. (3 de marzo de 2019). "'A sombra da lei' triunfa nos Mestre Mateo con 10 premios". Consultado o 30 de marzo de 2019. 
  4. Praza.gal, ed. (7 de febreiro de 2019). "'A sombra da lei' e 'Trote', con 15 candidaturas, favoritas nos Premios Mestre Mateo". Consultado o 30 de marzo de 2019. 
  5. 5,0 5,1 TVG, ed. (27 de maio de 2018). "O sabor das margaridas, o novo 'thriller' que chegará á TVG a finais de 2018". Consultado o 30 de marzo de 2019. 
  6. TVG, ed. (1 de outubro de 2018). "Preestrea de 'O sabor das margaridas', o novo thriller policial da TVG". Consultado o 30 de marzo de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]