Saltar ao contido

A lei de Santos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


A lei de Santos
XéneroWéstern
Creado porLidia Fraga, Carlos Portela e Alberto Guntín
Dirixido porOzo Perozo
IntérpretesÓscar Allo

Iria Sobrado

Carlos Villarino

Xoán Fórneas

Monti Castiñeiras

Sonia Castelo

Xabier Deive

Andrés Giráldez

Victoria Teijeiro

Federico Pérez

Marcos Viéitez

Lidia Veiga

Adrián Ríos
Tema de aperturaLazy Joe’s de Dominik Johnson & Alex Tschallener
País de orixeEspaña España
Lingua(s)Galego
Episodios14
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Fernanda Tabarés e Alberto Guntín
Produtor(es)Voz Audiovisual
Duración45 minutos
Distribuidor TVG
Emisión orixinal
Canle de orixe TVG
Formato de imaxe1080p FULL HD
Primeiro episodio1 de novembro de 2020
Derradeiro episodioactualidade
Cronoloxía
Precedido porSerramoura
Na rede
https://www.crtvg.es/tvg/programas/a-lei-de-santos
IMDB: tt0611474 Filmaffinity: 611474 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A lei de Santos é unha serie de televisión galega producida por Voz Audiovisual e emitida na Televisión de Galicia dende o 1 de novembro de 2020 en horario de máxima audiencia. Está protagonizada por Monti Castiñeiras, no papel de Santos, un criminal bastante hábil que adoita saír impune dos seus delitos, que recibiu 3 medallas ao mérito civil e acostuma ser o líder dos golpes ou “traballos nos que se mete”. Esta serie deriva de Serramoura.

Argumento

[editar | editar a fonte]

A “vinganza” persoal de Santos ao seu mellor amigo que o inculpou nun roubo e lle roubou a moza, un problema económico dunha cooperativa que acaba en asasinato e se relaciona coa historia de Santos por varias canles, unha trama de corrupción mafiosa que se desenvolve durante a serie desembocando dunha forma moi curiosa nun enfrontamento entre Santos e os mafiosos por casualidades do destino e o descubrimento da filla de Santos que se acaba metendo no resto das historias.

Localizacións

[editar | editar a fonte]

A historia ten lugar no concello ficticio de Viladesantos. Os exteriores da serie foron gravados nos concellos coruñeses de Oza-Cesuras, Culleredo, Cerceda, Carral e Abegondo.

Elenco e personaxes

[editar | editar a fonte]
  • Monti Castiñeiras coma Mario Piñeiro da Costa, alias Santos, delincuente habitual.
  • Sonia Castelo coma Antonia Mosteiro, dona do bar.
  • Xabier Deive coma Pancho Suárez, veciño de Serramoura e amigo de Santos.
  • Andrés Giráldez coma Peixe, veciño de Serramoura e amigo de Santos.
  • Victoria Teijeiro coma Ánxela Bouzas, tenente do cuartel de Viladesantos.
  • Federico Pérez coma Lourenzo, axente do cuartel.
  • Marcos Viéitez coma Constante Folgoso, párroco da vila e tío de Santos.
  • Mercedes Castro coma Alegría Folgoso, a nai de Santos.
  • Lidia Veiga coma Uxía, axente do cuartel e filla de Laura e Rafael.
  • Xoán Fórneas coma Duarte Mariño, membro da cooperativa gandeira e parella de Uxía.
  • Adrián Ríos coma Bieito Lamela, membro da cooperativa gandeira.
  • Carlos Villarino coma Rafael, director do banco e marido de Laura.
  • Iria Sobrado coma Laura, traballadora do banco e muller de Rafael.
  • Óscar Allo coma Abel Cartelle.
  • Marta Doviro como a sarxento Carracedo, alias 'Corvo'.

Personaxes principais

[editar | editar a fonte]
  • Óscar Allo coma Abel Cartelle.
  • Iria Sobrado coma Laura, traballadora do banco e muller de Rafael.
  • Carlos Villarino coma Rafael, director do banco e marido de Laura.
  • Xoán Fórneas coma Duarte Mariño, membro da cooperativa gandeira e parella de Uxía.
  • Monti Castiñeiras coma Mario Piñeiro da Costa, alias Santos, delincuente habitual.
  • Sonia Castelo coma Antonia Mosteiro, dona do bar.
  • Xabier Deive coma Pancho Suárez, veciño de Serramoura e amigo de Santos.
  • Andrés Giráldez coma Peixe, veciño de Serramoura e amigo de Santos.
  • Victoria Teijeiro coma Ánxela Bouzas, tenente do cuartel de Viladesantos.
  • Federico Pérez coma Lourenzo, axente do cuartel.
  • Marcos Viéitez coma Constante Folgoso, párroco da vila e tío de Santos.
  • Lidia Veiga coma Uxía, axente do cuartel e filla de Laura e Rafael.
  • Adrián Ríos coma Bieito Lamela, membro da cooperativa gandeira.

Personaxes recorrentes

[editar | editar a fonte]

Tempada 1

[editar | editar a fonte]

Na súa primeira tempada A Lei de Santos obtivo unha cota de pantalla media do 10% e alcanzou o 12,4%. A serie comezou a emitirse o 1 de novembro de 2020 e rematou o 13 de decembro de 2020. Esta tempada ten 7 episodios dunha duración de 45 minutos cada un.

N.º

(serie)

N.º

(temp.)

