Un mundo de historias
Aparencia
Un mundo de historias | |
---|---|
Tipo | serie de televisión ![]() |
Xénero artístico | drama ![]() |
Lingua orixinal | lingua galega ![]() |
Autoría | |
Director/a | Antón Dobao ![]() |
Publicación | |
País orixe | España ![]() |
Datas | |
Comezo | 2002 ![]() |
Dimensións | |
Episodios | 7 ![]() |
Contacto | |
Redes | ![]() ![]() |
[ Wikidata ] |
Un mundo de historias é unha serie producida por Pórtico Comunicación que se gravou no ano 2000 e emitiu a TVG no ano 2002. Dirixiuna Antón Dobao e conta as vivencias do cineasta de ficción Hadrián Castiñeira tras a volta á súa terra de orixe logo da morte de seu pai. Cada un dos sete capítulos baséase nun conto da literatura galega dos autores Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Carlos Casares, Rafael Dieste, Xosé Luís Méndez Ferrín, Ánxel Fole, Ramón Otero Pedrayo e Eduardo Blanco Amor.