Saltar ao contido

Os novos (serie de televisión)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os novos
 Título
The Young Ones Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Lingua orixinal
Autoría
 Director/a
 Guionista
Publicación
 Emisora orixinal
Datas
 Data de comezo
9 de novembro de 1982 Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
19 de xuño de 1984 Editar o valor en Wikidata
Dimensión
Número de episodios12 Editar o valor en Wikidata
Número de tempadas2 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Identificadores
Freebase/m/018s22 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
IMDB: tt0083505 Filmaffinity: 588552 Rottentomatoes: tv/the_young_ones Metacritic: tv/the-young-ones TV.com: shows/the-young-ones
Musicbrainz: 58d0c5fb-6ad3-49ee-9eef-379dff939848 Songkick: 607695 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Os novos (título orixinal en inglés: The Young Ones) é unha comedia de situación británica escrita por Rik Mayall, Ben Elton e Lise Mayer, e protagonizada por Adrian Edmondson, Mayall, Nigel Planer, Christopher Ryan e Alexei Sayle, que se emitiu por primeira vez na BBC Two en dúas tempadas en 1982 e 1984. O seu humorismo anárquico e inconformista axudou a desenvolver a comedia alternativa na televisión da década de 1980 e converteu en coñecidos aos seus actores e guionistas. Foi traducida ao galego por Lois Pereiro na súa primeira dobraxe, e por María Alonso na segunda emitida na TVG.

Características

[editar | editar a fonte]

Os protagonistas principais son catro estudantes que comparten unha casa, un violento fan do metal punk Vyvyan, interpretado por Adrian Edmondso, o fachendoso anarquista Rick (Rik Mayall), o hippy Neil (Nigel Planer) e o sofisticado Mike (Christopher Ryan). Tamén intervén Alexei Sayle, interpretando o caseiro, Jerzy Balowski, e outros membros da familia Balowski. Ambientada no norte de Londres, aínda que a maioría dos exteriores se gravaron en Bristol. Cada episodio incluía un segmento musical no que actuaban na casa ou na rúa grupos convidados.

Na serie combínase o estilo tradicional dunha comedia de situación co slapstick violento, o absurdo e o surrealismo mesturados con estereotipos das clases traballadores e baixas británicas.

Capítulos

[editar | editar a fonte]

Primeira tempada

[editar | editar a fonte]
  1. Demolición
  2. Petróleo
  3. Aburrimento
  4. A bomba
  5. Interesante
  6. Asolagamento

Segunda tempada

[editar | editar a fonte]
  1. Bambi
  2. Efectivo
  3. Noxento
  4. Tempo
  5. Doentes
  6. Vacacións de verán