Título Data de emisión Nº Espectadores Cota de pantalla
1 1 "Sen perdón" 1 de novembro de 2020 80 000 9,0%
2 2 "Axuste de contas" 8 de novembro de 2020 89 000 10,0%
3 3 "Contas pendentes" 15 de novembro de 2020 96 000 10,6%
4 4 "Quen nace para martelo" 22 de novembro de 2020 84 000 10,3%
5 5 "O décimo mandamento" 29 de novembro de 2020 76 000 8,2%
6 6 "Unha longa historia" 6 de decembro de 2020 119 000 12,4%
7 7 "A última viaxe" 13 de decembro de 2020 82 000 9,5%

Tempada 2

[editar | editar a fonte]

A segunda tempada comezouse a emitir o 19 de setembro de 2021 e rematou a súa emisión o 31 de outubro. Só se coñece a cota de pantalla do episodio 5 da tempada 2, que foi dun 5,4%. Esta tempada tamén ten 7 episodios e estes duran 45 minutos cada un.

N.º

(serie)

N.º

(temp.)

Título Data de emisión Nº espectadores Cota de pantalla
8 1 «A derradeira bala» 19 de setembro de 2021
9 2 «Que pode saír mal?» 26 de setembro de 2021
10 3 «Quen lle rouba a un ladrón» 3 de outubro de 2021
11 4 «Perigosa María» 10 de outubro de 2021
12 5 «A aguia e o lobo» 17 de outubro de 2021 35.000 5,4%
13 6 «Voda de sangue» 24 de outubro de 2021
14 7 «A perdición de Santos» 31 de outubro de 2021

Tempada 3

[editar | editar a fonte]

Nunhas declaracións, Monti Castiñeiras afirmou que A Lei de Santos estrearía a súa terceira parte con posterioridade ó día dos Reis Magos de 2022.

N.º

(serie)

N.º

(temp.)

Título[1] Data de emisión Nº espectadores Cota de pantalla
15 1 «Dèjá vu» 9 de xaneiro de 2022
16 2 «Vellos coñecidos» 16 de xaneiro de 2022
17 3 «Nada que perder» 23 de xaneiro de 2022
18 4 «Cando nos vemos?» 6 de febreiro de 2022
19 5 «Un mundo mellor» 12 de febreiro de 2022
20 6 «Tal vez soñar» 20 de febreiro de 2022
21 7 «Sorte onde vaias» 27 de febreiro de 2022
22 8 «Non todo foi mentira» 6 de marzo de 2022

Produción

[editar | editar a fonte]

A produtora de A Lei de Santos é Voz Audiovisual, que despois de rematar a serie Serramoura, e visto o tirón do personaxe de Santos decidiron facerlle unha miniserie na que afondar na historia detrás de Mario Piñeiro.

Equipo de produción

[editar | editar a fonte]

O equipo que empregou para producir a película Voz Audiovisual contaba con Ozo Perozo como director, Lidia Fraga, Carlos Portela e Alberto Guntín como equipo de guionistas, Paula Fernández coma directora de produción, Fernanda Tabarés e Alberto Guntín (tamén guionista) coma produtores executivos.

Rodaxe e localizacións

[editar | editar a fonte]

Na rodaxe da serie empréganse todo tipo de planos e de recursos, pero os que máis destacan pola súa abundancia son os planos medios (longos e curtos), os travellings de seguimento e os planos estáticos nos que se aproveita o movemento interno para cambiar a forma do que vemos sen cambiar de plano. Un recurso moi curioso que se emprega ás veces son os planos voyeur, para dar intimidade e ao mesmo tempo crear a sensación de que vemos algo que non vería pasar, emprégase por exemplo no primeiro encontro sexual entre Rafael e Antonia que vemos. O punto de vista case sempre é de 3ª persoa mais nalgunha situación excepcional vemos puntos de vista subxectivos, a angulación da cámara tamén adoita ser normal máis segundo a acción a requira pode ser picada ou contrapicada, ás veces este recurso tamén se emprega para engadir dramatismo e forza á acción.

A historia moitas veces cando a cambia de “tema” recorre a planos de recurso para facer o cambio menos brusco e dar contexto do lugar ao espectador, por exemplo, se pasamos dun bar á cooperativa, antes vemos un plano xeral do edificio da cooperativa cun tractor en marcha.

A historia ten lugar no concello ficticio de Viladesantos. Os exteriores da serie foron gravados nos concellos coruñeses de Oza-Cesuras, Culleredo, Cerceda, Carral e Abegondo.

Recepción

[editar | editar a fonte]

A Lei de Santos causou unha moi boa impresión no público galego, sendo unha serie moi vista, é que divertiu e entretivo a moita xente, as críticas foron moi positivas, a pesar do seu humor que podería ofender a moita xente, este trazo atrae moito a audiencia e a crítica lóuvao, todo o mundo que falou deste spin-off de Serramoura fíxoo en positivo, xa que sen dúbida o equipo de A Lei de Santos fixo un moi bo traballo.

Coa súa primeira tempada A Lei de Santos recibiu o nomeamento aos Mestre Mateo de dous dos seus protagonistas. Un para Lidia Veiga como a mellor actriz de soporte, polo seu papel como Uxía, e outro nomeamento para Monti Castiñeiras como mellor actor principal, polo seu papel como Mario Piñeiro alias ‘Santos’.

Distribución

[editar | editar a fonte]

A distribuidora é a TVG que retransmite a serie a través da canle televisiva da propia TVG, tanto a nivel autonómico, como a nivel internacional co seu canal internacional e a través da páxina crtvg.es onde se poden ver todos os capítulos en streaming. Ver esta serie é completamente gratuíto xa sexa en directo na TVG ou en streaming na crtvg.es.

  1. "A lei de Santos". crtvg.es. Consultado o 15 de novembro de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]