David Amor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
David Amor
Nacemento12 de abril de 1980
LugarSalceda de Caselas
NacionalidadeEspaña
Educado encampus de Pontevedra e Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra
Profesiónactor, presentador de televisión, modelo e balonmanista
Na rede
IMDB: nm3720756 Facebook: David-Amor-108402988111 Twitter: DavidAmorTv Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

David López Veleiro, máis coñecido polo seu nome artístico de David Amor, nado en Salceda de Caselas o 12 de abril de 1980, é un balonmanista, humorista, modelo e actor galego.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Viviu en Pontevedra e como non era moi bo ao fútbol, escolleu o balonmán aos 14 anos. Foi xogador de balonmán profesional, proclamándose subcampión do mundo coa selección española sub-18. Tamén chegou a participar no campionato de España de quads.

Abandonou o balonmán por unha lesión e traballou de repartidor de pizzas ou de camareiro mentres estudaba a licenciatura de Ciencias da Actividade Física e do Deporte na Universidade de Vigo en Pontevedra. Cruzouse coa actriz María Castro, tamén deportista, que o introduciu no mundo do espectáculo. Aínda volveu un tempo ao balonmán e deixouno na campaña 2008-2009 na Sociedad Deportiva Teucro. Mais volveu para xogar ás ordes de Modesto Agusto no Octavio Construcciones Castro.[2]

No 2000 comezou a súa andaina como humorista no programa da TVG O Rei da comedia, proclamándose finalista. Participou en diversos programas de humor e series como Mareas vivas, 4º sen ascensor, Supermartes, Land Róber ou A grande escapada. Ao tempo, fai actuacións con monólogos de seu por toda Galicia.

En Antena 3 participou en El club del chiste. En Cuatro apareceu como Tito en Gym Tony. Na TVG participou en Augas Quentes.[3] Presentou eventos de relevancia como o Campionato do Mundo de Hockey.[4]

En 2017 presentou o programa da Televisión de Galicia Con Amor e Compañía e participou como concursante no programa Tu cara me suena de Antena 3. E desde xullo de 2018 colaborou en Zapeando.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Series de televisión[editar | editar a fonte]

Ano Serie Canle Personaxe Episodios
2003 Mareas vivas TVG 1 episodio
2004 4º sen ascensor TVG 1 episodio
2011 Buen Agente LaSexta 1 episodio
2014 - 2016 Gym Tony Cuatro Evaristo "Tito" Escudero Nogales 339 episodios
2015 Aquí paz y después gloria Telecinco Fermín 8 episodios
2016 Augas quentes TVG Secundario
2017 Gym Tony LC FDF Evasristo "Tito" Escudero Nogales 53 episodios
2017 Vidago Palace TVG Pepe 4 episodios
2018 Pequeñas coincidencias Prime Video Camareiro 1 episodio
2019 Antes que perder Playz Cabo Roi Fontán 5 episodios
2000 UPA DANCE Antena 3 Actor secundario 1 episodio

Programas de televisión[editar | editar a fonte]

  • Rey de la Comedia (2001). Participante.
  • Supermartes (2002-2005). Colaborador.
  • O Programón. TVG.[5]
  • Supermaster (2006). Principal. Presentador da parte de karaoke.
  • A terra dos prodixios. Voz Audiovisual.[6]
  • El club del chiste (2010-2013). Principal. Antena 3.
  • O clan dos impostores (2015). Principal. TVG.
  • Con Amor e compañía (2016). TVG.
  • Tu cara me suena (2017-2018). Concursante. Antena 3.
  • Ben 10 Challenge (2017). Presentador. Boing (España).
  • Zapeando(2018). Colaborador. LaSexta.
  • Antes de Perder para Playz (2019). Roi Fontán.
  • La mejor canción jamás cantada (2019). Colaborador. TVE.
  • ¿Juegas o qué? (2019). Presentador. TVE.

Teatro e monólogos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "David Amor". Promotora600'ns (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2021. Consultado o 2021-01-22. 
  2. Vigo (2017-10-11). "El último Amor". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2021-01-22. 
  3. "David Amor MPC Management - Contratación". MPC (en castelán). Consultado o 2021-01-22. 
  4. "David Amor". www.mediterraniarts.com. 
  5. "Produción propia e actualidade na tarde de TVG con "O Programón"". www.elcorreogallego.es. Consultado o 2021-01-22. 
  6. "Producciones". Voz Audiovisual (en castelán). 2013-10-21. Consultado o 2021-01-22. 
  7. "LEO HARLEM + DAVID AMOR: PASA A TOMAR UN CAFÉ... CUANDO QUIERAS Axenda de Galicia Agenda de Galicia". agenda.galiciadigital.com. Consultado o 2021-01-22. 
  8. vertele.eldiario.es (2010-02-10). ""Nuestro Club del Chiste no va a oler a naftalina sino a siglo XXI"". vertele (en castelán). Consultado o 2021-01-22. 
  9. "Touriñán, David Amor y Ledicia Solá se despiden de Pontevedra con "Amigos ata a morte"". Pontevedra Viva (en castelán). Consultado o 2021-01-22. 
  10. "David Amor está fuera de sitio". La Voz de Galicia (en castelán). 2019-02-14. Consultado o 2021-01-22. 
  11. "Lodelarisa, espectáculo de monólogos en Pontevedra". La Guía GO! (en castelán). Consultado o 2021-01-22. 
  12. "David Amor - Selfie en el Teatro Real Carlos III de Aranjuez.". Teatro Real Carlos III de Aranjuez (en castelán). 2018-07-24. Consultado o 2021-01-22. 
  13. "Cinco humoristas prometen risas sin parar con «A mariscada dos idiotas»". La Voz de Galicia (en castelán). 2020-01-04. Consultado o 2021-01-22. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]