Saltar ao contido

No bico un cantar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

No bico un cantar
 Título
    No bico un cantar (gl) Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
Características
 Xénero artístico
 Lingua orixinal
Implicados
 Presentador/a
 Emisora orixinal
Datas
 Data de comezo
1 de xaneiro de 2013 Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
29 de marzo de 2014 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Número de episodios
   26 Editar o valor en Wikidata
 Número de tempadas
   2 Editar o valor en Wikidata
 Duración
   30 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Wikidata

No bico un cantar, subtitulado Letras e melodías gravadas no noso corazón, é un programa da Televisión de Galicia sobre cancións populares galegas, feito por un equipo de profesionais que xa traballaran xuntos no programa Alalá, dirixido por Senén Bernárdez Ferrán. O título está tirado da cantiga "A Rosalía", que Manuel Curros Enríquez lle adicara a Rosalía de Castro.[1]

Descrición

[editar | editar a fonte]
Rosalía e Curros, unha das imaxes do programa.

Para a análise de letras e músicas contouse coa colaboración de, entre outros, Marica Campo, Helena Villar Janeiro, Xosé Neira Vilas, Xosé Luís Méndez Ferrín, Abe Rábade e Xosé López Calo.

Capítulos

[editar | editar a fonte]
TítuloData de
emisión
Vídeo
"A Rianxeira"01/01/2013 
"Andrés Do Barro"08/01/2013 
"Negra sombra"15/01/2013 
"Galicia, terra meiga" (Ana Kiro)22/01/2013 
"A Carolina"29/01/2013 
"A Santiago voy"05/02/2013 
"Quen poidera namorala"19/02/2013 
"Anduriña"26/02/2013 
"Unha noite na eira do trigo"05/03/2013 
"Un canto a Galicia" (Julio Iglesias)12/03/2013 
"Pousa, pousa"19/03/2013 
"O carro"26/03/2013 
"O rodaballo"23/08/2013 
"A Charanga" (Juan Pardo)30/08/2013 
"Fisterra"06/09/2013 
"Himno galego"18/01/2014 
"O gato"25/01/2014 
"Lela"01/02/2014 
"Catro vellos mariñeiros"08/02/2014 
"Adiós ríos, adiós fontes"15/02/2014 
"Miña terra galega"22/02/2014 
"Lévame, lévame"01/03/2015 
"Xirarei"08/03/2014 
"Galicia caníbal" (Fai un sol de carallo)15/03/2014 
"Cantigas de Camariñas"22/03/2014 
Himnos de fútbol29/03/2014 

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Tivo unha mención especial das televisións públicas rexionais europeas asociadas na CIRCOM.[2]