Rubén Riós
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1980 Riós |
| Grupo étnico | Pobo galego |
| Actividade | |
| Ocupación | actor |
| Sitio web | rubenriosoficial.com |
Rubén Rodríguez Rodríguez, coñecido como Rubén Riós, nado no Riós en 1980, é un actor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Iniciouse no mundo da televisión, con diversas colaboracións e intervencións puntuais en programas da Televisión de Galicia. Deuse a coñecer amplamente co programa de humor O rei da comedia e sobre todo coa serie de ficción Libro de familia (2005). En paralelo, foi completando a súa formación teatral co actor e director Vicente Montoto. Traballou na serie da TVG Matalobos no papel de Salva.
Deu o salto ao cinema como Martiño, un dos protagonistas de Pradolongo (2007), filme de Ignacio Vilar. Ese ano dirixiu a curta Adeus Edrada?.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rubén Riós |