Breaking Bad

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Breaking Bad
Breaking Bad logo.svg
Logo de Breaking Bad.
FormatoDrama, crime, suspense[1] e comedia negra[2]
Creado porVince Gilligan
Desenvolvido porStewart A. Lyons
Sam Catlin
John Shiban
Peter Gould
George Mastras
Thomas Schnauz
Bryan Cranston
Moira Walley-Beckett
Karen Moore
Patty Lin
IntérpretesBryan Cranston
Anna Gunn
Aaron Paul
Dean Norris
Betsy Brandt
RJ Mitte
Bob Odenkirk
Giancarlo Esposito
Jonathan Banks
Laura Fraser
Jesse Plemons
País de orixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Lingua(s)Inglés
Temporadas5
Episodios62 (Lista de episodios)
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Vince Gilligan
Mark Johnson
Michelle MacLaren
Localización(s)Albuquerque, Novo México
Duración43–58 minutos
Emisión orixinal
Canle de orixeAMC
Formato de imaxe1080i (16:9 HDTV)
Primeira emisión20 de xaneiro de 2008
Derradeira emisión29 de setembro de 2013
Ligazóns externas
Páxina web

Breaking Bad é unha serie de televisión estadounidense de crime e drama creada e producida por Vince Gilligan. Emitiuse orixinalmente pola AMC durante cinco tempadas, dende o 20 de xaneiro de 2008, até o 29 de setembro de 2013. Conta a historia de Walter White (Bryan Cranston), un mestre de instituto de química a quen lle diagnostican un cancro de pulmón. Xunto co seu antigo estudante Jesse Pinkman (Aaron Paul), White adopta unha vida de crime, producindo e vendendo metanfetaminas cristalizadas para asegurar o futuro financeiro da súa familia após a súa morte. Breaking Bad está ambientada e foi rodada en Albuquerque, Novo México.

A familia de Walter está formada pola súa muller Skyler (Anna Gunn) e os seus fillos Walter, Jr. (RJ Mitte) e Holly (Elanor Anne Wenrich). A serie tamén conta coa irmá de Skyler Marie Schrader (Betsy Brandt) e o seu home Hank (Dean Norris), un axente da DEA. Walter contrata ó avodado Saul Goodman (Bob Odenkirk), que o conecta co investigador privado Mike Ehrmantraut (Jonathan Banks) e con Gus Fring (Giancarlo Esposito). Na tempada 5 introdúcense as personaxes de Todd Alquist (Jesse Plemons) e Lydia Rodarte-Quayle (Laura Fraser).

Breaking Bad está amplamente considerada como unha das mellores series de televisión de tódolos tempos.[3] Emitiuse en galego a través da TVG.[4]

Personaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Poniewozik, James (21 de xuño de 2010). Time, ed. "Breaking Bad: TV's Best Thriller". Consultado o 5 de novembro de 2013. 
  2. McFarland, Kevin (6 de agosto de 2013). The A.V. Club, ed. "The Writers' Strike of 2007–08 Changed Breaking Bad for the Better". Consultado o 31 de agosto de 2013. 
  3. Moore, Frazier (18 de decembro de 2013). "2013 brought surprises, good and bad, to viewers". Associated Press. Consultado o 24 de decembro de 2013. 
  4. TVG (ed.). "Breaking bad na TVG". Consultado o 10 de decembro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]