'Allo 'Allo!
'Allo 'Allo! é unha comedia de situación británica que emitiu a BBC1 entre 1982 e 1992, creada por David Croft e Jeremy Lloyd como unha parodia da serie Secret Army emitida entre 1977 e 1979, dous dos seus actores Hillary Minster e John D. Collins, actuaron tamén nesta comedia.
Argumento
[editar | editar a fonte]Allo Allo conta a historia de René Artois, dono dun café na vila de Nouvion, durante a ocupación alemá na segunda guerra mundial. Os alemáns rouban todos os obxectos artísticos da vila, entre eles un reloxio de cuco e a pintura A madonna caída de Van Klomp. O comandante alemán decide gardar as pinturas para el e obriga a que René agache as obras no seu café. A Gestapo tamén quere atopar o paradeiro das pinturas e envía a Herr Flick, para as procurar.
Ao mesmo tempo o café de René está a esconder pilotos británicos. René vese forzado a traballar para a Resistencia para evitar ser asasinado por servir os alemáns no seu café. Os intentos da Resistencia de enviar os pilotos de volta ao Reino Unido, que fallan sempre, constitúen o centro de atención da serie.